"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • GALICIA

    Enxeñeiro e político. Foi director xeral do servizo de Autoestradas e Autovías SA, conselleiro de Industria, Comercio e Turismo (1987-1990) e un dos fundadores de Coalición Galega. Foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985), por Coalición Galega (1985-1993) e polo PSdG-PSOE (1993-1997). Participou no consello de administración da Compañía de Radio Televisión de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Praza Maior de Ourense. Realizada en estilo modernista no s XIX, reconstruíuse en 1891 despois dun afundimento que acontecera dez anos antes. Ten baixo e dous andares cun soportal de tres arcos apoiado en pilastras con columnas. Os balcóns son de ferro fundido coas armas do concello e no alto atópase unha lucerna cun reloxo. No seu interior destaca a escaleira principal con varanda de madeira e un escudo con armas imperiais de Carlos I nun dos descansos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Laxe (Fornelos de Montes). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. En 1765 estreou a ópera Il Negligente, que o consagrou como autor de obras cómicas. Foi mestre de capela de Catalina II en Peterburgo (1776-1783) e de Fernando IV en Nápoles. A súa elegante técnica e o seu talento melódico reflectiuse sobre todo nas súas composicións operísticas. Da súa produción destacan L’idolo cinese (1767), Il Duello (1774) e Il barbiere de Siviglia (1782).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza torneada, de madeira de amieiro, buxo ou nogueira, duns 10 cm de longo, máis ou menos ancho, que se utiliza para realizar encaixes e puntillas.

    2. Ferramenta que utilizan os douradores que consiste nunha vara de madeira cunha punta afiada. Nos procesos de policromía de esculturas ou retablos utilízase para raiar a capa de pintura, eliminala e debuxar motivos ornamentais ao deixar ver o dourado subxacente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terrón de esterco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tubiño de cana aberto por un dos extremos, polo que entra o aire, cunha lingüeta transversal que se estende ao longo da cana. O aire fai vibrar a lingüeta e produce o son continuo do ronco, característico da gaita. A lonxitude do pallón inflúe na súa tonalidade, xa que os que van situados no ronco son máis grandes ca os colocados no ronquillo. Adoitan facerse de cana, aínda que tamén os hai doutros materiais, como metal ou plástico, que permiten unha afinación máis precisa.

    2. Palla de millo sen espiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ourol (Guntín). Datada a principios do s XVIII, aínda que con reformas posteriores, ten planta de forma cuadrangular e un andar. Presenta cuberta a catro augas e unha cheminea de boas proporcións. Ten un hórreo, un pombal e unha capela familiar de planta rectangular, construída en 1766.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Seara (Quiroga). O seu cumio acada os 1.427 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é semellante á palla.

    2. Que contén palla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caseta co teito de palla.

    2. pallal.

    3. Montón de palla ou de herba que se fai na leira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. pallota.

    2. Palleiro que se fai con canas de millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Fundador da etruscoloxía moderna, foi o artífice dunha prestixiosa escola de arqueoloxía e protohistoria na Universidade de Roma. Escribiu Etruscologia (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción de planta redonda da arquitectura popular galega con presenza ao longo das distintas etapas históricas. É unha das vivendas máis primitivas do NO da Península, que aínda pervive nalgúns lugares das serras luguesas. Este primitivismo maniféstase ao se constituír nunha unidade en que se integra a vivenda, corte, forno e almacén. A súa orixe non se coñece con precisión e moitos autores identifícana coas casoupas redondas das vivendas castrexas, con paralelismo no aparello dos muros, nos escasos ocos e na cuberta vexetal. Aséntase en terras montañosas, de topografía abrupta e climatoloxía moi adversa, e localízase en asentamentos situados a media ladeira e de terras aptas para o cultivo. A evolución da primitiva casa de planta circular deu orixe aos seguintes modelos espaciais: a palloza de planta oval, a máis numerosa, a de planta elíptica, a elíptica truncada polos extremos, en forma de barril, e a de planta rectangular redondeada, semellante á primitiva casa térrea. A construción...

    2. Edificación con teito de palla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no Baix Llobregat (2.696 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Mallorca e capital das Illes Balears, situado no extremo das abas da serra da Tramuntana (333.801 h [2001]). É sede do Consell Insular de Mallorca e do bispado de Mallorca. O seu núcleo urbano está composto pola cidade antiga, arredor da que se dispuxeron o ensanche e novos núcleos periféricos edificados a partir da década de 1970. A poboación activa dedícase basicamente ás actividades terciarias e secundarias, mentres que o sector primario é minoritario e está adicado aos cultivos herbáceos e ás froiteiras de secaño. A industria relacionada co turismo, como a construción, as industrias do metal, da madeira e alimentarias, está en expansión. É un dos centros turísticos máis destacados do Mediterráneo. Foi un municipio romano fundado por Quinto Cecilio Metelo tras a súa vitoria sobre os habitantes das illas (123-122 a C) e poboado con parte dos colonos romanos de Iberia que o acompañaban. Os vándalos ocupárono tras a morte de Valentiniano III (455) e foi reconquistado polos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jacopo Nigretti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben diversas especies de plantas herbáceas dos xéneros Coleostephus, Calendula e Chrysanthemum (C. myconis, C. segetum, C. coronarium e C. vulgare), da familia das asteráceas, de talos rectos e ramificados, follas dentadas, flores de cor amarela agrupadas en capítulos illados e froitos en aquenio. OBS: Tamén se denomina herba brava ou pampullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Coa chegada da Segunda República organizou en Mos o partido Acción Republicana, posteriormente Izquierda Republicana. Alcalde de Mos en 1936, ao comezo da Guerra Civil foi detido e condenado a morte. Logrou saír do cárcere e fuxiu a Portugal desde onde se trasladou a Arxentina. En Bos Aires integrouse no Centro Republicano Español e foi membro do Consello de Galiza. Colaborou en diversos programas radiofónicos como Galicia Emigrante.

    VER O DETALLE DO TERMO