"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soter (Macedonia 367 a C - Exipto 283? a C) Rei de Exipto (305-285 a C), fillo de Lagos. Fundador da dinastía ptolemaica ou láxida. Foi xeneral de Alexandre o Grande e destacou na campaña de Asia. Nomeado sátrapa de Exipto e Libia (323 a C), enfrontouse polo poder co rexente Perdicas. Conquistou Corinto e Megara (308 a C), pero foi derrotado por Demetrio I de Macedonia en Salamina (Chipre, 306 a C). Adoptou o título de rei en 305 a C. Aliouse con Casandro, Lisímaco e Seleuco I (302 a C) e ocupou Celesiria (Palestina e Fenicia). En 285 a C abdicou no seu fillo, Ptolomeo II Filadelfo. Protector das artes, fundou o museo e a biblioteca de Alexandría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filadelfo (Cos 308 a C - 246 a C) Rei de Exipto (285-246 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo I. O éxito contra os seléucidas Antíoco I (280-261 a C) e Antíoco II (261-246 a C) converteu Exipto na primeira potencia naval do Mediterráneo. Con el, a dinastía ptolemaica chegou ao seu cume.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Everxetes (Exipto 280? a C - 221 a C) Rei de Exipto (246-221 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo II. Recuperou a Cirenaica, invadiu o reino seléucida (245 a C) e interveu nos asuntos gregos. Consolidou os seus dominios ata Tracia e levou a Exipto o apoxeo do poder. Entre outros, construíu o templo exipcio de Idfû.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filopátor (238? a C - 205 a C) Rei de Exipto (221-205 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo III. Sometido á influencia dos favoritos, co seu goberno corrupto comezou a decadencia da dinastía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soter (142? a C - 81? a C) Rei de Exipto (116-107 a C e 88-81 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo VIII. Gobernou coa súa nai Cleopatra III, quen conseguiu afastalo a Chipre (107 a C) para darlle o trono ao irmán, Ptolomeo X , coñecido como Alexandre I (? 140?-88? a C), que reinou de 107 a 88 a C, ano en que tivo que fuxir de Exipto a causa dun motín. Á súa morte (88 a C), Ptolomeo IX ocupou novamente o trono. O seu fillo Ptolomeo XI , coñecido como Alexandre II, gobernou entre 81 e 80 a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Epífanes (210? a C - 181 a C) Rei de Exipto (197-181 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo IV. Orfo desde os cinco anos, durante a súa minoría de idade perdeu Celesiria e Asia Menor na Batalla de Panio (200 a C).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filométor (185? a C - 145 a C) Rei de Exipto (181-145 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo V. Durante a súa minoría de idade gobernou a súa nai Cleopatra I. Neste período Antíoco IV invadiu Exipto (170 a C), pero apresárono e fixo elixir rei ao seu irmán, Ptolomeo VIII. Roma detivo unha nova invasión de Antíoco (168 a C) e interveu decididamente desamigando a ambos os dous irmáns e atribuíndo Cirenaica ao seu fillo Ptolomeo VII Neofilopátor (162 a C-144 a C), asasinado ao cabo dun ano polo seu tío Ptolomeo VIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Everxetes (182 a C - 116 a C) Rei de Exipto (145-116 a C), fillo de Ptolomeo V e irmán de Ptolomeo VI. Reinou co seu irmán (170-163 a C) ata converterse en rei da Cirenaica (163-145 a C). No intento de tomar Chipre (154 a C), foi derrotado polo seu irmán. Morto este (145 a C), casou coa viúva Cleopatra II e coa fillastra desta, Cleopatra III. A oposición da poboación helenística provocou que Cleopatra II o expulsase (130 a C). Reconciliados novamente (124 a C), deu unha ampla amnistía (118 a C).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filopátor Filadelfo Neo-Dionisio (110? a C - 51 a C) Rei de Exipto (80-51 a C), fillo de Ptolomeo IX. Coñecido tamén como Auletes (‘frautista’) e Noto (‘bastardo’), foi recoñecido polos romanos. Un motín, provocado pola anexión romana de Chipre, mantívoo afastado do trono do 58 ao 55 a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dionisio (61 a C - 47 a C) Rei de Exipto (51-47 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo XII. Casou coa súa irmá, Cleopatra VII. Para congraciarse cos ocupantes romanos, mandou matar (48 a C) a Cneo Pompeo Magno. Sucedeuno o seu irmán Ptolomeo XIV Filopátor (59-44 a C), que gobernaba Chipre (48 a C). Foi asasinado poa súa irmá Cleopatra VII, coa que tamén casara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cesarión.
-
PERSOEIRO
Astrónomo, matemático e xeógrafo grego. A súa obra principal é Composición matemática ou Gran Sintaxe -coñecida co nome de Almaxesto, nome que lle deron os tradutores árabes (al-Magisti)-, na que recolleu todos os coñecementos astronómicos anteriores e presentou o sistema ptolemaico. Tamén foi autor do libro máis importante de astroloxía da Antigüidade. Estudou os fenómenos relacionados coa acústica e expuxo as diversas teorías numéricas da música existentes na época. Escribiu un tratado de óptica, onde expuxo os fenómenos da reflexión e a refracción e deulle a formulación correcta. Foi o iniciador da cartografía moderna coa obra Geographia Hiphegesis, de oito volumes, un mapamundi e 26 mapas, onde recompilou as técnicas matemáticas para o trazado de mapas precisos mediante distintos sistemas de proxección, e recolleu unha extensa colección de coordenadas xeográficas correspondentes aos distintos lugares do mundo daquela coñecidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto básico, xeralmente moi tóxico, que resulta da putrefacción ou da descomposición metabólica das proteínas animais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caída ou descenso dun órgano ou dunha parte, especialmente o desprazamento dunha víscera como consecuencia do relaxamento dos seus medios de fixación.
-
PERSOEIRO
Político romano. Como primeiro ditador plebeo, obtivo reivindicacións importantes para este grupo social. Foi pretor (337 a C), censor (332 a C) e cónsul (339, 327 e 320 a C) e fixo sancionar algunhas leis, as leges Publiliae, que concederon importantes vantaxes á plebe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Operación que consiste en seccionar a pube pola sínfise, para anchear momentaneamente, no momento do parto, unha pelve estreita.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Castro de Rei de Lemos (Paradela). O seu cumio acada os 778 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Simón da Costa (Vilalba). Situada nunha pequena ladeira, no medio dun casarío, ten outras construcións e vivendas pegadas. Presenta planta rectangular coa fachada principal e unha das laterais realizadas en cantaría e as demais en cachotaría. Ten unha escalinata de acceso na fachada principal e unha galería de madeira que se lle engadiu despois de suprimir a planta superior. Estivo relacionada cos Pardo de Andrade.
-
CIDADES
Cidade do S da rexión metropolitana de Santiago, Chile, situada á esquerda do río Maipo (404.663 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Profesional especializado en puericultura.