"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • GALICIA

    Político e xurista. Foi director xeral do Instituto Social de la Marina (1983-1987), director xeral do Instituto Nacional de la Seguridad Social (1987-1993), conselleiro da Organización Iberoamericana de la Seguridad Social (1986-1993) e secretario de estado para as Administracións Públicas (1994-1995). Foi deputado por Pontevedra no Congreso polo PSOE (1993-1996) e dirixiu as revistas Mar e Noray.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cartógrafo e urbanista. Da súa produción destacan Cartografía de Galicia 1522-1900, Evolución de la morfología urbana de Pontevedra hasta 1900 e Cadernos de Educación Ambiental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que lle gustan os nenos e a súa maneira de comportarse e goza xogando con eles e coidándoos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, na confluencia do Ebro co Segre (2.486 h [2001]). Predominan os cultivos de cereais de secaño, principalmente cebada e oliveiras, e no regadío, árbores froiteiras. En 1957 construíuse un encoro e unha central hidroeléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Coñecido como Merlin de Thionville, foi deputado da Asemblea Lexislativa (1791) e da Convención e decretou a confiscación dos bens dos emigrantes monárquicos e a deportación dos clérigos refractarios. Contribuíu á caída de Robespierre e foi membro do Consello dos Cincocentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés, conde de Douai. Coñecido como Merlin de Douai, foi deputado nos Estados Xerais (1789) e conseguiu a abolición do dereito de primoxenitura. Membro xacobino da Convención Nacional e do Comité de Salvación Pública, foi ministro de Xustiza (1795-1797) e formou parte do Directorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación patolóxica no sangue de metahemoglobina que se produce pola transformación do ferro ferroso (Fe2+) a ferro férrico (Fe3+), o que xera unha desnaturalización da hemoglobina, que se volve incapaz de transportar osíxeno aos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Cadea montañosa de 140 km de extensión, entre Saxonia (Alemaña) e Bohemia (República Checa), cun límite impreciso co río Elster, ao O, e o Elba, ao L. As maiores altitudes atópanse no pico Klínovec (1.244 m de altitude) e no Fichtelberg (1.215 m de altitude).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo ruso. Coñecido como Michel Fokine, estudou na escola imperial de ballet do teatro Mariinskij. Presentado a Diaghilev por A. Benois, foi primeiro bailarín e coreógrafo dos Ballets Rusos (1909-1914). Abandonou Rusia durante a revolución (1918) e estableceuse primeiro en Escandinavia e despois en EE UU. O seu estilo caracterizouse por potenciar a acción dramática e a expresividade integral do bailarín. As súas coreografías máis destacadas foron As sílfides (1908), Petruska (1911), A valsa ou O espectro da rosa (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra, que se basea tematicamente en experiencias persoais íntimas, perseguiu unha clase de purificación e liberdade baixo unha experiencia total do sexo e converteuse nun defensor da liberdade literaria e individual. Da súa produción destacan Tropic of Cancer (1934), Black Spring (1936), Tropic of Capricorn (1938), The Air-Conditioned Nightmare (1945), The Smile at the Foot of the Ladder (1948) e a triloxía Rosy Crucifixion (Sexus, 1949; Plexus, 1952; e Nexus, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo N da parroquia de San Martiño de Grou (Lobios). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á mina.

    2. Persoa que traballa nunha mina.

    3. Persoa que posúe ou explota unha mina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Miño (Betanzos) ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Miño (Betanzos).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás substancias naturais non orgánicas, ás súas partes e ao seu conxunto.

    2. Sólido homoxéneo e de composición química definida, que se forma na natureza por un proceso inorgánico e que posúe unha estrutura ordenada dos átomos e das moléculas que o constitúen. A condición de sólido natural é esencial; no laboratorio é posible reproducir a maioría dos minerais, pero neste caso denomínanse sintéticos. O feito de ser un sólido homoxéneo indica que hai unha soa clase de substancia constituínte, que non pode descompoñerse noutras máis simples por procedementos físicos. Cómpre diferenciar entre composición química definida e fixa, xa que a fórmula de moitos minerais ten unha certa marxe de variación. Finalmente, o feito de teren unha estrutura ordenada dos átomos indica que os minerais son sólidos cristalinos.

    3. Parte dun xacemento mineiro empregada como materia prima para a extracción dun metal.

    4. Elemento que pertence ao campo da química inorgánica que intervén no metabolismo animal e vexetal de xeito imprescindible. Os elementos minerais, xunto coa auga, interveñen na mineralización dos ósos e cartilaxes, na regulación da presión osmótica dos líquidos orgánicos, do equilibrio ácido-base e de procesos encimáticos, e na formación de substancias de importancia biolóxica. Clasifícanse en plásticos (calcio, fósforo, magnesio e xofre), electrólitos (sodio, potasio e cloro), orgánicos (ferro e iodo) e oligoelementos (bromo, flúor, boro, silicio, níquel, cobalto, cinc, cobre, manganeso e vanadio).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao barco de carga empregado especialmente para o transporte de mineral.

    2. Aplícase ao peirao preparado para a recepción de minerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mineralizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é susceptible de ser mineralizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mineralizar ou mineralizarse.

      1. Impregnación mineral da parede celular de certos vexetais (como por exemplo diatomeas, de SiO 2 ou CO 3 Ca) ou animais (como os artrópodos, de quitina).

      2. Transformación bacteriana das substancias orgánicas do solo, pola que o nitróxeno e o fósforo destas substancias pasan a ser inorgánicos e se solubilizan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que mineraliza.

    2. Aplícase aos gases magmáticos, tales como o hidróxeno, o vapor de auga, os compostos de flúor, boro, xofre ou carbono, e tamén a outras substancias volátiles que provocan ou facilitan a formación de minerais ao diminuír a viscosidade do magma, ao aumentaren os límites da temperatura de cristalización e actuar como axentes catalíticos, ao combinarse con algúns minerais que non se poderían formar doutra forma e ao concentrar e extraer compostos metálicos e doutros non metálicos do magma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que impulsa a mineralización.

    VER O DETALLE DO TERMO