"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Método analítico para a determinación de pesos moleculares de substancias, introducido por K. Rast (1922), que se basea nunha das propiedades coligativas das disolucións, o descenso crioscópico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Traballou en París pero, chamado a Peterburgo (1716), foi protexido por Pedro I de Rusia, para quen fixo Estatua ecuestre de Pedro o Grande na praza dos Enxeñeiros e a Estatua da tsarina Anna Ivanovna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, fillo de Bartolomeo Carlo Rastrelli. Iniciouse en París con R. de Cotte e o seu pai, e xunto con el e con Le Blond foi a Peterburgo en 1716. A Tsarina Isabel Petrovna nomeouno arquitecto da corte e en 1741 confioulle a transformación arquitectónica e urbanística da cidade con modelos italianos e franceses de inspiración renacentista e manierista. Das súas obras destacan os palacios de Verán (1741-1744), o Peterhof (1747-1752) e os palacios de Carskoje Selo (1749-1756) e de Inverno (1754-1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome común co que se coñecen algúns roedores da familia dos múridos, como os que pertencen aos xéneros Apodemus, Galemys, Micromys e Mus.

      2. rato caseiro [Mus musculus, Fam dos múridos]

        Roedor de ata 10 cm de lonxitude e cola do mesmo tamaño, que ten unha pelaxe parda agrisada, fociño aguzado, ollos negros e pequenos, e cola anelada escamosa. É activo principalmente durante o crepúsculo e na primeira metade da noite. É rápido e cauteloso, e vive formando pequenos grupos. Aliméntase de sementes e insectos, e aínda que é orixinario das estepas, a súa distribución é moi extensa, xa que están presentes en toda Europa.

      3. rato da fraga [Apodemus flavicollis, Fam dos múridos]

        Mamífero de ata 13 cm de lonxitude e outro tanto de cola, que é prénsil, coa pelaxe dorsal parda e a ventral branca, cunha mancha amarela transversal no pescozo, longos pés e grandes orellas. É de costumes nocturnas e aliméntase de sementes, insectos e caracois. Pode localizarse en bosques, matogueiras e cultivos, e distribúese polo centro de Europa e a franxa pirenaica.

      4. rato de campo [Apodemus sylvaticus, Fam dos múridos]

        Roedor de ata 11 cm de lonxitude, e outros tantos de cola, de pelaxe parda amarelenta no dorso e ventre branco agrisado cunha mancha amarela transversal pequena no pescozo. Ten costumes nocturnas e aliméntase de sementes, brotes e insectos terrestres, e entre os seus inimigos están os raposos e as rapaces nocturnas. Habita en bosques e zonas de matogueira espesa, e distribúese por case toda Europa, na Península Ibérica e en Galicia.

      5. rato de almiscre

          auganeira.

      6. rato espigueiro [Micromys minutus, Fam dos múridos]

        Roedor de ata 7,5 cm de lonxitude e ata 7,2 cm de cola, que é prénsil, coa pelaxe parda no dorso e algo máis clara no ventre. Activos de día e de noite, utiliza talos herbáceos para construír os seus niños, colgados de matogueiras, polo que trepa moi ben. Aliméntase de sementes e brotes novos, habita nos lindeiros dos bosques ou en campos de cereais, e distribúese por case toda Europa, agás na Península Ibérica, Grecia, Irlanda e os países nórdicos.

    1. Dispositivo de diálogo que permite mandar o desprazamento dun punto sobre a pantalla dun visualizador e, así, designar unha zona sobre a súa superficie.

      1. Nome que reciben os peixes teleósteos, dos xéneros Coelorhynchus, Nezumia e Trachyrhynchus, que se caracterizan por presentar o corpo e o fociño moi alongados.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao matrimonio que, malia estar celebrado lexitimamente, aínda non se consumou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Aguas Santas (Allariz). O seu cumio acada os 560 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid (1971), realizou un máster en Bussines Administratiton pola UC Berkeley (California, 1974) e é doutor en Economía pola Universidad Complutense (2003). Foi secretario xeral adxunto de AP (1984-1986), secretario (1982-1984) e voceiro do grupo parlamentario popular (1989-1996) e vicesecretario xeral do PP (1996-2004). Deputado por AP (1982-1989) e polo PP (1989-2004), foi vicepresidente segundo do goberno (1996-2003), ministro de Economía e Facenda (1996-2000), ministro de Economía (2000-2004) e vicepresidente primeiro do goberno (2003-2004). En 2004 foi elixido director-xerente do Fondo Monetario Internacional (FMI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se publicou en Vilalba desde o 1 de xuño de 1911 ata 1915. Subtitulada “El de mayor circulación de Vilalba” e “Órgano oficial de las clases de ratas municipales”, foi dirixida por Manuel Peña Novo e Manuel Felpeto. Cunha periodicidade mensual, en 1913 pasou a ser quincenal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote do Atlántico situado na ría de Arousa, fronte á punta de Cabío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en Sant Sadurní d’Anoia (1885) por Manuel Raventós i Domènech que tomou o nome de Codorniu SA. Especializouse na elaboración de viño escumoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Asociado con Cristóbal Crespo González e Carlos Luis Quintáns Eiras, as súas obras caracterizáronse pola austeridade de volumes e a integración das construcións no seu contorno. Destacan a nova sede da delegación do COAG da Coruña (1993, Premio COAG 1994 e Premio Julio Galán Carvajal 1995); as piscinas para a deputación da Coruña (Premio COAG 2000); e a piscina cuberta da Laracha (Premio COAG 2000 e Premio Julio Galán Carbajal 2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de razoar.

