"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Bolboreta nocturna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza metálica, de forma circular ou cuadrangular, con decoracións en relevo e función ornamental, que empregaban os soldados do exército romano sobre a coiraza. Usouse tamén como ornamento nos arneses dos cabalos. En Galicia localizáronse algúns exemplares, entre outros lugares, en Santo André de Lourizán e Cidá do Castro de San Damián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da antiga cidade dos faliscos, situada entre os montes Cimini e o río Tevere e que se corresponde coa actual Civita Castellana. Destruída polos romanos no 241 a C, foi reconstruída a poucos quilómetros co nome de Falerii Novi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • iño ácido e espirituoso que se producía na Campania, moi famoso na antiga Roma. Cos anos incrementaba notablemente a súa gradación alcohólica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe ateniense, epónimo do porto Falero, no Pireo. Foi un dos argonautas e loitou contra os centauros xunto a Teseo e Pirítoo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo porto de Atenas. Situado no golfo de Salónica, ao L do Pireo, o auxe deste significou a súa decadencia progresiva a partir do s V a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor francés. Formouse na École des Beaux Arts de Toulouse e de París e, despois de obter o Prix de Rome en 1859, na Académie de Beaux Arts de France en Roma. As súas obras escultóricas representan o monumentalismo de finais do s XIX. Entre outras, destaca a fonte de Rouen (1879), realizada co arquitecto Perthis. Cultivou tamén o nu feminino, entre o que sobresaíu Danseuse (Danzarina, 1886), e os temas anecdóticos e simbólicos, entre os que destaca A dama do pavo real (1890). Noutras obras, das que cómpre salientar Víctor Hugo, achegouse a Rodin. Como pintor non acadou relevancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Parma e Piacenza (1586-1592). Coñecido como O Gran Capitán, estivo ao servizo da Coroa de Castela. Combateu na Batalla de Lepanto (1571) e foi lugartenente xeral de Catalunya (1576-1577). En 1577 dirixiu os tercios italianos que, trala Batalla de Gembloux (1578), recuperaron as provincias católicas do S dos Países Baixos. Antes de morrer, Xoán de Austria nomeouno capitán do exército e gobernador dos Países Baixos (1578-1582), cargo que lle confirmou Filipe II. Tentou reunir as provincias valonas e en 1579 ocupou Maastricht e asinou a Unión de Arras (1579), na que se deu validez ao Edito Perpetuo e se decidiu a saída dos tercios casteláns de Flandres. O enfrontamento coas provincias do N, a Unión de Utrecht, produciuse trala proclamación do duque de Anjou como gobernador de Flandres (1581) e obrigouno a abandonar o sitio de Cambrai (1581) e asediar Anveres, que non capitulou ata 1585. En 1590, Filipe II enviouno a Francia para prestar axuda á Liga Católica no asedio de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz romana, filla de Annio Vero. Casou co Emperador Antonino Pío e trala súa morte rendéuselle culto como deusa. Dedicóuselle un templo no Foro de Roma xunto co seu esposo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz romana, filla do Emperador Antonino Pío e de Annia Galeria Faustina. Casou co Emperador Marco Aurelio (145) a quen acompañou en diversas viaxes e nas campañas en Xermania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Criado en Vigo e fillo de galegos, foi o primeiro olímpico galego, ao competir nas probas de 400 m e 1.500 m libres dos Xogos Olímpicos de Londres 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en Vigo en 1979 que acadou rango legal en 1983. O seu primeiro presidente foi Vicente Abeijón e uns dos primeiros coros que a constituíron foron Ars Musicae, de Pontevedra, Grupo Coral Os Bardos, de Vigo, e Coro Clásico, de Vigo. Entre as súas actividades destaca a organización de festivais e de cursos de perfeccionamento das técnicas vocais. Así mesmo, editou a revista Galicia Cántat e creou o Arquivo Coral Galego. Posteriormente asumiu a dirección Carlos Orcajo Rial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada o 11 de marzo de 