"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
VER O DETALLE DO TERMO
responsable.
-
-
Calidade de responsable.
-
Obriga moral de aceptar ou responder ás consecuencias dos actos ou feitos propios ou alleos.
-
-
Capacidade que ten todo suxeito activo de dereito de coñecer e de aceptar as consecuencias dun acto propio consciente e libre.
-
responsabilidade administrativa
Obriga que a Administración Pública ten de indemnizar a quen, por culpa dela, lle foron lesionados os seus dereitos e de demandar contas ás autoridades, funcionarios e outros axentes sobre o exercicio dos seus cargos.
-
responsabilidade contractual
Responsabilidade civil do debedor que non pode ou non quere cumprir a súa previa obriga e que queda a cumprila en virtude dun contrato.
-
responsabilidade extracontractual
Responsabilidade civil que xorde de todo dano, culposo ou non, con independencia de calquera contrato. Tamén se é responsable de actos doutras persoas (o pai, dos do seu fillo menor de idade), dos animais propios e dos danos que poidan causar a terceiros, e dos obxectos e dos danos que se poidan dar pola súa causa.
-
responsabilidade ministerial
Capacidade que, en réximes democráticos, teñen as cámaras lexislativas de esixir aos membros do poder executivo a responsabilidade dos seus actos. Fálase de confianza parlamentaria como da condición de que deben gozar os gobernos correspondentes para permaneceren no poder.
-
responsabilidade ministerial
Responsabilidade propia e exclusiva dun ministro ou membro do goberno, garantida como tal mediante a súa sinatura, con relación aos decretos e ás disposicións que esta acompaña, que exime de responsabilidade ao xefe de estado e aos outros membros do goberno. Os monarcas, ás veces, están exentos da responsabilidade perante o parlamento.
-
responsabilidade obxectiva
Responsabilidade civil orixinada polo dano non culposo ocasionado por un obxecto e que obriga ao seu propietario ou a quen goza do dominio a reparar o dano ou o prexuízo ocasionado, agás no suposto de culpa exclusiva da vítima ou do prexudicado.
-
...
-
-
-
-
Facer responsable ou atribuír a responsabilidade de algo a alguén.
-
Asumir a responsabilidade de algo ou alguén.
-
-
-
Que está obrigado á responder dalgunha cousa.
-
Que pon atención no que fai.
-
Que ou quen é culpable ou está na orixe dun determinado acontecemento.
-
Que ou quen ten a capacidade de tomar decisións, dirixir unha actividade ou ter a autoridade dentro dun grupo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rezar responsos.
-
-
Contribución ao tesouro da orde de San Xoán que entregaban os comendadores e os que gozaban de rendas.
-
-
Pilastra que garda correspondencia cunha columna.
-
Elemento de soporte, nunha estrutura sustentadora, pegado a un muro e en correspondencia cun contraforte exterior que funciona como sostén dun arco ou bóveda.
-
Elemento que sobresae nun muro, piar ou estribo para servir de apoio a arcos e bóvedas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén ou expresa unha resposta.
-
-
Oración que se reza polos defuntos.
-
Amoestación extensa ou reprimenda forte.
-
-
-
Aplícase ao canto litúrxico dos salmos executado alternativamente entre o solista e os fieis, que poden retomar un ou máis versos, como volta, ou unha antífona apropiada.
-
Libro coral que contén os responsorios de matinas, cos invitatorios e as antífonas dos nocturnos. Antigamente formaba un só libro co antifonario; máis tarde foi desglosado no gradual, o antifonario, o tonarium e o responsorial. Desde o s X ten notación musical.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza litúrxica que consiste nun canto duns versos, normalmente de salmo, por parte do solista, ao que responde a asemblea ou o coro coa repetición dun verso determinado. Están recollidos no responsorial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de movementos revolucionarios que axitaron Europa entre febreiro de 1848 e o verán de 1849, que tiveron como substrato común a crise económica de 1846-1847, o rexeitamento dos réximes autoritarios e a exaltación do sentimento nacional, pero diferiron nos seus obxectivos. Mentres que en París e Viena se loitou principalmente pola implantación ou ampliación do constitucionalismo, en Italia, en Alemaña e na maior parte do Imperio Austríaco as revolucións pretenderon a constitución de estados nacionais rexidos por sistemas democráticos. Iniciáronse en Francia, coas revoltas de París dos días 22-24 de febreiro e derrocaron a monarquía de Luís Filipe I de Francia, formándose un goberno provisional que proclamou a Segunda República Francesa. En Italia os revolucionarios reivindicaron constitucións liberais, a expulsión dos austríacos e a reunificación da península. En Austria, o primeiro levantamento de Viena (13-15 de marzo) provocou a dimisión de K. Metternich e o outorgamento dunha...
