"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Eugène Sue, abandonou as novelas de aventuras polas de costumes e as históricas. Destacan Lautréaumont (1837), Le Morne-au-diable (1842), Les mystères de Paris (1842-1843) e Le juif errant (1844-1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escenógrafo checo. Herdeiro da tradición figurativa, reelaborou a arte da escenografía grazas ás novas posibilidades da técnica. As súas obras caracterizáronse pola pureza arquitectónica e o bo uso da luz e do movemento. Das súas montaxes destacan Hamlet e O furacán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico inglés. Ideou a lámpada de incandescencia, independentemente de Edison, que deu a coñecer en 1878. Fixo investigacións sobre fotografía, ideou o papel de carbón e o de bromuro e introduciu as placas alveolares no acumulador de chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Revelouse como actriz dramática e converteuse nun mito do cine na década de 1920. Dos seus filmes destacan The Humming Bird (1924), Queen Kelly (1928), Sadie Thompson (1928), Sunset Boulevard (1950) e Airport 1975 (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Profesor en Oxford, estudou álxebra, a teoría dos números, as ecuacións e a xeometría analítica, e estableceu a teoría das invariantes coa colaboración de A. Cayley.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. A súa obra reflicte a admiración pola poesía xaponesa. Dos seus escritos destacan Li-Po y otros poemas (1920), El jarro de flores (1920) e La feria (1928). Foi tamén un destacado prosista e escribiu diversos libros de viaxes, novelas e memorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director teatral. Grande impulsor do drama e da zarzuela en España, creou unha compañía teatral en Granada que co tempo se converteu na Compañía Nacional Lope de Vega (1946). Tamén participou na fundación da compañía Amadeo Vives e foi director do Teatro Español de Madrid (1954-1962). En 1961 creou o Teatro de Bellas Artes e en 1970 foi director do Teatro Lírico Nacional de la Zarzuela. Dos seus traballos destacan Las brujas de Salem (1956), El tragaluz (1967) e Antología de la Zarzuela (1987, 1996-1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Brasil, afluente do Amazonas, que ten uns 2.000 km de lonxitude. Está formado pola confluencia do Juruena e do São Manuel, que nacen respectivamente na serra dos Parecis e no límite setentrional do Mato Grosso, e desemboca preto de Santarém.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago (635 h [2001]). Ocupa o lugar da cidade romana de Augustobriga, 10 km ao O da cidade de Burgos. Na Baixa Idade Media contou cun hospital e cos mosteiros de San Cristóbal e de Santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro da Federació Democrática Nacionalista de Francesc Macià (1919) e da Joventut Nacionalista La Falç (1920), ao crearse Esquerra Republicana de Catalunya (1931), converteuse no seu secretario xeral. Foi elixido deputado no Congreso entre 1931 e 1933 e deputado no Parlament de Catalunya en 1932, pero afastouse del en 1933, xunto co grupo de L’Opinión, para constituír o Partit Nacionalista Republicà d’Esquerra, do que foi secretario xeral. Foi detido e procesado polos feitos de outubro de 1934. Foi conselleiro de Gobernación (1931-1933), de Sanidade e Servizos Públicos (1936), de Cultura (1937) e de Finanzas (1937-1939). Exiliouse en 1939 e residiu en Francia. En 1954 foi elixido presidente da Generalitat polos deputados ao Parlament de Catalunya reunidos na embaixada da República Española en México. Volveu a Barcelona o 23 de outubro de 1977 e foi nomeado presidente da Generalitat provisional por designación real. Aprobado o Estatut de Catalunya (1979) e elixido o Parlament...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. En 1993 recibiu, xunto con R. A. Hulse, o Premio Nobel de Física polo descubrimento dun novo tipo de púlsar, o que abriu novas posibilidades no estudo da gravitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Adestrador de balonmán. Coñecido como Fran Teixeira, iniciou a súa andaina no S.A. Ceuti (1981-1982), no Santa Cristina (1982-1983), no B. M. Lalín (1983-1985) e no Círculo Mercantil de Vigo (1985-1989). Posteriormente adestrou os equipos S. D. Teucro (1989-1996), B. M. Chapela (1996-1999) e Pilotes Posada Octavio (1999-2002). Desde 2003 adestrou o Sporting Clube de Portugal. Recibiu o Premio de Mellor Adestrador Galego (1996, 1999 e 2000) e a Medalla de Oro al Mérito da Real Federación Española de Balonmano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, fotógrafo e ilustrador. Coñecido como Mingos Teixeira, iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Vigo, aínda que fundamentalmente foi un autodidacta. Creador da Escola de Medios Técnicos de Realización Artística “Irmanxelos” en Vigo e coordinador do programa educativo “Escola e arte”, partiu do expresionismo abstracto francés e evolucionou cara á abstracción pura e informalista. Empregou unha materia rica e grumosa con cores exultantes e atemperadas, dotando algunhas pinturas de nostalxia. Destacan Mujer gallega desnuda (1988), En Flandres se ha puesto el sol (1990), Meditaciones poéticas (1994), Retorno á terra (1999) ou Ecos fluídos (2002). Publicou Arte para todos (1999) e Na procura das orixes: 1997-1999 (1999). Recibiu o Premio da Alliance Française e o Premio Internacional del Bajo Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político francés. Coñecido como o Abbé Terray, foi controlador xeral das finanzas de Luís XV. Conseguiu sanear as finanzas estatais e diminuír a débeda pública mediante o aumento da presión fiscal e outras medidas financeiras. En 1779, ao comezar o reinado de Luís XVI, foi substituído por Turgot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotogravador e impresor. Cofundador da Sociedad Heliográfica Española (1875), en 1877, con H. Mariezcurrena, foi a París a estudar a técnica de fotogravado nos obradoiros de Gillot. En 1880 abriu o seu propio establecemento e foi un dos primeiros en adoptar o invento de imaxe tramada denominado autotipia, do austríaco Melsenbach. Dedicouse tamén ao fotogravado en cor e en tricomía, e destacou na edición de libros e revistas de arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico británico. Estudou as propiedades da materia en relación coa electricidade, en 1897, ao estudar os raios catódicos, descubriu o electrón como partícula constituínte, efectuou un experimento para medir a relación carga/masa dos electróns, inventou o espectrógrafo de masas, estudou os raios positivos e suxeriu un modelo de átomo, modificado despois por Rutherford. En 1906 recibiu o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político eslovaco. Clérigo e deputado, foi un dos dirixentes do partido populista. Presidente do goberno autónomo eslovaco (1938), proclamou a independencia de Eslovaquia baixo a protección de Hitler, e continuou á fronte do goberno (1939-1945). Tras a derrota nazi, foi condenado a morte e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor húngaro. De nome Lajos Hagymássy, na súa obra poética e narrativa recolle unha visión tráxica dun mundo corrupto, cheo de violencia e hipocresía. Publicou Poesías líricas (1865) e a novela A polgármester úr (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo da costa oriental de República Democrática Popular de Corea, aberto ao mar de Xapón e situado entre os portos de Hŭngnam e Wŏnsan.

    VER O DETALLE DO TERMO