1991 en Ferrol. A primeira xunta directiva estivo presidida por Xavier Carro Garrote, quen instaurou a celebración de campionatos provinciais de gaitas e un campionato nacional que terá lugar cada ano en Cabeza de Manzaneda. Nesta primeira etapa creáronse os seus diferentes órganos, entre os que destaca o Comité de Graduación como estamento consultivo-interpretativo e editouse o regulamento rexedor dos campionatos, que se comezaron a organizar en Xinzo de Limia. Nunha segunda etapa, contou coa presidencia de Fernando Dopico Blanco (1994-2000) e, posteriormente, de Manuel Garrido Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación creada en 1986 co obxectivo de divulgar a música de banda como tal, a través de festivais e da súa publicación O son dun pobo; atender todo tipo de xestións de carácter administrativo, xurídico ou fiscal para conseguir que as bandas de música se atopen en situacións e condicións legais durante a realización das súas actividades musicais, formativas ou lúdicas; crear e fomentar a música para banda a través de festivais, concursos, composicións por encarga, intercambios, certames, etc; informar de todo aquilo que fai referencia ás bandas de música populares (concursos, prazas, oposicións, subvencións, certames); e formar as agrupacións como conxunto e os directores das mesmas coa intención de acadar un mellor nivel musical para elas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación das corporacións locais galegas (todos os concellos e as deputacións provinciais) fundada o 7 de outubro de 1988. Os seus obxectivos son: o fomento e a defensa da autonomía das entidades locais; a representación e defensa dos intereses xerais das entidades locais ante outras Administracións públicas e, especialmente, a reivindicación das súas competencias; a promoción e o desenvolvemento da cultura e da lingua galega no ámbito local; o fomento da participación cidadá na vida local; o desenvolvemento e consolidación do europeísmo no ámbito local, baseado na autonomía e solidariedade entre as entidades locais; e a prestación de toda clase de servicios ás entidades locais. Na súa asemblea constituínte, celebrada o 7 de abril de 1989, ratificouse como presidente a José Castro Álvarez, alcalde de Ponteareas, que en 1992 foi substituído por Xosé Luis Torres Colomer, alcalde de Ribeira. En 1995 accedeu á presidencia o alcalde de Quiroga, Xulio Álvarez Núñez, ao que sucedeu, en 1999,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo constituído en Pontevedra a finais de 1953 co obxectivo de coordinar e impulsar as actividades de centros culturais e ateneos de carácter libertario. Contou con entidades adheridas en Vigo e nos seus arredores (Lavadores, Beade, Bembrive, Candeán, Sárdoma), Porriño, A Guarda, Cangas, Moaña, Vilagarcía e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Despois da Revolución traballou no Comisariado de Instrución Pública e formou parte do grupo Os Irmáns Serapion. Da súa produción destacan as novelas Goroda i gody (Cidades e anos, 1924), Transvaal (1926), Brat’ja (Irmáns, 1927) e Pokhiščenije Evropy (O rapto de Europa, 1933-1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse con Ghirlandaio e na Accademia del Disegno e traballou con G. Vasari. Cultivou a pintura relixiosa. Destaca, entre outras obras, A flaxelación da igrexa da Santa Croce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo castelo situada en Palas de Rei. Construída no s XIII, foi propiedade de Alvar Sánchez de Ulloa, quen asaltaba os peregrinos do Camiño de Santiago. Cercada e incendiada por mandato do arcebispo de Santiago, Berenguel de Landoira, destruírona no 1321.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación xurdida no seo de Asociación Galega da Muller (AGM) trala Asemblea Nacional de 1978, que contiña diversas correntes ideolóxicas dentro do feminismo independente galego. Nos anos oitenta conformáronse dúas traxectorias diverxentes, unha arredor das figuras de Ana Fernández e Pascuala Campos, e outra de María Xosé Queizán, artífice da legalización das siglas do colectivo en 1989. A partir de 1983 editou a revista ES-TRAD;mso-fareast-language: Festa da Palabra Silenciada.

    VER O DETALLE DO TERMO