"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botar chispas un corpo en combustión.
-
PERSOEIRO
Médico e explorador francés, fillo de Jean Martin Charcot. Dirixiu dúas expedicións ao Antártico nas que completou a cartografía desde o arquipélago de Palmer ata a illa Charcot (á que lle deu o seu nome). A primeira expedición realizouna entre 1903 e 1905 a bordo do Français, e a segunda de 1908 a 1910. Fixo investigacións, especialmente sobre o plancto, en Grenlandia, no Atlántico Norte e no Mediterráneo. Morreu ao naufragar o seu barco diante das costas de Islandia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neurólogo. Creador da clínica de neuroloxía e profesor de anatomía patolóxica no hospital de La Salpêtrière, en París. Describiu un gran número de enfermidades do sistema nervioso, entre elas a esclerose lateral amiotrófica ou enfermidade de Charcot. Foi un dos primeiros en considerar o histerismo (que tratou por medio da hipnose) como unha afección psíquica. Os seus traballos puxeron a Freud no camiño dos seus descubrimentos psicanalíticos. Entre as súas obras cómpre destacar Leçons sur les maladies des vieillards et les maladies chroniques (Leccións sobre as enfermidades dos anciáns e as enfermidades crónicas, 1867), Leçons sur les maladies du système nerveux faites à La Salpêtrière (Leccións sobre as enfermidades do sistema nervioso realizadas en La Salpêtrière, 1873) e Clinique des maladies du système nerveux (Clínico das enfermidades do sistema nervioso, 1892-1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Iniciou a súa preparación artística no obradoiro do pintor Cazes, que lle inculcou a afección aos flamengos e aos holandeses. En 1728 ingresou na Académie Royale de Peinture et Sculpture, institución da que foi tesoureiro. Realizou, fundamentalmente, naturezas mortas nas que presenta os obxectos máis humildes cheos de interese e fascinación, e escenas de xénero nas que reflicte a vida da pequena burguesía parisina. Cara ao 1770 comezou a pintar ao pastel, técnica na que realizou un retrato da súa dona e dous autorretratos. Entre as súas obras destaca La Raie ouverte (A raia aberta, 1728), Dame cachetant une lettre (Muller selando unha carta, 1733) ou Le Jeune dessinateu (O debuxante novo). O seu fillo Jean-Baptiste Pierre Chardin (París 18.11.1731 - Venecia 1768?), tamén pintor, recibiu en 1754 o Grand Prix de Rome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de charlatanear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falar moito e sobre asuntos sen transcendencia. Ex: Sempre os vexo charlataneando diante da taberna.
-
PERSOEIRO
Pintor. Exerceu como profesor de arte en diversas universidades norteamericanas (1926-1949) e en Honolulu (1949-1966). Influído polas propostas de artistas como Rivera ou Orozco, destacou pola súa obra muralista, da que deixou exemplos tanto en México (mural da Escola preparatoria Matanza del gran templo) coma nos EE UU. A súa obra amósase no Museo de Arte Moderno de Nova York ou na Rockefeller Collection.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manter unha conversación electrónica escrita e en directo entre dous ou máis internautas desde ordenadores diferentes.
-
PERSOEIRO
Mariño francés. Almirante da escuadra de guerra francesa que acompañaba a flota española de Indias. Durante unha destas viaxes e ante a ameaza das escuadras de guerra anglo-holandesas, propuxo que a flota española se dirixise aos portos franceses de Brest ou La Rochelle; sen embargo, atopouse coa negativa do xeneral Velasco quen preferiu atracar en Vigo. Para algúns historiadores, sobre todo ingleses, a desaparición da prata dos galeóns afundidos trala Batalla de Rande debeuse aos roubos realizados por este conde.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prato elaborado con filetes grosos de vaca, cortados do centro do solombo e asados na grella. Adoita acompañarse de patacas e salsa bearnesa. Foi creado por Montmireil, cociñeiro de Chateaubriand.
