"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado en Santiago de Compostela entre xaneiro e abril de 1813, primeiro na imprenta de Los Dos Amigos e, despois, na de Manuel María de Vila. Defendeu firmemente as doutrinas absolutistas. Foi moi polémico, xa que acollía escritos de carácter político que despois criticaba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial Lar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista subtitulada “Órgano del Centro Gallego de Santander” que apareceu en xullo de 1956. Dirixiuna José Carballeira e, posteriormente, Xosé Leyra. Incluía artigos, información sobre o centro e poesías. Redactouse en castelán agás algúns poemas de Pura Vázquez e Victoriano Taibo, ou a lenda “A raíña Lupa”, de Leandro Carré. A partir de 1979 a produción en galego adquiriu certa relevancia e nela incluíuse unha recensión do libro de Rosalía de Castro Entre a poesía e a política, o himno galego, poemas e relatos, debuxos de humor de Castelao e diversos artigos sobre o Día das Letras Galegas. Entre os colaboradores figuran Pedro X. Blanco, Filgueira Valverde e Alonso Montero.
-
-
Que se pode coleccionar.
-
Fascículo que se colecciona.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formar unha colección de algo.
-
-
Feito de coleccionar sistematicamente obxectos dun interese histórico ou artístico especial, ou simplemente raros. A orixe das coleccións de arte provén da sociedade romana, xa que en Grecia as obras de arte pertencían á sociedade e se amosaban nas prazas e nos distintos edificios públicos; tamén se podería considerar coleccionismo o conxunto de ofrendas que se entregaban nos templos e santuarios. Os patricios romanos foron os primeiros en coleccionar obxectos artísticos de xeito privado. Trala conquista de Grecia, os romanos adquiriron obras de arte ao tempo que trasladaron a Roma artistas gregos. Non obstante , moitas destas coleccións desapareceron despois das invasións bárbaras. Durante a Idade Media, as igrexas e catedrais conservaron obxectos e obras de gran valor. Houbo que esperar ata o Renacemento para atopar novamente coleccións privadas, da man dos grandes mecenas; así formáronse as coleccións dos Medici, Chigi e Pitti, entre outros. En España os monarcas convertéronse en grandes...
-
Busca e conservación de obxectos por unha necesidade pouco ou moi electiva pero patolóxica. No megalómano e maniático esta tendencia responde a unha intención de apropiación, unida ao instinto de conservación; no cleptómano a busca de obxectos nace da necesidade obsesiva de posuír. Clinicamente, dáse en obsesos, dementes senís e insuficientes mentais primitivos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que colecciona. Ex: É un experto coleccionista de moedas.
-
-
Aplícase á colección de traballos de distinta procedencia. Ex: Conseguiu facer unha obra colecticia con todo o material recollido.
-
Aplícase ao corpo de tropa integrado por xente nova, indisciplinada e de procedencia diversa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso polo que a propiedade dos medios de produción (terras, industrias, minas, etc) se lle transfire á colectividade. O socialismo defendeu este método para eliminar as diferencias entre as clases sociais, suprimindo a competencia e permitindo orientar a produción ás necesidades colectivas. A primeira colectivización a grande escala foi a practicada pola revolución bolxevique (1917) de Rusia, que nacionalizou as terras e industrias, e integrou a poboación agrícola en granxas colectivas (kolkhoz). En España, o triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 inaugurou un proceso de colectivización que continuou durante a Guerra Civil (1936-1939) na zona republicana, sobre todo en Catalunya e Aragón. Así mesmo, os estados europeos sometidos á influencia da Unión Soviética, como Romanía, Bulgaria, Polonia, Checoslovaquia ou República Democrática de Alemaña, efectuaron colectivizacións de alcance variable, do mesmo xeito que China (1949) e Cuba (1959). Non obstante , debido a que neses...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de colexiar ou de colexiarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de coligar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de colimar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformación do plano ou do espazo que cambia puntos en puntos, rectas en rectas e planos en planos, que conserva a colinealidade de puntos.
-
PERSOEIRO
Político, xurista e humanista italiano. Serviu a Xoán Sforza, Lourenzo o Magnífico e César Borja. Escribiu un Compendio della storia del Regno di Napoli (Compendio da historia do Reino de Nápoles, 1539).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de colocar ou colocarse. Ex: Xa está o moble limpo e só queda por facer a colocación das botellas que tiña.
-
Maneira na que está colocada unha cousa ou unha persoa nun lugar.
-
Emprego ben remunerado co que alguén se gaña a vida.
-
-
-
Acción de colonizar.
-
Asentamento en novos territorios dun grupo humano, coa finalidade de explotalos economicamente e poboalos sen respectar a organización do país ocupado e mantendo vínculos coa cidade ou rexión de orixe.
A colonización antiga
Durante a Prehistoria e a Idade Antiga o movemento colonizador estivo ligado ás migracións dos pobos na procura de terras mellores ou ao establecemento de colonias ou factorías. As colonizacións dos fenicios e dos gregos fundaron establecementos de carácter permanente, coa finalidade de lles dar saída aos excedentes de poboación, e mantiñan a independencia respecto á súa poboación de orixe, coa que compartían a lingua e a cultura. O proceso de colonización dos fenicios tivo a súa orixe nas factorías comerciais que estableceron en diversos puntos das costas do Mediterráneo, como escalas no seu comercio marítimo, ao redor do 1100 a C. Das numerosas fundacións fenicias destacaron Cartago e Útica, nas costas do N de África, e Gadir e Tartessos en...
