"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Muller que acompañaba os velorios e os enterros chorando, xeralmente a cambio dunha cantidade de diñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cefalópodo pertencente ás especies do xénero Sepia que non sobrepasan os 10 cm de lonxitude. Ten o corpo ovado e comprimido, con dúas aletas marxinais que o percorren; ao redor da boca presentan oito brazos, con catro fileiras de ventosas, e dous tentáculos moito máis longos, retráctiles que rematan nunha zona máis ancha. En Galicia están presentes as especies: S. elegans, especie costeira, de ata 8 cm de lonxitude, con cuncha interna e cunha pequena espiña apical; e S. orbignyana, de ata 10 cm de lonxitude, e cuncha interna cunha grande espiña apical que sobresae do corpo. É unha especie que vive na plataforma continental galega entre os 80 e 250 m de profundidade, sen achegarse á costa.

    2. Cefalópodo de ata 5 cm de lonxitude, de corpo arredondado, con dúas aletas circulares, unha cuncha interna reducida e de natureza quitinosa, brazos curtos e tentáculos retráctiles e de hábitos bentónicos ou peláxicos. Nas costas galegas están presentes as especies: Rondeletiola minor, Rossia macrosoma, Sepiola atlantica e Sepieta oweniana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘viño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á locución ‘viño branco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘viño tinto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Realizou estudios en París e en 1957 instalouse en Xerusalén. É autor de diversos ensaios onde trata o mundo xudeu: Histoire du judaïsme (Historia do xudaísmo, 1957), La pensée juive (O pensamento xudeu, 1965) e Retour aux racines (Volta ás raíces, 1981). Realizou a tradución da Biblia en vinte e seis volumes (1974-1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político canadense. En 1963 foi elixido membro da Cámara dos Comúns de Canadá polo Partido Liberal. Fíxose cargo de varias carteiras ministeriais: Asuntos Indios e do Norte canadense (1968-1974), Industria e Comercio (1976-1977), Finanzas (1977-1979), Xustiza (1980-1982) e Enerxía, Minas e Recursos (1982-1984). Despois de converterse en líder do seu partido, foi elixido primeiro ministro de Canadá nas eleccións de 1993, cargo que renovou nos comicios de 1997 e de 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Christian Maudet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Chile, na rexión de Antofagasta, situada no val do río Loa (12.723 h [1992]). Ten un dos máis importantes filóns de cobre do mundo. No referente aos servicios e ao comercio, depende da cidade de Calama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Bolivia, drenado polo río Pilcomayo (51.524 km2; 549.835 h [estim 1997]). A capital é Sucre (149.097 h [1995]). A agricultura (viña, trigo e tabaco) e unha pequena industria vinícola son as principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Restaurante dotado dun asador especializado en asar na grella a carne do corte denominado churrasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa graciosa e ocorrente que resulta agradable.

    2. Aplícase á persoa que posúe un corpo harmonioso e que é elegante. Ex: Tes unha moza ben churrusqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de roupa impermeable, normalmente con carapucha e dun material lixeiro, que cobre todo o corpo e impide que traspase a auga da chuvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de cobre e aluminio hidratado de fórmula Cu4Al2(OH)12SO4·2H2O. Cristaliza no sistema rómbico en cristais capilares azuis. Ten peso específico 2,74-2,95.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián. Segundo conta a lenda, ao nacer foi consagrado ao demo polos seus pais. Co tempo adquiriu poderes satánicos e converteuse en meigo. Cibrán o Mago coñeceu en Antioquía unha doncela cristiá, Xustina, da que se namorou. Ao non ser correspondido, recorreu ás súas malas artes para seducila pero Xustina logrou librarse da influencia demoníaca grazas ao sinal da cruz. Tamén Cibrán foi quen de coñecer a graza divina logo de se persignar; daquela, acudiu ao bispo de Antioquía para recibir o bautismo, foi ordenado diácono e consagrado bispo, e fundou un mosteiro no que nomeou abadesa a Xustina. Pero, ao pouco, ambos os dous foron encarcerados e martirizados por orde de Diocleciano; ao saíren das torturas sen mal ningún, foron enviados a Nicomedia e decapitados sete días despois. A reforma litúrxica posterior ao Concilio Vaticano II eliminouno do calendario romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos alicíclicos cun ou máis enlaces dobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos alicíclicos cun ou máis enlaces triples.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricio romano. Elixido cónsul no 460 a C, foi nomeado ditador no 458 a C para axudar o cónsul Municio na campaña contra os ecuos. No 438 a C foi de novo ditador, para combater os proxectos democráticos do patricio Espurio Melio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Foral de Navarra, situado no Camiño Francés de Peregrinación a Santiago de Compostela, 6 km despois de Puente la Reina (454 h [1996]). Entre o seu patrimonio monumental destaca a igrexa de San Román e, sobre todo, restos da antiga calzada romana de Traxano, cunha ponte dun só arco.

    VER O DETALLE DO TERMO