"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • Empresa editorial fundada en Vigo en que se integra A Nosa Terra Edicións, dirixida por Cesáreo Sánchez. Edita o semanal A Nosa Terra, dirixida por Afonso Eiré, o boletín trimestral Cadernos monográficos de pensamento e cultura, e as publicacións semestrais A Nosa Cultura e A Nosa Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intento de reforma da Constitución de 1845 que tentou impoñer Juan Bravo Murillo. De carácter ultraconservador, limitaba o poder das Cortes en beneficio da Coroa e as liberdades políticas. Non obtivo o apoio do poder lexislativo, o que motivou a súa saída do goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto presentado polo Partido Republicano Democrático Federal de Galicia en 1887. Contou con 100 artigos divididos en XVI títulos en que desenvolvía o conxunto de principios básicos dun estado de carácter federal, autónomo e soberano dotado dun goberno baseado nun sistema democrático e republicano. Definiu a Galicia como un estado integrante da nación española. Establecía diversos dereitos fundamentais, o sufraxio universal, e a capacidade de autoorganización do Estado galaico. O seu ámbito territorial integraba as catro provincias, mantiña os modelos de organización local vixentes e baseábase na separación dos poderes executivo, lexislativo e xudicial. O seu órgano de representación lexislativa era a Asemblea Rexional. Definiu tamén outros aspectos fundamentais como a facenda, o exército e a educación, e estableceu as atribucións dos municipios como entidades autónomas no seu ámbito de actuación. Non chegou a aprobarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. Oficial de artillaría do exército francés, comezou na fotografía como amateur a partir de 1889. Considerado un dos fundadores do pictorialismo en Francia, foi membro do Linked Ring Brotherhood e do Photo Club de París (1894), que presidiu en 1921. Empregou o desenfoque óptico como técnica de distanciamento para “baleirar” as imaxes e crear atmosferas impresionistas ou simbolistas. Escribiu varios tratados sobre o material e técnicas fotográficas como a goma bicromatada en Les Procédés d’Art (1906), con Demachy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico salvadoreño. Dirixiu o Partido Demócrata e foi presidente interino (1914-1915), vicepresidente (1913-1914, 1915-1918 e 1919-1923) e presidente (1923-1927) da República de El Salvador. Erradicou o paludismo do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar noruego. Simpatizante do nazismo, colaborou cos alemáns durante a ocupación de Noruega (1940) e o seu partido, o Nasjonal Samling (Unidade Nacional), pasou a ser o único permitido no país. Xefe de goberno (1942), aboliu a constitución e o réxime parlamentario e, ao terminar a guerra, foi xulgado e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, autor e director teatral. Participou como actor en diversas montaxes da Escola Dramática Galega, como A noite vai coma un río (1979), de A. Cunqueiro; e dirixiu O paseio de Buster Keaton (1980), de F. García Lorca. Coa compañía Luís Seoane interpetou Dansen (1980), de B. Brecht. Escribiu os dramas Lenda antiga do home que quererá voar (1979, Premio Teatro Breve da EDG), en que trata a submisión do home actual á ciencia e ao progreso; e A outra historia de Brancaneves (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución que se estableceu na Coruña por Real Orde en 1785. Tivo como precedente a Academia de Agricultura de 1765 e xurdiu a consecuencia da apertura do comercio coas Indias en 1778 e do acceso a el do porto da Coruña. A súa xurisdición estendeuse a toda Galicia e tivo como obxectivo o fomento das fontes de riqueza da zona, así como a extensión da navegación ás Indias, orientada a persoas con significativos medios económicos, como comerciantes, mercadores, fabricantes e navieiros. Prestou atención á agricultura práctica e ao comercio, así como á naútica e ao debuxo, das que creou as escolas técnicas especializadas, que continuaron funcionando tras a extinción da institución. O brigadier Winthuyssen redactou en 1789 o regulamento dos estudos náuticos, entre os que se incluíron os do Consulado. O plano de estudos inicial abranguía as materias de aritmética inferior, cosmografía, astronomía, xeografía, arte de navegar, trigonometría plana e esférica e levantamento de planos. En 1806 incorporáronse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de reconsiderar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de reconstituír ou reconstituírse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que reconstitúe.

    2. Aplícase ao medicamento, de propiedades terapéuticas pouco definidas, que se emprega para acelerar o proceso de retorno á normalidade no caso de convalecencia ou estados de abstemia e debilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Constituír de novo.

    2. olver establecer o vigor e a forza.

    3. Constituírse novamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reconstruír.

    2. Proceso indutivo que permite fixar, a partir de fenómenos lingüísticos coñecidos, feitos que pertencen a estadios da lingua descoñecidos. É unha operación característica da etimoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da historia de EE UU, posterior á Guerra de Secesión, que se estendeu entre 1865 e 1877. En 1867 aprobouse a Reconstution Act, que estableceu o programa de reconstrución do S e as normas para a readmisión destes estados na Unión. A concesión da cidadanía á poboación negra e a súa non discriminación foron algúns dos aspectos que favoreceron os enfrontamentos entre o N e o S, ata que en 1877 se recoñeceu aos estados sudistas a súa autonomía en cuestións raciais a cambio do seu apoio na elección do republicano Rutherford B. Hayes como presidente de EE UU, ademais doutras concesións económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver construír algo que está desfeito, especialmente un edificio destruído.

    2. Refacer o conxunto de algo separado en pezas.

      1. Reproducir o proceso de formación dalgunha cousa a partir de circunstancias coñecidas ou de hipóteses.

      2. Restituír un texto literario á súa forma orixinal ou suposta pola crítica textual.

      3. Completar graficamente a arquitectura dun edificio antigo, monumento ou poboación, conxecturando as partes que lle faltan a partir das ruínas ou de noticias que perduraron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á reconstrución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen reconstrúe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Realizou o proxecto do albergue Boa Voluntade en Rio de Janeiro (1931) e, con Lúcio Costa e Óscar Soares Filho Niemeyer, o do novo Ministério da Educação e Saúde (1936). É autor tamén do conxunto residencial para 570 familias de Perogrulho, en Rio de Janeiro (1950-1952).

    VER O DETALLE DO TERMO