"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no ano 1865 editada por Soto Freire e continuadora do Almanaque de Galicia. Colaboraron nel Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Emilia Calé e outros escritores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe nada en Bos Aires o 6 de febreiro de 1898 como complemento de El Eco de Galicia (1892). Cesou no ano 1927. Fundada e dirixida por Manuel Castro López, contaba coa colaboración de Carré Aldao, Benito Fernández Alonso, Xesús R. López, Lence Santar, Leiras Pulpeiro e Murguía, xunto á participación artística de Asorey e Álvarez de Sotomayor, entre outros. Incluíanse textos en prosa sobre historia, costumismo e sociedade, traducións ao galego de textos bíblicos de Pérez Ballesteros e poesías de Curros, Pondal e Noriega Varela, entre outros. Ademais de partituras, fotografías, reprodución de cadros e debuxos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe saída no ano 1909, dirixida e redactada por Adelardo Novo e Casimiro Fernández. Aparecían nel poesías de Francisco Añón, Rosalía, Curros Enríquez, Bieito Losada, García Ferreiro e Adelardo Novo, xunto a unha balada do mestre Chané. Informaba sobre persoeiros galegos en Cuba, agrupacións musicais, a historia das principais institucións galegas na emigración e ofrecía datos sobre as Sociedades de Instrución, cunha conclusión sobre o traballo dos galegos en Cuba nese ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1909 na cidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato alumínico férrico, Fe3Al2Si3 O12, do grupo do granate. Cristaliza no sistema cúbico, preséntase habitualmente en forma de grans arredondados, de exfoliación moi imperfecta e cor vermella, terrosa e ás veces tamén negra. Ten dureza 6-7,5 e peso específico 4,318. Os cristais grandes empréganse en xoiería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
almadraba.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado no altiplano de Almansa (23.507 h [1996]). Industria do calzado. O pantano de Almansa, preto da cidade, foi construído en 1348. Castelo. Palacio dos Condes de Cirat, pinturas rupestres prehistóricas de Alpera e restos do santuario ibérico do Cerro de los Santos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe descendente dos antigos Frolaz, dos que conservaron os armiños das súas armas. Estendéronse por terras de León, Ciudad Real, Granada, Andalucía e Extremadura. As súas armas levan, en campo de prata, nove armiños de sable; bordo de goles con oito aspas de ouro. Outra variante ostenta, sobre campo de ouro, tres cabezas de reis mouros, con cadansúa espada quebrada nelas e unha lenda que reza “Estas tres con grande afán, segun por verdad se alla, Juan de Almansa, capitán -en tempo de rei don Juan- las ganó en una batalla”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de guerra que tivo lugar no 1707 entre as forzas de Filipe de Anjou (futuro Filipe V), comandadas polo duque de Berwick, e as do arquiduque de Austria Carlos VI, comandadas polo marqués de Minas e por lord Galway, na Guerra de Sucesión á Coroa das Españas. Foi un enfrontamento entre casteláns e franceses polo bando filipista, e portugueses, británicos e holandeses polo bando aliado. O duque de Berwick, que agardaba ao duque de Orleáns, cabeza dos exércitos borbónicos na Península Ibérica, encontrábase preto do porto que separa A Mancha da Comunitat Valenciana, onde foi atacado polo exército aliado. As forzas aliadas obtiveron un certo éxito inicial, pero Berwick desenvolveu unha manobra envolvente. Os estragos que produciu a cabalería filipista obrigaron ás tropas do arquiduque a se retirar cara a Alacant. Berwick fixo avanzar os seus xinetes e atacou as tropas do arquiduque transformando a súa vitoria do día anterior nun desastre aliado. A Batalla de Almansa decidiu a sorte inmediata...
