"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

    1. Relativo ou pertencente aos faraóns exipcios de nome Ramsés e ao seu período histórico coas súas manifestacións culturais.

    2. Período da historia exipcia dominado polos faraóns de nome Ramsés e que cobre as dinastías XIX e XX. No interior, exceptuando os casos de Sethi I, Ramsés II, Merenptah e Ramsés III, a autoridade do faraón decaeu rapidamente, o que favoreceu a ascensión dos sacerdotes de Ammón. No exterior, o campo de batalla pasou á rexión de Libia con ataques dos pobos do mar e de diversas tribos libias. No campo cultural, a decadencia tamén foi evidente, tanto na relixión como na arte e no campo lingüístico (a ortografía e a sintaxe do neoexipcio, en uso desde o reinado de Akhenaton, apareceron inutilmente recargadas). Pola contra, a literatura do período foi rica, foi a idade de ouro do conto e da poesía amorosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo funerario de Ramsés II situado na beira oeste do Nilo, fronte a Luxor. Comprendía dous patios, rodeados de columnas, precedidos cada un por un pilono ou porta monumental; unha sala e dous vestíbulos hipóstilos; unha sala e, finalmente, o santuario, con catro columnas cadradas. Fóra había diversas construcións destinadas a almacéns, cuartos dos escribas e dos funcionarios e un arquivo, o palacio de Ramsés II e un santuario de Sethi I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Baixo estadounidense. Formado en Kansas, debutou con Carmen na New York City Opera (1973) e chegou a ser especialista en papeis de Rossini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Grande que nace na parroquia de Vilavella (As Pontes de García Rodríguez), baña a das Somozas e desemboca na de Recemel, ambas as dúas no concello das Somozas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne ou arbustiva de 1 a 1,8 m de altura, de follas amplamente ovais, dentadas, tomentosas, e brancas por debaixo, e de inflorescencias pequenas e verdosas. Cultívase en climas cálidos e temperados, para obter a fibra téxtil homónima.

    2. Fibra téxtil de orixe vexetal que se obtén dos talos de rami. É branco, brillante e sedoso, cun aspecto excelente, pero pouco elástico e flexible. Emprégase, só ou mesturado con liño, lá ou seda, para facer toallas, dril ou tapizaría, ademais de cordas ou cordeis moi resistentes á humidade e estopadas para hélices mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ramificarse.

      1. Acción de botar ramas.

      2. Disposición das pólas dunha planta.

      3. ramificación monopódica

        Tipo de ramificación en que o eixe principal domina as ramas secundarias que saen del.

      4. ramificación simpódica

        Tipo de ramificación en que o eixe principal non domina as ramas secundarias.

    2. Cada unha das ramas ou divisións dos vasos e nervios que nacen dun tronco común.

    3. Desdobramento con que se representa a posibilidade de que o núclido poida desintegrarse de dúas maneiras diferentes, nun diagrama de desintegración dun núclido.

    4. Cada unha das cadeas secundarias, simples ou complexas, que teñen orixe na cadea carbonada principal dun composto orgánico.

    5. Cada unha das partes ou divisións dunha cousa ramificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dividirse en pólas o talo dunha planta.

    2. Dividirse algo en partes diverxentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de rama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Abelenda (Avión). O seu cumio acada os 605 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Loureiro (O Irixo) e Lobás (O Carballiño). O seu cumio acada os 830 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Ulla que nace e desemboca na parroquia de Ramil (Agolada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Anllóns que nace e desemboca na parroquia de Sísamo (Carballo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xunqueira de Espadanedo baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e cirurxián. Especialista en radiodiagnose, investigou tamén sobre xeoloxía e prehistoria, e foi director do Museo da Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Ademais foi membro de distintas institucións, entre as que destaca a Societè Préhistorique Française. Recibiu o Premio Federico Maciñeira da Real Academia Galega polo seu traballo Mesolítico Gallego e a Medalla de Prata de Galicia (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilaseca (Trasmiras). O seu cumio acada os 657 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Agolada. A primitiva igrexa prerrománica foi substituída por un templo do s XII. Ten unha soa planta de forma rectangular con ábsida cadrada e a sancristía acaroada no lado norte do presbiterio. No interior conserva elementos góticos. A portada está formada por un arco de medio punto con arquivoltas e capiteis decorados. A espadana ten un único van e remata en pináculos.

    VER O DETALLE DO TERMO