"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das liliáceas, que presenta bulbo escamoso, follas alternas ou verticiladas, flores terminais, solitarias ou en acio, e froito en cápsula ovalada. En Galicia está presente a especie L. martagon.
-
PERSOEIRO
Político, irmán de Aureliano Linares Rivas. Gobernador civil da Coruña, representou o distrito de Ferrol na Diputación Provincial da Coruña (1880-1886). Obtivo a súa primeira representación como parlamentario no 1892. Elixido senador en 1893, foi reelixido sucesivamente en 1896 e 1899.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de liófilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á liofilia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación de eliminación de auga que consiste nunha conxelación, seguida dunha deshidratación por sublimación, que ten lugar nun recipiente onde fai o baleiro. A substancia disolta conxélase a -50°C a gran velocidade, faise o baleiro (de 0,1 a 0,01 mm Hg) e sublímase a auga a unha velocidade o máis lenta posible. Os primeiros estudios para conseguir unha substancia liofilizada derivan dos traballos feitos con plasma humano, coa idea de conservalo sen que se desnaturalice. Os bos resultados obtidos fixeron que esta técnica se estendese a outros eidos, sobre todo á industria alimentaria e á químico-biolóxica. As baixas temperaturas ás que se traballa evitan alteracións químicas de substancias termolábiles, a perda de compoñentes volátiles queda reducida ao mínimo e os liofilizados presentan unha estrutura esponxosa de fácil disolución. Ademais, durante a liofilización, o desenvolvemento de microorganismos e de reaccións enzimáticas é inhibido polas baixas temperaturas conseguidas e pola rápida...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que se obtén por liofilización.
-
-
Que liofiliza.
-
Aparato que se emprega para realizar a liofilización. Consta dunha cámara seca, dun condensador, dun sistema de baleiro e dun compresor de frío. A cámara seca é onde se coloca a substancia que se vai liofilizar. No condensador condénsanse os vapores que proceden da sublimación da substancia e mantense a unha temperatura inferior ao da cámara seca. O sistema de baleiro e o compresor producen o baleiro e os cambios de calor necesarios na cámara seca e no condensador.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afinidade coas graxas.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Formouse con Botticelli e co seu pai Filippo Lippi. En Florencia completou os frescos de Masaccio da capela Brancacci na igrexa de Santa Maria del Carmine e fixo as vidas de san Filipe e san Xoán (1495-1502) na capela Strozzi de Santa Maria Novella. Pintou os frescos do ciclo da vida de san Tomé de Aquino (1488-1493) na capela Caraffa da igrexa de Santa Maria sopra Minerva en Roma. Fixo unha interpretación versátil da tradición e deixouse influír polo naturalismo flamengo, como en Apparizione della Vergine a san Bernardo (1483-1488).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Asinaba as súas obras como frater. A súa primeira obra, Madonna Tarquinia (1437), ten clara influencia de Masaccio. Inclinouse posteriormente por formas naturalistas, conservando unha devota intimidade como na Annunciazone ou Incoronazione della Vergine (1441-1447). Experimentou cos efectos da luz na decoración do coro da catedral de Patro (1452-1464).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e lexicógrafo. Traduciu as obras de Hipócrates e continuou a obra filosófica de Auguste Comte. Fundou a Revue de Philosophie Positive (1867) e escribiu Historie de la langue française (1862) e Ditionnaire de la langue française (1863-1873) en catro volumes e un de suplemento (1877) que incorpora o léxico da lingua francesa clásica (ss XVII-XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarta serie (e época) do Ordoviciano, interxacente entre o Llanvirniano e o Caradociano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Llandeiliano.
-
PERSOEIRO
Científico e poeta ruso. Impulsou a fundación e dirixiu a Universidade de Moscova (1755), que leva o seu nome. Foi considerado un dos pais da ciencia rusa e destacou en xeoloxía, mineraloxía, astronomía, física e química e metalurxia. Propugnou o estudo da química sobre unha base matemática e física, defendeu a teoría molecular e cinética da materia e foi un precursor de Lavoisier. Fixou os fundamentos da terminoloxía científica rusa ao adaptar os principais termos de física e química do latín ao ruso e esforzouse por crear unha lingua culta e unha literatura nacionais. Puxo as bases da versificación rusa moderna, publicou a primeira gramática rusa e escribiu odas, sátiras e dúas traxedias.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que presenta un predominio da lonxitude sobre outras dimensións.
-
Aplícase ao biotipo dos individuos caracterizados, segundo a biotipoloxía italiana, por ter os membros longos, en relación co tronco, talla alta, tórax longo e delgado, panículo adiposo pouco desenvolvido e músculos fláccidos e longos. Corresponde ao tipo leptosomático de Kretschmer.
-
-
GALICIA
Sindicalista e político. Coñecido como Milucho, foi membro fundador do sindicato Comisións Labregas (1976) e secretario xeral entre 1982 e 1989. Deputado do BNG no Parlamento de Galicia na IV, V e VI lexislaturas, foi o voceiro do seu partido na Comisión de Agricultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e investigador. Doutor en Filosofía e Letras e catedrático de Literatura Galaico-Portuguesa pola Universitat de Barcelona, desde 1970 desenvolveu o seu labor como profesor dos programas en España das universidades de California e Illinois, e tamén do Knox College e do Darmouth College. Foi director literario das editoriais Caralt Editores e Noguer de Barcelona, membro do consello de redacción da revista Grial, asesor da Enciclopedia Galega Universal (EGU) e membro do consello científico do Boletín Galego de Literatura. Ademais, exerceu como vicepresidente (1985-1993) da Asociación Española de Críticos Literarios e tamén como vicepresidente da Asociación Internacional de Estudios Galegos (2000). Das súas obras destacan os traballos de investigación filolóxica e literaria que se centran en figuras como Rosalía de Castro, Luís Seoane, Fernando Pessoa, Jorge Amado, Saramago, Castelao ou Celso E. Ferreiro; os numerosos artigos e estudios sobre as literaturas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta latino. Entre 134 e 133 a C participou na Guerra Numantina e formou parte do círculo helenizante dos Escipións. Escribiu trinta libros de Sátiras, aínda que só se conservan 1.300 versos. Creou o xénero da sátira e deulle a forma métrica e a linguaxe definitivas. Vigoroso na invectiva e no retrato, atacou a todos os homes do seu tempo e uniu á polémica político-moralista, a polémica filosófica e a literaria. Influíu na literatura latina posterior.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión da Igrexa Católica celebrada en Lugo entre 564 e 569 por orde do Rei Teodomiro trala conversión dos suevos ao catolicismo. Entre as súas decisións destaca a petición da creación dunha nova sé metropolitana en Lugo. A veracidade da súa celebración suscitou unha controversia historiográfica, pois existen versións contraditorias sobre o sentido das súas conclusións, a data de celebración e o número de convocatorias conciliares desenvolvidas.