"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Químico alemán. Fixo importantes traballos de análise volumétrica, introduciu o uso do ácido oxálico na alcalimetría e ideou a balanza de Mohr que determina os pesos específicos de líquidos e sólidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Nomeado xefe do Estado Maior Xeral (1857-1888), reorganizou e mellorou, xunto co ministro da guerra Albrecht von Roon, o exército prusiano. Interveu na segunda parte da campaña contra Dinamarca e dirixiu as operacións contra Austria (1866) e Francia (1870), que lle deron prestixio abondo para acceder como deputado ao Reichstag. Foi mariscal de campo (1871) e membro vitalicio da Bundesrat (1872), pero foi relevado das súas funcións por Guillerme II de Prusia en 1888.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista e escritor inglés, primeiro conde de Halifax. Financeiro experto, foi deputado, chanceler e primeiro ministro (1697). Ideou o primeiro fondo de amortización da débeda pública e fundou o Banco de Inglaterra (1694). Os seus escritos e os seus discursos parlamentarios foron publicados en 1715.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos tres núcleos urbanos que constitúen o principado de Mónaco (13.154 h [estim 1990]). Situado ao N do principado, érguese sobre a plataforma rochosa de Spélugues, entre os pequenos vales de Sainte-Dévote e Saint-Roman. Aquí están a maior parte dos hoteis, o casino (1878) e o teatro da ópera, do arquitecto Charles Garnier.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monte-Carlo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método estatístico polo que, mediante unha mostraxe artificial, que en xeral emprega sucesións de cifras aleatorias, se chega a estimar a probabilidade de que un proceso real teña lugar. O uso dunha mostraxe artificial evita o método analítico de compatibilizar todos os datos reais que concorren no proceso analizado. O método de Montecarlo foi empregado con éxito en física, en estudos estatísticos e en problemas de investigación operativa.
-
PERSOEIRO
Escritor. Nas súas obras reflectiu a súa personalidade autocrática e egocéntrica. As súas experiencias en España valéronlle para escribir Le relève du matin (1920), Le songe (1922) e Les Olympiques (1924). Tamén publicou a tetraloxía Les jeunes filles (1936-1939) e os libros Le Rose de sable (1951), Le chaos et la nuit (1963) e Un assassin est mon maître (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto estadounidense. En 1952-1954 foi tenente do corpo de enxeñeiros da armada en Corea, Xapón e EE UU. Das súas construcións destaca o Sea Ranch en Sonora (1963-1965), obra realizada xuntamente con Turnubull, Lyndon e Whitacker; as vivendas no porto Tegel (1987) e a biblioteca de Humboldt (1998), feitos coa colaboración de Ruble e Yuddel. Algunhas das súas obras inscribíronse na corrente posmoderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e profesor. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, foi membro fundador do grupo musical Agra. Colaborador de diversos medios de comunicación con estudos filolóxicos e de crítica literaria, das súas obras destacan O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro, a música dos discos compactos O pobo da noite (1998), en colaboración con Manuel Rivas, e Río de son e vento (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político inglés, conde de Montmouth e de Peterborough. En 1705 dirixiu o exército aliado que se trasladou ata Barcelona e apoderouse da cidade. En 1706 desencadeou unha ofensiva contra València, pero retirouse da Guerra de Sucesión Española polo seu desacordo co arquiduque Carlos de Austria e o xeneral Galway.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán. A súa obra e o seu modelo estético móvense entre o racionalismo ilustrado e o Sturm und Drang. Da súa produción destacan Andreas Hartknopf. Eine Allegorie (Andreas Hartknopf. Unha alegoría, 1786) e a novela autobiográfica Anton Reiser (1790).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Pintor. Combinou a paisaxe, influído pola escola holandesa do s XVII, e a escena de xénero na maior parte das súas obras, aínda que tamén cultivou o retrato. Destaca Interior of a stable (1791).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Coñécese, sobre todo, pola súa colaboración con Michelson, que deu lugar ao célebre experimento que demostraba a inexistencia do hipotético éter.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor británico, vizconde Morley of Blackburn. Membro do Liberal Party, foi primeiro secretario para Irlanda (1886 e 1892-1894) e secretario de Estado para a India (1905-1910). Foi un dos mellores biógrafos e estudosos da súa época. Da súa produción destacan Voltaire (1872) e Rousseau (1873).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, escritor e editor británico. Discípulo de William Byrd, foi organista da catedral de Saint Paul de Londres e gentleman da Capela Real (1592-1602), compuxo obras propias e realizou un importante labor teórico. Da súa produción musical destacan Consort Lessons (1599), Canzonets e diversos madrigais. Tamén publicou o tratado Plaiin and Easy Introdution to Practical Music (1597).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre canteiro. Traballou en Mondoñedo, onde realizou o trascoro na catedral por detrás da capela maior. Cara a 1596 o mestre de obras do colexio da Compañía de Xesús de Monforte de Lemos, Andrés Ruiz, encargoulle parte das obras deste colexio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de xadrez e avogado estadounidense. Campión de América (1857), en 1858 estaba considerado como un dos tres mellores do mundo, xunto a Staunton e Anderssen. Desenvolveu un esquema de xogo táctico, sinxelo e baseado na apertura. Retirouse en 1859, tras só dous anos de carreira.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo estadounidense. A súa contribución no campo da semiótica, influenciada polo neopositivismo e o pragmatismo americanos, foi moi considerable. Escribiu Signs, Language and Behavior (1946), Signification and Significance (1964) e The Pragmatic Movement in American Philosophy (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico sueco. Fixo importantes investigacións sobre os elementos químicos englobados nas terras raras, e descubriu a existencia dalgún, como o lantano, no ano 1839.
VER O DETALLE DO TERMO