    2. Conxunto de proposicións ou ideas que serven para demostrar, xustificar ou explicar unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reabastecer ou reabastecerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Motor de reacción que consome o osíxeno do aire como comburente e que funciona por reacción directa, sen accionar apenas hélice.

      2. Avión impulsado por un ou máis motores de reacción.

      1. Recipiente en que se efectúa industrialmente unha reacción química.

      2. Matraz que ten distintas bocas, de diferentes diámetros, para poderlle ser incorporados aparatos, como un axitador, un termómetro, un refrixerante ou un funil de adición, para poder levar a cabo reaccións.

      3. reactor nuclear

        Dispositivo deseñado para producir, de maneira controlada, unha reacción nuclear, de fisión ou de fusión, co fin de aproveitar a enerxía ou a radiación liberada, e que é o compoñente esencial dunha central nuclear. Distínguense dous tipos básicos de reactores: os de neutróns lentos e os de neutróns rápidos. Os reactores de neutróns lentos utilizan como combustible nuclear o uranio natural, ou ben uranio enriquecido. Unha vez utilizado o combustible, cómpre procesalo e almacenar os residuos radioactivos. Este tipo de reactor ha de incluír un moderador, que emprega auga, auga pesada ou grafito. O combustible e o moderador son os elementos esenciais do núcleo do reactor, que xeralmente non é máis ca unha ringleira de barras de combustible que penetran en cadanseu orificio feito no moderador. A enerxía liberada no núcleo do reactor extráese mediante un fluído, o caloportador, que transporta a enerxía, en forma de calor, ata un intercambiador de calor, que a miúdo é un xerador de vapor....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reagrupar ou reagruparse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corporación de carácter científico, técnico, humanístico e social de ámbito nacional que se fundou en Madrid en 1920. Os seus obxectivos son contribuír ao desenvolvemento da ciencias, letras, artes e de todo aquilo que difunda a cultura; servir de nexo entre os seus membros e os doutores doutros países para promover o intercambio cultural e as relacións entre entidades científicas; e asesorar a entes públicos e privados que o soliciten sobre asuntos inherentes á cultura, á ciencia e á tecnoloxía.Ten académicos numerarios, supernumerarios, correspondentes e de honra. Divídese nas seccións de Teología, Humanidades, Derecho, Medicina, Ciencias Experimentales, Farmacia, Ciencias Políticas y de la Economía, Ingeniería, Arquitectura y Bellas Artes, e Veterinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid, a consecuencia do desenvolvemento dun parladoiro sostido regularmente desde 1735 por varios eruditos madrileños no domicilio de Julián de Hermosilla, avogado dos Reais Consellos, para falar sobre temas de historia. Esta xuntanza, que os agrupaba baixo o nome de Academia Universal, foi transformada por Filipe V na Real Academia de la Historia (1738). Inicialmente reuniuse na Biblioteca Real e en 1773 trasladouse á Casa de la Panadería, onde permaneceu ata conseguir un emprazamento definitivo en 1871, a Casa del Nuevo Rezado. O seu obxectivo foi o de crear un espazo para debater sobre os asuntos históricos, en especial os do propio país. A súa actuación desenvólvese a través das comisións de Indias, Historia Eclesiástica, Antigüedades, Estudios Clásicos, Cortes y Fueros, Estudios Orientales y Medievales, Publicaciones, Heráldica, Correspondientes, Hacienda y Gobierno e Mixta de las Reales Academias de La Historia y de Bellas Artes de San Fernando. Destacan o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral que se creou en Ferrol en decembro de 1914. Formouse por iniciativa dunha serie de persoas vinculadas ao folclore tradicional, como o gaiteiro Manuel Lorenzo Barja ou Cayetano Vaello. Presentada no Teatro Jofre de Ferrol en 1915, é a agrupación coral decana en Galicia e unha das máis antigas de España. En 1922 realizaron a gravación do primeiro disco baixo a dirección de Manuel Lorenzo e en 1928 o Rei Afonso XIII concedeulle o título de “Real Coro”. Actuou por diversas cidades españolas a finais da década de 1940 e gravou catro discos. En 1965 celebrou o 50 aniversario da súa fundación cunha serie de actos culturais e en 1969 organizou o I Festival de Arte Galego. Posteriormente, realizou unha importante xira polo estranxeiro, como o Festival Intercéltico de Lorient (1980) ou o Festival Folclórico da Emigración en Saint Pierre de Neully (1982). En 1995 celebrou o seu 80 aniversario cunha actuación no teatro Jofre, acompañado das outras seccións musicais da agrupación. Ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Decreto-Lei aprobado polo goberno da UCD o 16 de marzo de 1978, que foi publicado no BOE dous días máis tarde e no que se lle concedeu a Galicia un réxime de autonomía transitoria. Organizado en 11 artigos e tres disposicións finais, instituíu a Xunta de Galicia como órgano de goberno con personalidade xurídica plena para xestionar e administrar os servizos e funcións cedidos pola administración central, propoñer ao goberno medidas relacionadas cos intereses de Galicia e integrar as funcións das catro deputacións provinciais en canto atinxisen aos intereses xerais de Galicia. De acordo con este Decreto, e co Real Decreto 474/1978 que o desenvolvía, o goberno preautonómico galego, que se constituíu o 18 de abril baixo a presidencia de Antonio Rosón Pérez, exerceu provisionalmente as súas funcións en tanto non se constituíron os órganos definitivos da Comunidade Autónoma de Galicia, definidos no Estatuto de Autonomía de 1981. O feito de ser considerada unha nacionalidade...

    VER O DETALLE DO TERMO