-
GALICIA
Profesor e escritor. Catedrático de Literatura Española na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na literatura do Século de Ouro e contemporánea, centrando os seus estudos nas obras de Francisco de Quevedo, Luis Martín-Santos e Miguel Delibes. Desde 1996 dirixe un equipo de investigación da USC, en que colaboran 22 quevedistas, para publicar unha nova edición das Obras Completas en prosa de Francisco de Quevedo, con criterios ecdóticos modernos. Dos seus estudos destacan La originalidad novelística de Delibes (1975), Construción y sentido de “Tiempo de silencio” (1977), a edición crítica de Virtud militante contra las cuatro pestes del mundo, inuidia, ingratitud, soberbia, avarizia (1985), Quevedo y la poesía moral española (1995), Francisco de Quevedo. Poesía moral (Polimnia) (1999), “Tiempo de silencio”, edición crítica y anotada (2000), e as novelas Imitación compuesta (1996) e El escándalo de Julia (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor mexicano. A súa obra ofrece todos os xéneros, aínda que destacou no ensaio con Cuestiones gongorinas (1927) e Homilía por la cultura (1938). Iniciouse como poeta en 1906 e do parnasianismo pasou a un simbolismo que alternou con formas vangardistas, negroides e populares. Cultivou temas e estilos variados. Destaca a escolma da súa obra poética, Constancia poética, incluída nas súas Obras completas (1955-2001). Director da Academia Mexicana de la Lengua (1957), obtivo o Premio Nacional de Literatura (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Barcelona 1893 - 1959) Escritor. Relacionado con Pompeu Fabra, foi un continuador da súa obra e co tempo converteuse en voceiro da intelectualidade catalá. Comprometido coa República, exiliouse en Francia en 1939. Traduciu a Odissea (1919 e 1948) e obras de Kavafis, Sófocles, Esquilo, Plutarco, Hölderlin, Poe, Rilke e Kafka. Iniciou a súa obra poética con Estances (1919), onde amosa un concepto de poesía como experiencia de cultura e a vontade de obxectivar a experiencia amorosa en termos de poema. Inscrito no novecentismo, elaborou un mundo poético definido polos clásicos gregos, os trobadores e algúns poetas modernos. No segundo libro de Estances (1930) incluíu poemas máis persoais, con referencias a Hölderlin, Rilke, Guillén, Valéry e Mallarmé. Tres suites (1937), Elegies de Bierville (1943), Del joc i del foc (1947) e Salvatge cor (1952), constitúen unha especie de canto espiritual que representa un dos cumios da poesía...
-
GALICIA
Economista. Director asociado do Grupo Unipro-Consultores de Empresas, director financeiro de Edicións Laiovento e director da revista Análise Económica, foi cofundador e xerente da revista Teima, cofundador e conselleiro de Escola Aberta e vicepresidente de Promocións Culturais Galegas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse na escolas de Artes de Vigo e Madrid e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. A partir de 1969 colaborou no taller de Xoán Piñeiro en Goián e entre 1976 e 1977 estudou cerámica, invitado polo Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos. En 1979 instalouse en Francia, onde abriu o seu taller en Bonneuil-sur-Marne e participou en numerosas exposicións no estranxeiro e en Galicia, onde tamén formou parte do movemento Atlántica desde 1980. En 1986 regresou a Galicia e en 1992 instalou o seu estudo en Paramos (Tui). Nas súas esculturas, abstractas, experimentou coas formas, xogando cos ocos e os volumes, coas texturas e cos materiais: empregou poliéster, aceiro, ferro, madeira (Acacia, 1976), pedra (Pensando en Stendhal, 1995) e bronce (As agullas da catedral, 1992; Personaxes de Millet, 2000) e innovou coa realización conxuntos articulados e desmontables de cerámica. Da súa obra pública destaca a formación de granito de grandes dimensións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Independentista e escritor filipino. Coñecido como José Rizal, en 1888 fundou en Hong Kong a Liga Filipina, de signo independentista. Publicou as novelas Noli me tangere (1887), onde denunciaba a tiranía colonial española, e El filibusterismo (1891). Foi fusilado despois de escribir o poema “Adiós a mi patria”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador latino de Oriente (1221-1228), fillo de Pedro de Courtenay (Pedro I de Constantinopla). Feble e pouco hábil, foi derrotado en Asia por Xoán III Ducas Vatatzes (1224) e en Europa por Teodoro Anxo Comneno, déspota de Epiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patinadora. Entre 1969 e 1980 ocupou o primeiro lugar da patinaxe sobre xeo mundial. Primeiro formou parella con Alexei Ulanov co que foi campioa de Europa e do mundo de parellas entre 1969 e 1972, ademais de gañar o título olímpico en Sapporo (1972), e despois con Alexander Zaicev co que obtivo os títulos continentais e mundiais entre 1973 e 1980, e os olímpicos de Innsbruck (1976) e Lake Placid (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista e empresario. Coñecido como Manolo e O Gran Capitán, foi o xogador que máis veces vestiu a camiseta do Real Club Celta de Vigo (1965-1981). Internacional coa Selección Española Sub 21, Sub 23 e Olímpica, foi subcampión de España de Fútbol (1964-1965) e subcampión coa Selección Galega (1965-1966). Tras a súa retirada como xogador, foi secretario técnico do Real Club Celta.
VER O DETALLE DO TERMO