"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Gabrielle Émilie Le Tonnelier de Breteuil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. A súa obra enmárcase no informalismo e aproxímase moitas veces á realizada polos membros do grupo El Paso e á época nunista de Benjamín Palencia, pero os seus grandes referentes son os pintores que buscan as expresións máis puras da abstracción como Guinovart. A súa paleta caracterízase polo rico colorido. Participou, entre outras, nas mostras colectivas de Novos Valores da Bienal de Pontevedra e na de Unión Fenosa, ademais de realizar exposicións individuais. Da súa obra destaca a serie Capricho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Educador e filósofo mexicano. Foi profesor de historia xeral e patria, psicoloxía, moral, xeografía e lóxica na Escuela Nacional Preparatoria. Preocupado pola educación, reorganizou o ensino primario e a preparatoria (bacharelato superior). Foi deputado e intentou mellorar as condicións laborais dos educadores. Fundou a Escuela Nacional de Maestros, a Escuela Internacional de Arqueología y Etnografía e, en colaboración con Justo Sierra, a Escuela de Altos Estudios e a Universidad de México (1910); foi ademais membro fundador do Colegio Nacional en 1943. En 1915 formulou dous proxectos de lei: un sobre a federalización da educación e outro sobre a autonomía universitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘árbore’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado histórico da Europa central, que comprendía Bohemia, Moravia, parte de Silesia e Eslovaquia, formado o 14 de novembro de 1918 tralo desmembramento do Imperio Austro-Húngaro. Dende 1938, trala ocupación nazi dos Sudety, a cesión de Silesia a Polonia e doutros territorios a Hungría, Checoslovaquia deixou de existir como unidade estatal. En 1939, os nazis entraron en Praga e crearon o protectorado de Bohemia e Moravia, baixo o control do reichsprotektor Von Neurath, e promoveron a declaración de independencia de Eslovaquia, que constituíu un goberno pronazi encabezado polo bispo católico Jozef Tiso. Checoslovaquia recuperou a súa unidade territorial grazas aos progresos do exército soviético que permitiron organizar un goberno provisional en Košice (Eslovaquia) o 3 de abril de 1945, posteriormente trasladado a Praga o 16 de maio. Durante o período socialista, a República Socialista de Checoslovaquia recoñecía a existencia de dúas nacións eslavas no seo da República e organizouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Documento polo que un cliente dunha entidade bancaria autoriza o pagamento dunha cantidade de cartos con cargo aos fondos que a persoa que o expide ten depositados nela.

    2. Cheque que se estende a favor dunha persoa ou entidade co nome destas cruzado no anverso.

    3. Cheque que se utiliza para viaxar e que permite pagar hoteis, viaxes, transportes, etc, a cargo da conta do titular.

    4. Cheque no que non se especifica a cantidade.

    5. Cheque no que se escribe o nome do destinatario para que só poida ser cobrado por esta persoa.

    6. Cheque que a entidade paga á persoa que porte o documento no momento de cobralo.

    7. Modalidade de envío de cartos por correo denominada tamén bono postal. Non tivo vixencia en España e foi desprazada do servizo polo sistema do cheque bancario ou talón, ou a través do xiro postal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor suízo. Cultivou a poesía e a novela e recibiu o premio Goncourt pola obra L’Ogre (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Osquesta norteamericana fundada en 1891 polo director Theodore Thomas. Dende 1969 foi dirixida por György Solti que situou a orquesta entre as primeiras a escala mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (2.376 km2; 274.091 h[estim 1995]). A capital é Chiquimula (33.028 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Graduado en Ciencias Políticas polo Institut d’Etudes Politiques de París. Foi secretario de estado para a economía e as finanzas (1968-1971), ministro de Relacións co Parlamento (1971-1972), ministro de Agricultura (1972-1974), ministro de Interior (1974) e secretario xeral da Union pour la Défense de la République (UDR) (1974-1975). En 1974 converteuse en primeiro ministro, pero dimitiu en 1976. Presidente do Rassemblement pour la République (RPR) entre 1976 e 1994, foi alcalde de París (1977-1986 e 1989-1995). En 1986-1988 ocupou novamente o cargo de primeiro ministro. En 1995 gañou as eleccións presidenciais, despois de ser candidato en 1981 e 1988. Nomeou un goberno de dereitas encabezado por A. Juppé, e o comezo do seu mandato resultou polémico por mor do seu plan de reforma da Seguridade Social; esta reforma orixinou unha serie de protestas e a decisión de realizar probas nucleares en Mururoa (na Polinesia francesa). En 1997 o triunfo do Partido Socialista Francés (PSF)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán extinguido de Panamá, o cumio máis alto do país (3.477 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio que serve para acender, especialmente o que ten mecha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequena cantidade que se bebe dunha vez repetidamente.