-
PERSOEIRO
Escritor, vizconde de Chateaubriand. Foi o creador da escola romántica francesa e un dos máis destacados divulgadores do romanticismo en Europa. Entre 1786 e 1791 foi oficial do exército e opúxose á Revolución Francesa; en 1791 viaxou a Norteamérica coa intención de descubrir o paso NO (do Atlántico aos mares polares). Regresou a Europa e en 1792 ingresou no exército realista; un ano máis tarde marchou a Inglaterra. Ao seu regreso, exerceu como ministro de Asuntos Exteriores coa restauración borbónica (1823). Colaborou co Journal des Débats, no que escribiu diversos artigos sobre a liberdade de prensa e contra a censura. Publicou Essai sur les Révolutions (Ensaio sobre as revolucións, 1797). A morte da súa nai (1798) provocou nel unha volta á fe católica e en 1800 volveu a París. Escribiu Atala (1801) e Des beautés poétiques et morales de la religion chrétienne (Sobre as belezas poéticas e morais da relixión cristiá), primeiro esbozo de Génie du christianisme...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Coñecido pola novela realista Monsieur des Lourdines (Señor das Lourdines, Premio Goncourt, 1911), evolucionou cara a un misticismo antiintelectualista en novelas posteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Indre, na rexión do Centro, Francia (50.969 h [1990]). Situada á beira do río Indre, a base da súa economía é a industria (instrumentos agrícolas, panos, cervexa) e o comercio. Ademais posúe un importante mercado de gando vacún.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de san Bartolomeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tirar do cabo que pecha a rede da arte do cerco por debaixo.
-
-
Aumento do caudal dunha corrente de auga, principalmente dun río. Na tradición recóllense refráns como: “Cando os regos teñen chea, nunca limpa a auga levan. Val máis unha chea que vinte/cen lambizos”.
-
Exceso ao comer.
-
Exceso ao beber.
-
Abundancia de algo. OBS: Nesta acepción emprégase antecedido do artigo indeterminado. Ex: Nesta rúa sempre hai unha chea de coches mal aparcados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bailarina que, en grupo, interpreta coreografías breves durante as interrupcións dunha competición deportiva e que tamén celebra os puntos do equipo que animan, coa intención de darlles azos e de manter a atención do público. Ten a súa orixe nos EE UU, en concreto nos partidos de fútbol americano; estendéronse a todos os deportes nos que a dimensión espectacular é tan importante como a deportiva. Adoita vestir uniformes coas cores do seu equipo. A crecente profesionalización e a evolución do deporte europeo cara ao espectáculo, propiciou a incorporación dese modelo no continente, sobre todo nas disciplinas que, como o baloncesto, teñen estreitas vinculacións cos EE UU.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barrio de Londres, Inglaterra, situado ao SO da cidade, na marxe esquerda do Támesis. Xunto con Kensington constitúe un dos 32 condados do Gran Londres (Kensington and Chelsea), cunha poboación de 159.039 h (1996). Foi tradicionalmente un lugar residencial para artistas e escritores. A manufactura da porcelana de Chelsea, fundada en 1743, contou coa protección do monarca e produciu obras influenciadas por Meissen e Sévres. En 1770 trasladouse a Derby e desapareceu en 1784. A súa marca eran as letras CB cunha áncora vermella ou dourada.
-
-
Conduto instalado en edificacións, barcos ou noutras construcións que dirixe o fume procedente de cociñas, fornos ou máquinas cara ao exterior.
-
-
Oco na parede dun cuarto no que se fai lume para quentarse e que bota o fume ao exterior mediante un conduto.
-
cheminea francesa
Cheminea con marco e repisa na parte superior.
-
-
Conduto na codia terrestre, en concreto en edificios volcánicos, a través do que saen ao exterior materiais procedentes do magma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Castelo renacentista da Turena (Tours), Francia, situado na ribeira dereita do Cher, construído (1515-1522) por Thomas Bohier. Catarina de Medici fíxolle engadir posteriormente (1547) un corpo alongado con tres plantas de galerías decoradas ao estilo italiano.