"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Poñer a distancia ou separalas máis, cousas ou persoas que estaban xuntas.
-
Afastar, afectiva ou ideoloxicamente, dúas ou máis persoas.
-
Afastarse ou aumentar a distancia á que se encontraban cousas ou persoas que estaban xuntas.
-
Afastarse, afectiva ou ideoloxicamente, persoas ou unha persoa doutra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de medición electrónica das distancias. Utiliza normalmente un raio luminoso (xeodímetro) ou unha radiación non visible (telurómetro).
-
-
Que está a unha determinada distancia espacial ou temporal.
-
Que non manifesta interese no trato afectivo con outra ou outras persoas.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilalba. Pertenceu a un antigo mosteiro. Reformada en 1923, ten planta rectangular cunha soa nave e capela maior. Ten cuberta a unha auga. No interior conserva unha cruz procesional e un cáliz do s XVII, e esculturas do s XVIII. No exterior, a fachada é arquitrabada e ten unha espadana dun corpo con dous vans. O atrio (1889) está formado por dúas pilastras de pedra. Consérvase un cruceiro coas imaxes de Cristo e da Piedade, e cunha inscrición de indulxencias na base datada en 1889.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Monforte de Lemos. Construíuse a partir dos muros da primitiva igrexa do s X que pertenceu ao mosteiro de Cinsa. No interior destaca o retablo maior neoclásico coas imaxes de santa Bárbara, Cristo e santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que foi coñecido o réxime de transición presidido polo xeneral Dámaso Berenguer (28.1.1930-14.2.1931), que substituíu a Ditadura de Primo de Rivera. Aplicouse tamén ao goberno presidido polo almirante Juan B. Aznar (18.2.1931), que preparou as eleccións do 12 de abril de 1931.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de horas de Fernando I.
-
-
divagador.
-
Aplícase ao animal que se presenta, de xeito ocasional, fóra da área de distribución habitual. É frecuente no caso dalgunhas aves migratorias cando se desvían da súa ruta; por exemplo, a aparición de limícolos americanos nas costas galegas.
-
Aplícase ao curso dunha corrente de auga nun tramo concreto, no que amosa direccións cambiantes nun período de tempo relativamente breve. Débese á existencia dunha pendente moi débil, circunstancia que non favorece a incisión basal.
-
-
-
Especie de sofá baixo, sen respaldo, que ten coxíns soltos e que pode facer de leito.
-
Sala de recepción das casas turcas ou persas, provista ao seu redor de coxíns para sentarse.
-
-
Sala onde se reunía o consello de estado no Imperio Otomano.
-
Nome dado ao consello que foi, ata o s XVII, o organismo central do goberno do Imperio Otomano. A súa función era consultiva e as decisións finais eran da incumbencia do gran visir.
-
-
Na literatura islámica, colección de obras poéticas dun autor. Na época moderna, autores como Goethe ou F. García Lorca usaron este termo para designar coleccións de poemas de tema exótico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica italiana realizada en 1961. Foi dirixida por Pietro Germi e interpretada por Marcello Mastroianni, Daniella Rocca, Stefania Sandrelli e Leopoldo Trieste. O filme expón unha situación paradóxica con fundamento na realidade. O asasinato dun cónxuxe que comete adulterio non se castiga na lexislación italiana con máis de sete anos de cadea. Esta situación fai que o protagonista mate a súa muller para así poder casar con outra da que está namorado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de jazz tradicional xurdido en Louisiana a comezos do s XX e practicado por músicos brancos, a imitación do estilo dos músicos negros de New Orleans. Executado por pequenos conxuntos instrumentais, caracterízase por unha polifonía improvisada polos instrumentos de vento. Emprega unha linguaxe melódica expresiva e harmonicamente moi simple.
-
PERSOEIRO
Director de orquestra. Estudiou en Nova York onde fundou unha orquestra de cámara no ano 1938. Foi director da orquestra da NBC, da Filharmónica de Nova York, da Orquestra Sinfónica de Sydney, da Orquestra Sinfónica de Göteborg e da Orquestra Sinfónica da Radio de Hesse.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e avogado. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Como membro do Partido Popular foi concelleiro (1983-1987), presidente do Comité Local (1989-1995) e alcalde (1987-1990) de Tui. Deputado do Parlamento galego entre 1990 e 1996, en 1993 tomou posesión como conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Abandonou este cargo en 1996, ao ser designado delegado do Goberno en Galicia. Entre 1995 e 1996 foi presidente da Sociedade Galega de Medioambiente Natural (Sogama). Desde maio do 2000 foi conselleiro sen carteira para Relacións Institucionais, cargo que sumou desde xaneiro de 2001 ao de conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ana María González Diz.