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘vaso (de viño)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de 2 chocar.

      2. choque elástico

        Interacción entre dous corpos materiais, que non altera o seu estado interno, con conservación da enerxía total e da cantidade de movemento do sistema formado polos dous corpos que interaccionan.

      3. choque inelástico

        Interacción entre dous corpos materiais nos que se produce unha alteración do estado interno dalgún dos corpos que interaccionan.

      1. Situación clínica transitoria, na que, por mor da existencia dun volume de sangue circulante insuficiente ou dunha distribución anormal do consumo cardíaco, a perfusión sanguínea dos tecidos diminúe ata valores inferiores ás necesidades mínimas para un metabolismo oxidativo. Os criterios clínicos para a súa diagnose son o aspecto do paciente, con signos de insuficiente irrigación periférica, o descenso da tensión arterial, con taquicardia e pulso feble, a diminución da función renal, náuseas e sede. Os factores etiolóxicos pódense agrupar en: hipovolémicos (hemorraxias, traumatismos, grandes queimaduras ou deshidratación), cardioxénicos (embolia pulmonar, taponamento cardíaco, infarto de miocardio, pneumotórax, fístula arteriovenosa ou miocardite), sépticos (exotoxinas ou endotoxinas) e neuroxénicos (reflexos vasovagais ou parálise dos vasoconstrictores). Unha vez iniciado o choque, o organismo responde cunha reacción compensadora que orixina unha diminución do retorno venoso coa consecuente...

      2. choque anafiláctico

        Aparición violenta dunha síndrome moi grave que se presenta como consecuencia dunha reacción antíxeno-anticorpo, que se produce cando un organismo volve a expoñerse a un antíxeno ao que se sensibilizara con anterioridade. Caracterízase por diminución da presión sanguínea, dificultades na respiración e fallos cardíacos, entre outros síntomas.

      3. choque en cúpula

        ariedade de choque da punta do corazón que se atopa na hipertrofia do ventrículo esquerdo. Ao realizar unha palpación coa man, nótase a sensación de que unha bóla ou un globo duro vén chocar con ela.

    1. electrochoque.

    2. Proceso e estado afectivo caracterizado por unha emoción repentina e relativamente breve. De carácter xeralmente agudo, determínase pola irrupción brusca e inesperada, na vida da persoa, dun elemento, a miúdo negativo pero tamén positivo, que modifica a existencia propia de xeito que resulta difícil adaptarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de máscaras que levan disfraces ridículos e estraños.

    2. Acción grotesca para provocar o riso.

    3. Acto público sen ningunha formalidade nin seriedade. Ex: O acto de entrega de premios foi unha choqueirada.

    4. Reunión de xente que anda vestida con trapos e sen asear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar no que chocan as galiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao animal que leva unha choca.

    2. Que fai rir.

    3. Que non se preocupa polo aspecto físico.

      1. Máscara do entroido galego. Segundo algúns investigadores, como Vicente Risco, todas as máscaras proceden de vellos cultos totémicos de asociacións secretas prehistóricas. Para Bouza Brey serían pervivencias de cerimonias máxicas ancestrais, das que o pobo aínda conserva oculto no subconsciente unha lembranza de respecto e temor. Julio Caro Baroja coidaba que as orixes había que buscalas nas Festas Lupercais romanas (o quince de febreiro), que se realizaban para preservar o gando do lobo (de aí a exaltación da masculinidade e o emprego da violencia). Non obstante , González Reboredo considera que estas máscaras se explican perfectamente no cadro do cristianismo: a máscara é a parte animal e pecaminosa do home, o demo voluptuoso, e por esta razón vístese con peles. O nome do choqueiro procede dos chocallos (chocas) que leva colgados do cinto do seu traxe. No dicionario de Eladio Rodríguez (1958) explícase que o choqueiro era unha máscara zarrapastrosa con anteface de pel de coello, que levaba...

      2. Persoa disfrazada con calquera roupa que oculta a face cunha carauta.

    4. Terreo moi húmido no que nace a herba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que pesca choco.

    2. Sobrenome que reciben os veciños de Redondela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer ruído coa choca. Ex: A vaca ía choqueleando e movendo o rabo.

    2. Facer ruído algunha cousa que se move cando debería estar axustada. Ex: As chancas choqueleábanlle nos pés.

    3. Tocar un instrumento de música que está desafinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de choquelear.

    VER O DETALLE DO TERMO