"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • depredatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estimación favorable que se ten dunha persoa.

    2. Cada unha das categorías en que se reducen os seres na escolástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é obxecto de predilección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de predispoñer ou predispor.

    2. Que está influído na súa actitude por algo ou alguén.

    3. Que é proclive a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de predicir.

    2. Que foi mencionado con anterioridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou anterior ás eleccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Oficial que, na Roma antiga, desempeñaba funcións xurisdicionais por mandato ou delegación dos maxistrados superiores. Entre todos eles destacaban o praefectus iure dicundo, encargado da xurisdición das cidades que distaban de Roma, o praefectus urbi, que tiña que substituír os cónsules nas súas ausencias, e o praefectus praetorio, comandante da tropa imperial.

      2. Grao da administración francesa que se constitúe en depositario da autoridade do estado no ámbito do departamento. Como tal é o representante do primeiro ministro e de cada un dos membros do goberno, posúe autoridade sobre os servizos exteriores do estado no departamento e exerce o control administrativo das entidades territoriais do mesmo. Ata a reforma da adminstración de 1982 exercía tamén o poder executivo no departamento.

      3. Presidente dun tribunal, xunta ou comunidade eclesiástica.

      4. prefecto apostólico

        Bispo ou sacerdote delegado pola congregación de Propaganda Fide para que goberne e se ocupe dos asuntos eclesiásticos nun territorio de misión onde aínda non hai organizada unha xerarquía ordinaria.

      5. prefecto da sagrada congregación

        Cardeal delegado polo papa de Roma para presidir unha congregación.

      6. prefecto ecuestre

        Oficial militar romano que estaba á fronte das tropas de cabalaría.

    1. Encargado da formación dos mozos e de velar pola disciplina nalgúns colexios relixiosos ou seminarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de pregar ou pregarse.

    2. dobramento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Subdirectora do xornal El Mundo, comezou a traballar en TVE (1974) en “Al Cierre” (1980), “El Arte de Vivir” (1982) ou “Españoles” (1984). Directora de “La Brújula del Mundo”, de Onda Cero (2001-2002), e colaboradora habitual en radio (RNE e Onda Cero), televisión (TVE, Antena 3TV) e prensa (Blanco y Negro, Interviú ou ABC), dirixiu o documental “Así murió Franco” (medalla de prata no Festival de Nova York, 1994) e a serie de televisión “La Transición” (Premio Víctor de la Serna 1995). Publicou Así se hizo la Transición (1995), Dicionario de la Transición (1999) e Presidentes (2000). Recibiu a Antena de Oro (1996) e o Premio del Ministerio de Trabajo a la No Violencia contra las Mujeres (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Furco (Carballedo). O seu cumio acada os 1.063 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.395 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira esquerda da ría de Muros e Noia, situada na parroquia de Baroña (Porto do Son).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen pregunta moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Período histórico comprendido desde a aparición dos primeiros homínidos ata a invención da escritura e a manifestación dos primeiros textos escritos.

      2. Tempo anterior ao tempo histórico.

      1. Ciencia xurdida durante a primeira metade do s XIX que se ocupa do estudo da época e das sociedades anteriores ao uso da escritura, durante o período chamado prehistórico ou anterior á historia. Na súa formación confluíron dúas correntes: o estudo dos pobos do primeiro milenio a C, coñecidos por referencias escritas clásicas (caso dos celtas), fase frecuentemente denominada protohistórica, e a descuberta do home paleolítico, ligada aos estudos xeolóxicos, paleontolóxicos e antropolóxicos. Cara a 1820, o arqueólogo danés J. C. Thomsen estableceu as tres grandes fases da humanidade primitiva baseándose nos materiais utilizados (Idade de Pedra, de Bronce e de Ferro). A comezos do s XX xa se conseguira o esquema xeral que hoxe aínda se ten por válido. Primeiro, o Paleolítico (dividido en Inferior, Medio e Superior), desde a hominización ata o home de Cro-Magnon (3000000 a C-10000 a C) seguida dunha etapa relativamente breve, o Epipaleolítico ou Mesolítico (de dous mil a catro mil anos). Co...

      2. Estudo da fase preliminar dunha institución, dunha actividade ou dunha ideoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especializada no estudo da prehistoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á prehistoria.

    2. Que é anterior aos tempos chamados históricos.

    3. Arte propia da época prehistórica. Desde as primeiras fases do Paleolítico Superior hai testemuños artísticos de calidade. Do período auriñacense consérvanse pequenas figuras femininas (Venus de Willendorf) e animais, plaquiñas gravadas ou pintadas e ferramentas de óso decoradas con gravados, como arpóns. Durante o Solutreano e sobre todo o Madalenense produciuse o primeiro gran florecemento da pintura rupestre, con pinturas e gravados feitos sobre as paredes das covas. Durante o Neolítico comezou a coroplastia, especialmente na conca mediterránea, e cara ao final do período e durante a Idade dos Metais comezou a primeira arquitectura monumental, coas tumbas megalíticas do mundo mediterráneo e da Europa Atlántica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de preitear.

    2. Litixio ou contenda entre dúas partes.

    3. Procedemento contencioso, civil ou criminal, entre dúas partes litigantes. Presentada a demanda, solicítase a tutela do tribunal fronte ao demandado. Despois de examinar as alegacións e as probas, e de facer un resumo oral ou escrito delas, o tribunal dita sentenza, contra a que se pode presentar recurso.

    4. Preitos presentados desde 1508 polos descendentes de Cristovo Colón á coroa castelá en que esixían a confirmación das concesións acordadas nas Capitulaciones de Santa Fe (1492) e outros privilexios acordados en 1492, 1493 e 1497. O preito principal desenvolveuse ata 1536, cando se lle concedeu a Luís Colón o título de almirante con carácter hereditario, entre outros privilexios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Naturalizado estadounidense, traballou en diversos xéneros, como a adaptación de novelas, obras teatrais, relatos policiais, etc. A súa inclinación sobre os grandes temas, como o racismo, o antisemitismo e a política de alto nivel, levouno a unha certa dimensión crítica. Dos seus filmes destacan Laura (1944), Carmen Jones (1955), The Man with the Golden Arm (1956), Exodus (1960), The Cardinal (1963) e The Human Factor (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de fotografía concedido pola Deputación da Coruña, con carácter anual, desde 1997, na honra do fotógrafo Luís Ksado e pola súa contribución á fotografía galega. Foron galardoados con este premio Xosé Abad, Xulio Villarino, Peter Marlow, Vari Caramés ou Fernando F. Páez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio anual que concede a Fundación Fernández Latorre desde 1959, dirixido a aqueles artigos con referencias a Galicia aparecidos en calquera medio de comunicación, tanto nacional como estranxeiro. Entre 1997 e 2002 ampliouse a tres premios nas modalidades de prensa, radio e televisión, e medios audiovisuais, aínda que en 2003 volveu novamente ao apartado de prensa escrita. O primeiro galardoado foi Miguel González Garcés, autor do ensaio “El Ser de Galicia” (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO