"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
VER O DETALLE DO TERMO
herba leiteiriña.
-
GALICIA
Profesor. Catedrático de ensino secundario e doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela coa primeira tese defendida en galego nesta especialidade (1991). Foi profesor asociado de historia da arte na USC (1991-1992), colaborador do ILG e do ICE da USC. A súa obra relaciónase coa historia, historia da arte, etnografía, lexicografía, onomástica e outras áreas de coñecemento. Publicou Bamiro, un estudo do hábitat rural galego (1977), Historia do C.D. Baio e a liga da Costa (1989), A arte relixiosa na Terra de Soneira (1993), Un novo documento de D. Juan Antonio Posse: a ‘Plática Tercera’ (1838) (1998), O castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira (1998), Arquitectura megalítica da Costa da Morte (1999), Os mellores pazos da Costa da Morte (2001) e Os faros da Costa da Morte (2001). É coautor do Dicionario Xerais da Lingua (1985), do método audiovisual Edigal-Galego (1985), do Dicionario dos Nomes Galegos (1992) e do Gran Dicionario Xerais da Lingua (2000). Membro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Traballou para Filipo II de Macedonia e para o seu fillo Alexandre o Grande. Foi autor, xunto con Escopas, dos frisos do mausoleo de Halicarnaso. Realizou esculturas no Filipeion de Olimpia e atribuíronselle a Deméter de Knidos, o Rapto de Ganimedes e, por semellanza estilística, o Torso do Belvedere.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Epigramista grego. Emigrado de Italia, errou polo Oriente helenizado e Exipto. Consérvanse un cento de epigramas votivos ou sepulcrais da súa autoría na Antologia Palatina, que reflicten unha experincia humana da miseria.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e lóxico matemático estadounidense. É coñecido polas súas contribucións no ámbito da lóxica modal e, especialmente, polo que respecta ao cálculo que el denomina da implicación estrita. Escribiu Mind and the World Order (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Traballou como crítico literario, tradutor, redactor, poeta e dramaturgo, e foi un impulsor da literatura hispánica nos países de fala inglesa, con especial atención á literatura galega. Dedicou diversos tratados a Valle-Inclán e das súas obras destacan El teatro de García Lorca (1963) e Ramón del Valle-Inclán (1972). Pertence á Academia Norteamericana de la Lengua Española e é Membro Correspondente de la Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao pé de Sierra Morena e delimitado ao N polo río Guadiel e ao S polo Guadalentín (57.578 h [2001]). É unha área rica en chumbo. Desenvolvéronse importantes industrias de maquinaria agrícola e vehículos, química e electroquímica e de elaboración de licores e aceite, e é tamén un nó ferroviario.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Couso (Avión). O seu cumio acada os 901 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena enseada do Mar Cantábrico, situada entre o porto de Rinlo e a punta Corva Mariña, na parroquia de Vilaframil (Ribadeo).
-
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Ulla que nace e desemboca na parroquia de Parada (A Estrada).
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Miño, que nace e desemboca no concello das Neves.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra do Brollón baixo a advocación de san Cosme.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia (1984), foi secretario da Fundación Castelao (1990-1999) e membro da súa xunta rectora desde o 2000. Traballou en Encrucillada (1984-2002) e na Revista Galega de Ciencias Sociais (2003). Escribiu O Val de Barcala (1900-1936). Agrarismo, vida política, emigración e cultura (1988), Negreira na guerra do 36 (1995) e Feiraco, 25 anos (1969-1994) (1995) e Un modelo de Agroindustria cooperativa (1995), e foi coautor do Dicionario Eladio Rodríguez (2001) e do Dicionario Antón Avilés de Taramancos (2003). Recibiu o Premio Modesto R. Figueiredo (1985), o Premio Vila de Negreira de Xornalismo (1989) e de Historia (1991) e a Medalla de Ouro do Concello de Negreira (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, irmán de Maximiliano Linares Rivas. Na Coruña liderou o Partido Unionista. Foi ministro de Gracia e Xustiza (1883-1884) polo Partido Constitucional e ministro de Fomento con Cánovas (1891-1892) e (1895-1897) e senador vitalicio. Escribiu La Primera cámara de la Restauración. Retratos y Semblanzas (1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, irmán de Aureliano Linares Rivas. Gobernador civil da Coruña, representou o distrito de Ferrol na Diputación Provincial da Coruña (1880-1886). Obtivo a súa primeira representación como parlamentario no 1892. Elixido senador en 1893, foi reelixido sucesivamente en 1896 e 1899.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Liñares (Santiso). Presenta forma de escuadro, que alberga un patio, e ocupa un terreo onde houbo unha torre. O portón de entrada forma arco de medio punto e frontón triangular enriba do que se inscribe unha pedra de armas con brasóns dos Varela, Ulloa e Montenegro. A capela atópase fóra do muro e estivo unida ao pazo por un pasadizo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Prado (Lalín). Está formado por un corpo de planta rectangular e outro en forma de L. A fachada principal presenta unha porta sinxela, ventás con montante e balcóns e, sobresaíndo un pouco, o escudo dos Taboada, con remates de esferas pétreas, como nas chemineas. A fachada posterior ten unha galería con cinco arcos de medio punto e escudos no peitoril. A capela é de planta rectangular.