"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Láncara. De estilo románico, adáptase ao tipo de igrexa rural. A ábsida atópase á mesma altura ca a nave, cun tramo rectangular de bóveda de canón e a cabeceira semicircular en cuarto de laranxa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos neobalénidos.
-
Cetáceo da familia dos neobalénidos.
-
Familia de cetáceos, da suborde dos misticetos, que presentan o corpo de cor gris azulada, sen pregamentos cutáneos na gorxa e no ventre, cunha pequena aleta dorsal falciforme e un gran número de barbas curtas. Habita os mares meridionais. A única balea desta familia é a balea pigmea Neobalaena marginata que, cuns 6 m de lonxitude, é a especie máis pequena da suborde dos misticetos.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto e enxeñeiro militar alemán. Formouse na Bohemia alemá, onde o influíu o estilo barroco italiano. Ao servizo do bispo de Würzburg, proxectou parte da Residencia de Würzburg (1719) e a súa residencia de verán (1731). Dotou de espectaculares efectos espaciais os proxectos que realizou para igrexas como a de peregrinaxe dos Vierzehnheiligen (Corenta santos, 1743-1772).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formado na Llotja e con Agapit Vallmitjana, deuse a coñecer con Segle XIX (1871), máis coñecida como Toreto ferit. Fixo numerosas obras detallistas de terra cocida (Pagesos catalans) e retratos (Elisa Masriera, Marià Fortuny). Realizou, en Barcelona, a Quadriga (1882?) da fervenza do Parc de la Ciutadella, o monumento a Güell i Ferrer (1888) e o monumento a Rafael Casanova. Cultivou tamén a ourivaría e a acuarela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe e escritor suízo. Mestre e bibliotecario do mosteiro de Sankt Gallen, contribuíu ao desenvolvemento do texto e das melodías das secuencias relixiosas. Consérvanse as Gesta Caroli Magni, un amplo Martyrologium e unha Notatio de illustribus viris sobre diversos comentadores da Biblia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Descubridor e navegante. En 1500 embarcouse na viaxe de Rodrigo Bastidas, con quen percorreu a costa atlántica da actual Colombia. Ao regreso estableceuse na illa de La Española ata 1510, cando embarcou como polisón nun dos barcos da expedición de M. Fernández de Enciso e fundou San Sebastián de Uraba e Santa María de Antigua del Darién, a primeira cidade fundada no continente americano. Instalado alí, converteuse en lugartenente do vicerrei Diego Colón. En 1513 organizou unha expedición coa que conseguiu, por primeira vez, cruzar o istmo de Panamá, que eles bautizaron como mar do Sur, primeira denominación do Océano Pacífico. En 1514 foi nomeado adiantado do mar do Sur e gobernador de Panamá. Ese mesmo ano comezou o enfrontamento co novo gobernador de Darién, Pedrarias Dávila. De regreso a Darién, foi detido, acusado de traidor, de múltiples abusos e da morte do gobernador Diego de Nicuesa, e finalmente foi condenado a morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que trae por armas, en campo de goles, un muro cun burato ovado no centro polo que intenta pasar un lebrel de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo feminino Baia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de baloncesto fundado en 1970 en Santiago de Compostela, que ascendeu á División de Honor en 1982. Anos despois de perder a categoría, entrou nun conflito xudicial coa ACB (Asociación de Clubs de Baloncesto) polo feito de reclamar a aliñación indebida dun xogador rival na eliminatoria de ascenso. Despois de varios anos de litixio, a entidade desapareceu como estamento deportivo e só existe como nome xurídico.
-
Oficina de Socorros e Traballo das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina no Próximo OrienteVER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado pola Organización das Nacións Unidas en 1949 coa finalidade de axudar os refuxiados vítimas do conflito árabe-israelí de 1948. Con sede en ’Ammān e Gaza, estendeu a súa acción a Xordania, Líbano, Siria e aos territorios ocupados de Cisxordania e Gaza.
-
PERSOEIRO
Alpinista. Guía de montaña, empezou a escalar con 14 anos xunto ao seu irmán en Eguino. A súa primera expedición importante foi ao Kangchutse (1982) con Apellaniz, Barandiarán, Ochoa e Ollakindia, onde alcanzou os 7.200 m. Conseguiu a marca de subir 21 cumios de 8.000 m de altitude sen a axuda de osíxeno (2004), superando a anterior marca de R. Messner. Protagonizou diversas reportaxes do programa de televisión Al filo de lo imposible, de TVE e recibiu a Medalla de Oro al Mérito Deportivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Golfista. Iniciou a súa carreira profesional en 1985, aínda que non conseguiu ningún título individual importante ata 1994, en que venceu no Masters de Augusta. Participou na Copa Ryder xunto ao equipo europeo (1987, 1989, 1991, 1993, 1997 e 1999) e gañou o torneo de Dubay (1998) e novamente o Masters (1999). En 2000 venceu no Open Benson and Hedges, en 2001 no torneo de Francia, e en 2002 no de Hong Kong.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. En 1519 uniuse á expedición de Hernán Cortés e en 1524 iniciou a conquista de Honduras por orde deste, pero pactou co gobernador de Cuba, Diego de Velázquez, o reparto dos beneficios. Venceu a dúas expedicións enviadas contra el, pero foi traizoado e morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Participou con Nuño Beltrán de Guzmán na conquista de Nueva Galicia, da que foi gobernador e capitán xeneral (1536-1537, 1538, 1540-1544). En 1530 fundou Guadalajara co nome de Espíritu Santo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización paramilitar creada en 1926 polo réxime fascista italiano que se encargou da formación da xuventude. A sección masculina comprendía os Balilla (de 6 a 13 anos) e os Avanguardisti (de 14 a 18 anos), e a feminina as Picole Italiane (de 6 a 12 anos) e as Giovane Italiane (de 13 a 18 anos). O nome provén do alcume que se deu ao adolescente que provocou o alzamento xenovés contra os austríacos en 1746.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bálsamo de Tolú.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bálsamo de Opodeldoch.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chuvia miúda e pouco persistente.
-
-
Chover suavemente.
-
Formarse o orballo da noite.
-