-
PERSOEIRO
Nome co que se coñece a Abū ‘Amīr Muhammad ibn Abī ´Amīr al Man ṣ ūr, ḥ āğib (gobernador) de Córdoba. Descendente dunha familia árabe ienemí establecida no Al-Andalus dende a conquista, ocupou importantes cargos administrativos durante o Califato de al- Ḥ akam II, ata que foi nomeado titor de Hišam II (976). Coa axuda da nai do novo califa, illouno da política, eliminou o Mu ṣḥ afí e Galib e, nomeado ḥ āğib (978), converteuse no amo absoluto do poder de Córdoba. Emprendeu cincuenta e seis campañas vitoriosas en terras cristiás entre 977 e 1002. A expedición que lle deu máis gloria foi a realizada a Santiago de Compostela no ano 997, promovida pola oposición aristocrática que conspiraba contra o Rei galego Vermudo II e pensada como un castigo para o Rei, que non quixera satisfacer o pagamento dos tributos a Almanzor. Durante a campaña arrebatou Coimbra ao Reino de Galicia, saqueou León e Astorga,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Designación coa que se fixo coñecido o mourisco Carban, xefe da revolta dos mouriscos da serra de Espadán (1526).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Andalucía, na vertente mediterránea. Nace na serra de Baza, atravesa unha área semidesértica e rega o val de Almanzora, que se estende entre as serras dos Filabres e de Las Estancias. Desemboca nos Cerros Colorados logo de percorrer 105 km. Nel aflúen diversos torrentes, habitualmente secos, o que explica a irregularidade do seu caudal.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Soria, Castela e León, na Tierra de Almazán (5.877 h [1996]). Conserva as portas e murallas do s XIII. Igrexas románicas de San Miguel, San Vicente e Nuestra Señora del Campanario. Igrexa de Santa María (s XV) e de San Pedro (s XVII). Pazo dos Hurtado de Mendoza e outras casas señoriais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor de Filoloxía nas universidades de Saabrücken, Windsor (Canadá), Wayne State (Detroit) e Catedrático de Wisconsin-Oshkosh. Centrou o seu campo de investigación no mundo medieval. Entre os seus estudos monográficos pódense citar os traballos Gallaecia scandinavica: Introdución ao estudo das relacións galaico-escandinavias durante a Idade Media (1986), Alsacia Jacobea: introdución al estudo de las peregrinaciones alsacianas a Santiago de Compostela, historia, literatura, arte (1994) e Dinamarca jacobea: historia, arte y literatura (1997). Foi tamén responsable da edición traducida e comentada do texto noruegués do Séc. XIII Specullum Regale, e coordinador do volume Seis ensaios sobre o Camiño de Santiago (1992), en que escolma algúns dos máis destacados estudos publicados por especialistas alemáns sobre o tema da...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta pertencente á xeración do 36. Foi alumno de Xosé Filgueira Valverde en Pontevedra e abandonou os estudios durante a Guerra Civil por motivos familiares. Obtivo diversos galardóns literarios como o Primeiro Premio de Poesía do Instituto Nacional de Servicios Sociais de Madrid (1983), ou o Primeiro Premio de Poesía que en 1985 lle outorgou o concello de Marín pola composición “O meu soño nunha beira de ledicias”. Colaborou habitualmente en publicacións pontevedresas, como Sonata Gallega e Portocelo. Deuse a coñecer literariamente coa escolma de poemas Cos dados do soño (1987), que contén composicións relixiosas e outras dedicadas a Marín.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado que puxo fin á discordia entre Pedro III de Aragón, o Cerimonioso, e Enrique II de Castela. Asinada na vila castelá de Almazán o 12 de abril de 1375 e en Lleida o 10 de maio do mesmo ano. Polos compromisos adquiridos nesta paz o Rei catalán devolveu a vila de Molina a Castela e concertouse o matrimonio da infanta Leonor de Aragón co herdeiro do Reino de Castela, Xoán.
-
PERSOEIRO
Almirante e primeiro Vicerrei das Indias Portuguesas. Pertencía á familia Abrantes. No 1505 sucedeu a Tristán da Cunha como Gobernador das Indias. Estableceu a súa capital en Cochin e asumiu, sen a preceptiva autorización real, o título de Vicerrei. Substituído no cargo por Albuquerque, morreu a mans dos hotentotes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista romántico brasileiro. Médico e funcionario, dedicouse ao periodismo ata a súa morte. A súa única novela Memórias dun sargento de milícias (1853), foi publicada por entregas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo. Exerceu o maxisterio, foi inspector de ensino en Huesca, Lleida e Barcelona (1931-1939), profesor de pedagoxía en Barcelona (1933-1937) e creador da Cooperativa Española das Técnicas Freinet. Foi o introdutor do movemento de L´École Moderne en España. Exiliado a Cuba (1940), trala Revolución (1959) foi director xeral de Educación Rural e director das publicacións do Ministerio de Educación (1959-1962). Traballou na Editorial Nacional de Cuba (1962-1967) e dirixiu a Editora Juvenil. É coñecido polos seus textos para nenos e por aqueles que tratan de literatura infantil, entre outros: La imprenta en la escuela, A propósito de la Edad de Oro de José Martí: Notas sobre lituratura infantil (1956), Fiesta (1967) e Pueblos y Leyendas (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Muller que exerce de almirante.
-
Muller do almirante.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cara’.
-