"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza situada en cada un dos laterais dun asento que serve para apoiar os brazos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Barcelona 1893 - 1959) Escritor. Relacionado con Pompeu Fabra, foi un continuador da súa obra e co tempo converteuse en voceiro da intelectualidade catalá. Comprometido coa República, exiliouse en Francia en 1939. Traduciu a Odissea (1919 e 1948) e obras de Kavafis, Sófocles, Esquilo, Plutarco, Hölderlin, Poe, Rilke e Kafka. Iniciou a súa obra poética con Estances (1919), onde amosa un concepto de poesía como experiencia de cultura e a vontade de obxectivar a experiencia amorosa en termos de poema. Inscrito no novecentismo, elaborou un mundo poético definido polos clásicos gregos, os trobadores e algúns poetas modernos. No segundo libro de Estances (1930) incluíu poemas máis persoais, con referencias a Hölderlin, Rilke, Guillén, Valéry e Mallarmé. Tres suites (1937), Elegies de Bierville (1943), Del joc i del foc (1947) e Salvatge cor (1952), constitúen unha especie de canto espiritual que representa un dos cumios da poesía...
-
CAPITAIS
Capital do estado de Acre, Brasil, situada á beira do río homónimo (226.054 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e fotógrafo. Estudou fotografía e deseño industrial en Nova York. Comezou experimentando co debuxo e a pintura ata que en 1968 se orientou cara á fotografía e a realización cinematográfica. Instalado en Brasil (1972), foi correspondente da axencia Magnum (1978) ata que regresou á pintura (1985). Nos seus traballos, moitos deles perdidos por un incendio (1980), experimentou coa cor. Publicou Dulce Sabor Amargo (1985). Participou na V Fotobienal de Vigo (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Clemente VII.
-
PERSOEIRO
Matemático e lóxico estadounidense. Foi creador da análise non estándar e da teoría de modelos. Os seus traballos están recollidos en Non-Standard Analysis (1966-1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Celebración que se fai con motivo de dar por finalizado un acordo ou traballo.
-
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Miño, que nace e desemboca na parroquia de Robra (Outeiro de Rei).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Pedro Fiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico portugués. Coñecido como Amatus Lusitanus, estudou en Salamanca, Portugal, Flandres (1534), Italia (1541) e Salónica (1556). A súa obra máis importante é Centurias médicas (Florencia, 1551).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor inglés. Discípulo de G. Holst, das súas numerosas composicións destacan as 11 sinfonías e diversas obras para coro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bielorrusia.
-
PERSOEIRO
Escritor e pensador sueco. Interesado por cuestións literarias, relixiosas e de lingüística, foi parlamentario e membro da Academia Sueca. Da súa obra destacan Dikter (Poemas, 1982), Den siste Atenaren (O derradeiro ateniense, 1895), Singoalla (1865) e Bibelns lära om Kristus (Doutrina da Biblia sobre Cristo, 1876).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Polígrafo. Cursou a carreira sacerdotal en Herbón, que tivo que abandonar por motivos de saúde. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad de Salamanca e diplomado en Letras pola Universidad de Madrid, foi profesor de música e de historia da arte medieval. En 1969 organizou a I Exposición do Románico do Baixo Miño e en 1978 fundou o Grupo Cultural Amigos del Románico, do que foi director. Realizou numerosos estudos sobre a arte románica e o monacato en Galicia, e foi director de diversas agrupacións musicais como a Escolanía do mosteiro de Santa Cruz del Valle de los Caídos, a Coral Polifónica e o Coro Encantiños do Umia, de Caldas de Reis, e a Masa Coral Polifónica de E. D. de Pontevedra. Colaborador de numerosas publicacións, das súas obras destacan El Monacato en Galicia (1972, Premio Daniel de la Sota), La cultura del románico en Galicia (1972), Rutas del Románico en la provincia de Pontevedra (1973, Premio Daniel de la Sota), Comarcas históricas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Tripolitania, situada na costa, 70 km ao O de Trípoli. Fundada polos fenicios no primeiro milenio a C, constituíu un imperio importante, primeiro cartaxinés, despois númida e, finalmente romano (46? a C). Florecente baixo os Antoninos e os Severos, comezou a decaer cara ao s III. Dominada polos vándalos e polos bizantinos, foi conquistada polos árabes no s VII e devastada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao sacro e as vértebras.
-
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada entre as de Graña e Congreiras, na parroquia de Carreira (Ribeira).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Participou nos movementos contrarios ao ditador António de Oliveira Salazar. En 1988 foi elixido secretario xeral do Partido Socialista Português (PSP). Candidato para as eleccións xerais de 1991, onde o PSP foi derrotado, foi substituído por António Manuel de Oliveira Guterres. Alcalde de Lisboa (1989-1996), desde 1996 é presidente da república. Escribiu A Festa de Um Sonho (1991), Um Olhar sobre Portugal (1995) e Quero Dizer-vos (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia da Trapa (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 909 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO