"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á ecuación alxébrica que ten unha ou máis incógnitas e os coeficientes son números enteiros. Nela trátase de determinar os valores enteiros das variables que satisfagan estas ecuacións.
-
PERSOEIRO
Matemático. Os seus escritos sobre álxebra contribuíron de maneira esencial ao perfeccionamento da notación alxébrica e ao establecemento de novas vías de investigación. Na súa obra principal, Aritmética, que consta de trece libros dos que só se conservan seis, tratou unha ampla serie de problemas numéricos, aínda que se limitou en xeral a procurar solucións particulares mediante algunha artimaña de cálculo e admitir só como solucións os números enteiros e racionais positivos. A súa obra influíu no posterior desenvolvemento da xeometría analítica, na teoría dos números e na álxebra moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e mártir. Foi decapitado durante a persecución de Diocleciano no ano 304. A súa festividade celébrase o 16 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Saviñao. Pertenceu ao antigo mosteiro fundado por Odoario baixo a advocación de santo Estevo e que doou ao mosteiro de Santo Adrián de Montederramo, pero baixo a xurisdición do bispo de Lugo. No 954, o bispo lucense Hermenexildo, concedeu ao seu tío o abade Randino, o establecemento dunha comunidade relixiosa dúplice coa condición de seguir baixo a autoridade lucense. No 976, Senior, sobriña do bispo de Tui Ermoxio, doou varias igrexas ao bispo de Lugo entre as que estaba o mosteiro propiedade do seu tío. Posteriormente, pertenceu ao cabido lucense e foi dominio real. En 1164, Fernando II cedeullo a Fernando Odoáriz e a súa dona xa baixo a advocación de san Paio. Afonso IX confirmou á Igrexa de Lugo o coto e a igrexa de Diomondi e en 1231 Fernando III reafirmou esta confirmación. A igrexa é románica e, segundo as súas características arquitectónicas e ornamentais, construíuse cara ao 1200. Ten unha soa nave con cuberta de madeira a dúas augas e dividida en cinco...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo, eséxeta e místico. Coñecido como Doctor Extático, buscou a vigorización da vida contemplativa a través do traballo intelectual.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Estudiou en París, onde se dedicou a difundir o concepto de negritude a través da revista Présence Africaine. Publicou, entre outras obras, Nations nègres et culture (Nacións negras e cultura, 1955) e Antériorité des civilisations nègres: mythe ou vérité historique (Anterioridade das civilizacións negras: mito ou verdade histórica, 1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Modisto francés. Está considerado como un dos creadores máis destacados da moda internacional. Estudiou ciencias políticas ne École des Sciences Politiques. Comezou rexentando unha galería de arte (1930) e deseñando modelos para outros modistos. Entre 1928 e 1931 foi un vendedor de arte recoñecido. Acabada a Segunda Guerra Mundial, estableceuse pola súa conta. A partir de 1947 creou a casa de modas que leva o seu nome e foi gañando progresivamente unha gran reputación como creador. Impuxo un estilo que regresaba á feminidade e ao luxo: os ombreiros redondeados, a cintura acentuada e enormes saias en forma de campá, á vez que incorporou o prêt-a-porter ás pasarelas. Trala súa morte, introducíronse no mercado perfumes e complementos co seu nome. A Casa Dior continuou o seu labor, primeiro baixo a batuta de Yves Saint Laurent, e logo cos deseños de John Galiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político nixeriano. Foi vicepresidente da Assemblée Nationale Française (1957) e dirixente do Rassemblement Démocratique Africain. En 1958 foi elixido primeiro ministro de Níxer, e dous anos máis tarde ocupou a presidencia da nova república. Reelixido en 1965 e 1970, continuou ocupando cargos políticos, como presidente, primeiro ministro e ministro de Asuntos Exteriores. Deposto por un golpe militar en 1974, exiliouse a Marrocos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Mestre especialista en Ciencias Sociais, licenciouse en Xeografía e Historia (1997). Durante a súa etapa universitaria, na Ditadura, participou no movemento estudiantil, nos Comités de Curso, xermolos sindicais clandestinos, militando en Larga Marcha e en Información Obreira, para logo confluír no proceso de unificación no Partido de Traballo. Sindicalmente foi secretario xeral da UTEG, da Federación de Ensino da Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG), da súa comisión executiva, e da Confederación Intersindical Galega (CIG), e presidente da CIG ensino. Representou o profesorado galego en varias lexislaturas, tanto no Consello Escolar de Galicia como no Consejo Escolar del Estado. Tamén formou parte da dirección do PSG-EG e de UG. Non obstante , dende 1996 abandonou toda militancia sindical e política para dedicarse ao seu labor educativo como membro fundador e presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, dende o que promove a celebración do Día Escolar...