"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
PERSOEIRO
Político ugandés. Líder do Uganda People’s Congress, foi presidente de Uganda (1966), despois de protagonizar un golpe de estado que aboliu a monarquía e estableceu un réxime unitario e non parlamentario. Foi deposto (1971) por Idi Amin Dada e exiliouse en Tanzania ata 1980, cando volveu a Uganda. Reelixido presidente do estado (1980), outro golpe de estado depúxoo en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
Oficina de Socorros e Traballo das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina no Próximo OrienteVER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado pola Organización das Nacións Unidas en 1949 coa finalidade de axudar os refuxiados vítimas do conflito árabe-israelí de 1948. Con sede en ’Ammān e Gaza, estendeu a súa acción a Xordania, Líbano, Siria e aos territorios ocupados de Cisxordania e Gaza.
-
-
Colectivo creado en 1983 co obxectivo de favorecer a renovación pedagóxica da escola galega, contribuír á normalización lingüística no ensino e galeguizar os contidos educativos mediante a preparación de materiais específicos. Dentro dos traballos desenvolvidos por este colectivo, cómpre destacar a presentación no Museo de Pontevedra dos audiovisuais Losada Diéguez (1985), Castelao (1986) e Rosalía de Castro (1988), a organización de seminarios sobre lingua e literatura galega e a publicación de varias unidades didácticas dentro da colección Festas na Escola (O magosto, O nadal, O entroido, Os maios e O San Xoán).
-
-
Órgano fotorreceptor dos animais capaz de formar imaxes do obxecto emisor ou reflector de luz. Hai dous tipos de ollos: os ollos compostos e os ollos unitarios, propios dos cefalópodos e dos vertebrados. Os ollos compostos constan dun certo número de unidades visuais, chamados omatidios, separados por pigmento. A imaxe do ollo composto pode formarse por xustaposición, de maneira que cada omatidio só recibe a imaxe dun anaco moi pequeno do campo visual, e a imaxe total resulta da unión de todas as imaxes parciais dadas por cada omatidio, ou por superposición, cando cada omatidio capta a imaxe de todo o campo visual, e así a imaxe total resulta da superposición das imaxes de cada omatidio. Os crustáceos e os insectos nocturnos forman imaxes por superposición, mentres que os diúrnos fano por xustaposición. Os ollos unitarios dos vertebrados constan basicamente duns dispositivos de enfoque formados por unha lente, chamada cristalino, unha membrana transparente, a córnea, e uns medios acuosos...
-
Parte exterior do globo ocular, en particular o iris. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando pases pola terra dos tortos, pecha un ollo. O amigo que non é de certo, cun ollo pechado e outro aberto. A ausencia apaga o amor: lonxe dos ollos, lonxe do corazón. Vemos a palla no ollo doutro e non vemos a viga no noso. Ves no ollo do veciño a palla e non ves no teu a tranca. Un ollo no gato e outro no prato. O cabalo regalado cólleo cos ollos pechados.”
-
ollo simple
ocelo.
-
-
Acción de mirar.
-
-
Burato, xeralmente cilíndrico, que atravesa unha cousa e que habitualmente ten por obxecto acoplar nel outra peza ou polo que algunhas veces se introduce ou pasa algo cunha finalidade determinada.
-
Buraco na roda do muíño polo que cae o gran.
-
-
Cada un dos espazos ocos formados baixo o arco dunha ponte.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe mariño perciforme de 25-35 cm de lonxitude, que pode alcanzar os 60 cm, de corpo oblongo e comprimido, co perfil superior da cabeza curvado, fociño curto e chato, grandes ollos de cor rosácea e aletas pectorais máis longas que as pélvicas. É de cor rosa con reflexos prateados nos costados e ten unha mancha escura no inicio da liña lateral, mancha que nos ollomoles pequenos non se atopa. Son animais hermafroditas, que sofren unha inversión sexual cando alcanzan unha certa idade. Reprodúcense a finais de verán, sendo os ovos e as larvas peláxicos. Vive en cardumes, nos fondos areosos, preto dos cantís rochosos entre os 40 m, os individuos máis novos, ata os 300 m de profundidade, os individuos adultos. É omnívoro, aínda que a súa alimentación é principalmente carnívora (pequenos peixes, moluscos e crustáceos). É un peixe moi común nas costas europeas, desde a zona tropical do Océano Atlántico ata Noruega e tamén o Mar Mediterráneo. Péscase con palangre e liña, ainda que tamén se pode...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro creada na década de 1980, que introduciu novas técnicas e habilidades escénicas no panorama teatral galego. En 1993 fusionouse con Tranvía Teatro para dar lugar á compañía Ollomoltranvía. Da súa produción destacan Moleques (1991) ou Fas e Nefas, dirixida por Xan Cejudo (1991)
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro fundada en 1993 como resultado da fusión das compañías Ollomol Teatro Submarino e Tranvía Teatro. Nas súas obras, os propios actores executaban música en vivo e desenvolvían un xeito plástico de entender o labor teatral. Dos seus espectáculos destacan Commedia, un xoguete para Goldoni (Premio da crítica de València 1995, Premios Compostela, 1993 e Premio da Asociación de Espectadores de Alicante, 1995), Raíñas de pedra (1994, Premio Compostela 1995), O rei nú (1996), Escola de bufóns (1997, Premio María Casares), Qui pro quo (1998, Premio María Casares, 2000), Ñikiñaque (2000, Premio María Casares, 2001) e Policía (2000), que foi a última montaxe antes da súa disolución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe de pequeno tamaño -rara vez supera os 15 cm de longo-, que presenta o corpo alongado en forma de tubo, cuberto de grandes escamas, agás a cabeza, e ollos luminosos. Ten unha cor acastañada, sendo máis clara pola parte inferior. OBS: Tamén se denomina olloverde escamoso.
