"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
RIOS
Río afluente do Miño pola dereita. Nace da confluencia de varios regos que baixan da vertente nororiental da serra do Careón, entre as parroquias de Augas Santas (concello de Palas de Rei) e San Cibrao da Pregación (concello de Friol). O seu curso adopta unha dirección NO-SL, coa que drena as parroquias de Ferreira de Negral, Ribeira e Carteire (Palas de Rei) e O Pacio (Friol), para penetrar despois no concello de Guntín e servirlle de fronteira co de Portomarín. Desemboca no encoro dos Peares, no límite entre as parroquias de Navallos (Guntín) e Portomarín (no concello homónimo), despois dun percorrido de 26 km de lonxitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLOTES
Illote da enseada de Corrubedo, no litoral da parroquia de Artes (concello de Ribeira), situado fronte á canle de desaugue da lagoa de Carregal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Coristanco baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Sadurniño baixo a advocación de san Paio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Valadouro baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, catro faixas de ouro. Outra variante leva escudo partido medio cortado; primeiro, en campo de ouro, cinco roeis de azul, postos en pao; segundo, en campo de sinople, unha torre de prata, ameada; terceiro, en campo de goles, unha torre de prata.
-
PERSOEIRO
Político uruguaio. Dirixente do Partido Blanco, foi senador en 1968 e candidato nas eleccións presidenciais de 1971. Durante a ditadura nos anos setenta foi un dos principais líderes no exilio. Cando regresou ao país como candidato ás eleccións presidenciais de 1984 foi detido e inhabililitado politicamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Licenciado en Leis e Canons pola Universidade de Santiago de Compostela (1829), traballou como avogado ata 1832, ano no que se iniciou na xudicatura. Foi comandante da milicia nacional e defendeu os territorios da súa xudicatura contra as faccións carlistas. Tralo golpe de Espartero, foi destituído e perseguido ata o regreso dos moderados ao poder. En 1844 foi nomeado gobernador civil de Lugo e desde ese mesmo ano obtivo representación no Congreso ata a lexislatura de 1864 (agás no período progresista de 1854-1856), pola provincia da Coruña (1844-1846) e polos distritos de Cee (1846-1850; 1851-1864) e Carballo (1850-1851). Foi condecorado coa Gran Cruz de Cabaleiro de Isabel a Católica (1837) e coa Cruz de Comendador de Isabel a Católica (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e arqueólogo portugués. Licenciado en Historia pola Universidade de Porto (1968), foi catedrático de Historia da Arte e Arqueoloxía (1984-1996). Participou nas escavacións da citania de Sam Fins e do castro de Fiães e fundou o Instituto de Arqueologia (1974) e de Historia da Arte (1982) da Universidade de Porto. Colaborador de publicacións como Revista de Etnografia, Douro Litoral, Gallaecia e Zephyrus. Entre as súas obras destacan O castro de Fiães (1972), Monumento com forno de San Fins e as escavações de 1973 (1975), Cerámica Castreja (1975) e Escavações no monte Mozinho I (1974). Recibiu o premio Gomes Pereira de etnografía (1965), o Mário Cardozo de arqueoloxía (1975) e o pergamiño de honra e loanza do Padroado do Pedrón de Ouro (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou belas artes na Universidade de Porto, na que foi profesor de deseño desde 1997. A súa obra, de referencias figurativas, posúe unha importante débeda co mundo do gravado, en cadros de paleta case monócroma, na que o debuxo e o grafismo están moi presentes. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Julio Resende, o Premio de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1997) e o Premio Pintura Vesperie na Bienal de Montijo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portugués. De tendencia realista, as súas primeiras novelas reflicten a experiencia de emigrante e as posteriores, as inxustizas sociais dende o realismo socialista. Publicou Emigrantes (1928), A selva (1930), Eternidade (1933) e A curva da estrada (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que inclúe as parroquias de Castelo de Pallares, Costante, Entrambasaugas, Ferreira de Pallares, Gomelle, Guntín de Pallares, Lamela, Monte de Meda, Pradeda, San Cibrao de Monte de Meda, Santa Euxea, Sirvián, Vilameá, Vilamerelle, Vilarmao e Zolle (concello de Guntín), Lamas e Monte de Meda (concello de Lugo) e todas as do concello de Portomarín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santa María de Ferreira de Pallares.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Santa María de Ferreira de Pallares (Guntín). Pertenceu a un antigo mosteiro beneditino que recibiu tamén o nome de Santa María de Ferreira de Guntín. Adóitase afirmar que foi fundado no 909 polo conde Ero e a súa dona, a condesa Laura, como mosteiro dúplice, aínda que se coñece a súa existencia por unha doazón do 898 de dona Elvira. Posteriormente, foi restaurado como mosteiro de monxes beneditinos a finais do s XI ou principios do s XII e en 1557 frei Rodrigo de València e frei Pedro de Nájera anexionárono ao mosteiro de Samos, unión que confirmou nunha bula o Papa León X, e do que dependeu ata a exclaustración de 1835. O Rei Afonso VII acoutou os seus termos e durante os ss XII e XIII gozou da protección real, ademais de recibir un gran número de doazóns. Consérvase a igrexa románica de finais do s XII ou principios do s XIII, e segundo unha inscrición rematouse en 1226. Ten planta rectangular cunha soa nave, dividida en catro tramos, e ábsida semicircular....
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que inclúe todas as parroquias do concello de Pantón, agás as de Santalla de Toiriz, Santo Estevo do Mato, Toiriz e Tribás.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Castelo de Masid.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro cisterciense situado en Santa María de Ferreira de Pantón (Pantón). Ten a súa orixe nun mosteiro dúplice beneditino do s X. En 1175, a condesa Fronilde de Lemos restaurouno como cenobio feminino e incorporouno á orde do Císter como dependencia do mosteiro de Meira. Pertenceu á Congregación de Castela e, trala exclaustración, a vida monacal reanudouse en 1858. Pertence á Congregación Cisterciense de San Bernaldo e é o único mosteiro feminino cisterciense en Galicia. Conserva a igrexa de nave única rectangular, cuberta cun casetonado de tradición mudéxar, e ábsida semicircular, cun tramo recto cuberto con bóveda de canón e un semicircular con bóveda de cuarto de esfera; o tramo semicircular reforzouse por nervios que converxen ao centro do arco que divide os dous tramos. O arco de acceso á nave é de medio punto e ten tres arquivoltas con molduras. Na ábsida consérvanse dous sepulcros baixo arcosolio que corresponde a Diego de Lemos e Lope Sánchez de Lemos; o conxunto conserva os...