-
-
-
Acción e efecto de colorar ou colorear.
-
Cor que se lle aplica a algo ou cor que adquire unha cousa.
-
Tonalidade que presenta a cor de algo.
-
Conxunto de cores.
-
Procedemento empregado en citoloxía, histoloxía, microbioloxía e bioquímica para discernir os diversos compoñentes da mostra viva ou fixada sometida a exame. Baséase na capacidade selectiva e diferencial dos compoñentes para reter a materia colorante. A afinidade por un colorante determinado pode ser un carácter fundamental de certas células, como os leucocitos eosinófilos. Os colorantes ácidos son ácidos tinguidos ou os seus sales e empréganse para tinguir as estruturas citoplasmáticas. Os colorantes básicos son bases tinguidas ou os seus sales e empréganse para tinguir diversas estruturas do núcleo celular. Chámase coloración diferencial á que se realiza mediante dous colorantes; o primeiro fíxase en diversas estruturas e resiste o lavado posterior, e o segundo actúa sobre os elementos que non fixara o anterior. Este principio rexe na coloración de Gram, na que a mostra se fixa con calor, imprégnase dunha solución de violeta de xenciana fenicada e unha solución de iodo,...
-
Parte do colorido que se compón de tres cores relacionadas e dirixidas por unhas normas estéticas que regulan a súa cantidade.
-
-
coloración de advertencia
Coloración da superficie externa dun ser vivo que serve para lles mostrar aos posibles depredadores que pode ser perigoso, xa sexa pola presenza de velenos, polo mal sabor ou pola súa capacidade de loita.
-
coloración protectora
Coloración da superficie externa dun ser vivo que serve para que a súa presenza pase inadvertida ante posibles depredadores. A ocultación pódese acadar mediante a imitación do contorno (coloración críptica) ou mediante manchas que dificultan o recoñecemento do contorno do animal (coloración disruptiva).
-
coloración de advertencia
-
Termo que na notación antiga designaba o emprego da cor para encher as notas (vermella ou negra) e indicar diferentes valores de duración ou cambios de ritmo.
-
-
PERSOEIRO
Escritor latino. Participou co exército romano nas campañas en Siria e, posteriormente, dedicouse á explotación das súas propiedades na Bética. Entre as súas obras destacan De arboribus (As árbores), un resumo sobre agricultura, o tratado Adversus astrologos (Contra os astrólogos) e De re rustica (Sobre a agricultura), 12 libros en prosa nos que defende a agricultura como base da cultura romana.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Proceso de división dun espazo determinado en unidades menores de carácter homoxéneo e diferenciado do conxunto, denominadas comarcas.
VER O DETALLE DO TERMO
A comarcalización como instrumento de ordenación territorial
Pódense individualizar tantos tipos de comarcalizacións como de comarcas: naturais, xeográficas, funcionais, etc. Cada unha delas faise cuns obxectivos e cuns métodos determinados, non contraditorios entre si malia que non sexan coincidentes. Existen comarcalizacións realizadas desde unha perspectiva natural que dividen o territorio segundo afinidades como o clima ou as formas de relevo, entre outras; comarcalizacións xeográficas que teñen en conta a uniformidade paisaxística resultante da interacción humana co medio natural, etc. Desde o punto de vista académico, téndese a cuestionar os intentos de implementar unha delimitación estable dos espacios comarcais. Os sucesivos paradigmas científicos favoreceron diferentes conceptualizacións do feito comarcal. Así mesmo, todo... -
-
Acción e efecto de combinar ou combinarse.
-
Serie de elementos tomados conxuntamente nun número determinado e que poden dispoñerse de diversas maneiras.
-
Conxunto único de números, letras ou signos que permite acceder a certos aparatos ou abrir mecanismos de seguridade.
-
Peza de vestir interior feminina que cobre desde os ombros ou a cintura ata o bordo da saia.
-
Coordinación entre distintos medios de transporte.
-
-
Configuración na que só se ten en conta a distinción entre os elementos agrupados e non a orde na que se toman. Chámase combinación de orde n, formada a partir dun conxunto de m elementos (0?n?m), a calquera dos subconxuntos formados ao considerar n elementos diferentes entre os m que integran o conxunto dado, sen ter en conta a orde; deste xeito considérase que dúas combinacións son diferentes cando algún dos seus elementos é diferente. O número de combinacións de orde n, formadas a partir dun conxunto con m elementos, represéntase mediante a expresión
GRAFICO
onde V n m indica o número de variacións, e P n o de permutacións. Pódese representar a miúdo C n m por -
combinación con repetición
Tipo de combinación na que cada elemento pode repetirse calquera número de veces nunha mesma combinación. O número de combinacións con repetición de orde n, formadas a partir dun conxunto con m elementos, represéntase pola expresión
GRAFICO
-
-
Reacción química pola que dous ou máis elementos ou moléculas se xuntan para formar un composto único, como, por exemplo, o xofre e o ferro para dar sulfuro de ferro. Cando a combinación non presupón ningún cambio de valencia e é a unión de dous compostos binarios, denomínase tamén adición, como, por exemplo, a reacción HCl+NH 3 →NH 4 Cl.
-
-
...
-
-