-
GALICIA
Farmacéutico. Catedrático de Farmacoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, foi investigador principal en diversos poxectos e autor de numerosos artigos en revistas especializadas, tanto estatais como estranxeiras. Traballou no campo dos cultivos celulares e das técnicas con radioisótopos e electrofisiolóxicas. É membro de diversas asociacións científicas, e foi socio fundador da Sociedad Española de Farmacognosia e Farmacodinámica. Dos numerosos premios que recibiu, destacan o Premio Eloy Díez (1984), o Premio de la Sociedad Española de Química Terapéutica (1987), o Premio Dolores Trigo (1993) e o Premio de Investigación da Xunta de Galicia en Ciencias da Saúde (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Chuvia fina, compacta e persistente con aparencia de néboa.
-
Humidade en forma de gotas líquidas que se forman por condensación directa do vapor do aire sobre o chan, a vexetación e outros obxectos, principalmente durante a noite, cando estas superficies se arrefrian, por irradiación, ata unha temperatura inferior á do punto de orballo.
-
Temperatura do aire á que o vapor de auga, a unha presión parcial determinada, sofre a saturación. A temperaturas inferiores á do punto de orballo ten lugar a condensación do vapor de auga contido no aire.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos días ou ao tempo en que hai orballo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que se publicou no Carballiño a partir do 17 de maio de 1980. Saíron só tres números, o último deles o Día das Letras Galegas de 1982. Subtitulada “Revista comarcal do Carballiño”, foi unha iniciativa da Agrupación Cultural Avatar. De distribución gratuíta, incluíu información cultural e comarcal. Cun carácter nacionalista e reivindicativo, promoveu campañas a prol da normalización lingüística, a defensa do patrimonio da comarca e a popularización da literatura galega.
-
-
Tirón de orellas.
-
parotidite.
-
Tumor que se localiza nas glándulas linfáticas dos oídos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘choro’.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Padrón a partir de 1883. Subtitulouse “Quincenario humorístico dedicado al bello sexo padronés y cesureño” e logo “Periódico humorístico dedicado al bello sexo padronés y cesureño”. Saíu dúas veces ao mes para logo aumentar a tres. Fundouno e dirixiuno Paulo Pérez Costanti, e incluíu artigos sarcásticos e poesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado na Conferencia de Paz de París en 1919 con sede en Xenebra. Propón a mellora das condicións do traballo, da seguridade social, da formación profesional, da negociación colectiva, da participación na xestións nas empresas, do acceso á vivenda, do ocio e doutros temas conectados. Os gobernos ratifican as convencións que establecen os estándares mínimos internacionais aceptables en condicións de traballo e visado e han de seguir as recomendacións preparadas, e tamén poden aproveitar os servizos de asistencia técnica creados. A súa secretaría permanente é a Oficina Internacional do Traballo. En 1969 recibiu o Premio Nobel da Paz.
-
-
Exceso de estima dun mesmo ou dos méritos propios, que fai que alguén se crea superior aos outros.
-
Sentimento lexítimo da propia dignidade ou das propias obras.
-
Persoa ou cousa que é motivo de orgullo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten ou mostra orgullo.
-
GALICIA
Xornalista. Foi director audiovisual en GAM, director de radio na Cadena SER e director xeral da cadea de televisión Localia Galicia, pertencente ao Grupo Prisa. Desde abril de 2004 pasou a ocupar o cargo de director xeral da Cadena SER en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano. Foi gardián de San Francisco de Salamanca, ministro provincial e visitador das provincias de València e San Miguel. Destacou como teólogo e orador. Escribiu Templos vivos de Dios, medidos por el Templo de Dios vivo [...]. (1756) e Oración del Apóstol y único Patrón de España, predicada en la iglesia del Real Convento de San Felipe de Madrid, por el Rmo. Mro. Fr. (1757).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Traxedia escrita por W. Shakespeare ao redor de 1602. O personaxe central, Othello, xeneral mouro a servizo de Venecia, asasina por celos a súa muller, Desdémona, a raíz das pérfidas insinuacións de Iago. Ao darse conta do seu erro, Othello decide quitarse a vida. A obra inspirou outros dramas teatrais, como o de I. F. Ducis (1792) e o de Alfred de Vigny (1892); musicais, como o de Rossini (1816) e o de G. Verdi (1887); e cinematográficos, como o de O. Welles (1952).