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro antifranquista. Dende neno actuou como enlace das guerrillas. Incorporado en 1948 á guerrilla de choque, participou en diversas accións en distintos puntos de Galicia. Foi un dos integrantes do grupo que tentou liberar os guerrilleiros retidos na cárcere da Coruña en 1948. Capturado en Ourense o 18 de novembro de 1949, conmutáronlle a pena de morte por unha cadea de trinta anos. Nos anos sesenta organizou as Comisións Campesiñas de Xinzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Musicólogo. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de música e literatura na Universidade Laboral e de galego e lingua e literatura española no instituto Otero Pedrayo de Ourense ata a súa xubilación. Cursou os primeiros estudios musicais con sor Luísa Galiano e despois continuounos no seminario de Ourense e con Antonio Jaunsarás. Foi mestre do coro masculino do instituto de Ourense e director da Coral Ruada (1955-1990), para a que compuxo música e letra de diversos temas populares e polifónicos. Colaborou no Boletín Auriense, con traballos como “Cinco villancicos del siglo XVI” ou “O primitivismo do alalá”. Parte da súa obra poética está contida en Sete poetas ourensáns (1992) e en Ourense craro río verde val, e moitas das súas composicións musicais editadas en traballos discográficos de diferentes artistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico grego. Viviu e elaborou a súa obra durante o goberno de Nerón (54-68). Foi médico da armada romana en tempos de Claudio e Nerón. Estas circunstancias déronlle a oportunidade de viaxar e coñecer moitas provincias do Imperio Romano. A súa obra Peri hylesiatrikes (De materia médica), constitúe un tratado básico de farmacopea. De obrigada consulta en todo o mundo grego, latino e árabe dende o século II ata a Idade Moderna, influíu decisivamente na Idade Media, principalmente na medicina islámica e na renacentista. Baséase, ademais de na experiencia do autor como profesional, nos coñecementos anteriores, concentrados arredor de Alexandría. Nesta obra descríbense máis de 600 especies de plantas, 90 minerais e 30 produtos procedentes de animais; cada un deles reprodúcese por medio dun debuxo, acompañado dunha descrición das súas propiedades terapéuticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Alexandría (444-451). Seguiu as doutrinas do monxe Eutiques, quen consideraba que a unión das dúas naturezas de Cristo era tan estreita que a súa humanidade era pura aparencia. Cando condenaron este monxe, reuniu un concilio en Éfeso (449), no que conseguiu rehabilitar as formulacións monofisitas. No Concilio ecuménico de Calcedonia (451), rexeitaron a súa doutrina e foi deposto e enviado ao exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido tóxico, incoloro e inflamable, de cheiro agradable, soluble en auga e disolventes orgánicos, con punto de ebulición de 101,5°C, obtido por destilación do etilenglicol con H2SO4. Emprégase como disolvente dunha gran variedade de compostos orgánicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno relativo aos fungos que presentan dúas formas de zoosporas. As zoosporas primarias liberadas, despois de se enquistaren, orixinan unha zoospora secundaria que formará agrupacións celulares; posteriormente, enquistarán e xerminarán co que orixina un tubo xerminal e unha hifa. O período entre esporas primarias e secundarias varía segundo as especies. Pode ocorrer que as zoosporas primarias non cheguen a saír do esporanxio e só sexan libres as secundarias. Este fenómeno preséntano, entre outros, os fungos do xénero Saprolegnia.
-
PERSOEIRO
Médico, alquimista e teólogo alemán. Descubriu o aceite que leva o seu nome, o aceite de Dippel, que obtivo por destilación de distintas partes do corpo dos animais. Descubriu tamén o azul de Prusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Impulso morboso e irresistible polas bebidas alcohólicas de alta graduación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen padece dipsomanía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
dipsomaníaco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada para o goberno da provincia de Villafranca del Bierzo (que integraba territorios das comarcas do Bierzo, Laciana e Valdeorras), proclamada polas Cortes españolas o 15 de outubro de 1821. Estableceu a súa sede no antigo convento da Compañía de Xesús (expulsada de España en 1767 e 1820), en Villafranca del Bierzo. Incluía representantes dos catro partidos nos que se dividiu a provincia (O Barco de Valdeorras, Ponferrada, Toreno e Villafranca del Bierzo). A entrada no Bierzo do exército expedicionario enviado pola Santa Alianza (Os Cen Mil Fillos de San Luís), significou a súa disolución na práctica en xullo de 1823, que se consumou legalmente coa derrogación da Constitución por decreto do Rei Fernando VII en novembro dese ano.