-
PERSOEIRO
Político e escritor iugoslavo. Foi un dos principais organizadores das Brigadas Internacionais que loitaron en España durante a Guerra Civil e da resistencia antinazi en Montenegro. Membro do Partido Comunista desde 1932, desempeñou diversas carteiras ministeriais ata 1954, ano no que foi expulsado do partido pola súa posición crítica. Estivo encarcerado entre 1954 e 1961, e de 1962 a 1966. Da súa autoría é A nova clase, obra crítica co réxime iugoslavo, escrita na cadea e publicada en Nova York (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político serbio. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Belgrado (1974), exiliouse en Alemaña (1977), onde traballou como profesor e ampliou a súa formación de filoloxía e socioloxía. Volveu a Iugoslavia como docente na Universidade de Novi Sad e vinculouse ao núcleo da disidencia serbia denominado Centro de Filosofía e Teoría Social de Belgrado (1985). Participou na refundación do Demokratska Stranka (11.12.1989), accedeu á Asemblea Popular nas eleccións serbias (1990) e gañou un escano na Cámara das Repúblicas (1992). Presidente do partido dende 1994, elaborou propostas de reformas políticas e económicas para Serbia, apoiou os Acordos de Dayton (1995) e intensificou as críticas ao réxime de S. Milosěvić. En 1996 estableceu unha alianza con Draskovic e Vesna Pesic para elaborar as listas conxuntas das eleccións federais iugoslavas e das municipais serbias. Elixido alcalde de Belgrado (21.2.1997), perdeu a alcaldía en setembro. Trala capitulación do país, o 10 de xaneiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político iugoslavo. Licenciado en Economía na Universidade de Titogrado (actual Petrogrado, 1980-1986), foi membro da Liga da Xuventude Socialista de Montenegro (SSOCG) e da Liga de Comunistas de Montenegro (SKCG), denominada dende 1991 Demokratska Partija Socijalista Crna Gora (DPS). En 1987 nomeárono presidente da SSOCG e membro do comité central da SKCG. Primeiro ministro de Montenegro entre 1991 e 1998, mantivo diferencias con M. Bulatović, presidente da república, e con S. Milosĕvić, presidente da República Federal Iugoslava. Mostrouse a favor da presenza de Montenegro en Iugoslavia pero tentou equiparar o seu papel ao de Serbia. A división interna do DPS entre os seus partidarios e os de Bulatović, provocou que os dous líderes se presentaran ás eleccións de 1997. Trala celebración dunha segunda volta, Djukanovic foi proclamado presidente o 15 de xaneiro de 1998. Durante o conflito de Kosovo esixiu o cese da represión militar contra a guerrilla albanesa, a restauración...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e cóengo de Cracovia. Coñecido como Longinus, foi un dos primeiros representantes do humanismo en Polonia. Escribiu Historiae Poloniae libri XII (Historias de Polonia XII libros, 1455-1480), impresa en 1614.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político polaco. Foi un dos fundadores da asociación clandestina Liga Nacional e creou no exilio o Partido Nacional Demócrata (1897) co obxectivo de restablecer o Estado polaco. Delegado de Polonia no tratado na Conferencia de Paz de París (1919), coa independencia do seu país foi deputado (1919-1921), ministro de Asuntos Exteriores (1923-1926) e dirixente da Liga Cristiá da Unión Nacional. Despois do golpe de estado de Pilsudski (1926), dirixiu unha oposición moderada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Vigo a partir do ano 1994 e subtitulada “Voceiro da Asociación de Gaiteiros Galegos”. Dirixida por Mª Xosé López, contou cun consello de redacción formado por Luis Correa, Xosé Manuel Fernández e Toniño López. Incluíu colaboracións de Cándido Meixide, Marcos M. Valcárcel, Luis Prego, Héctor Silveiro, Xaquín Xesteira, Ramón Vázquez Acha e Carlos Igrexas, entre outros. Inseriu referencias á historia da gaita e á percusión en Galicia, partituras, panxoliñas, crítica musical sobre discos e libros, novas breves e artigos en homenaxe a Adelino Pichel, Celestino Carballa e outros músicos destacados.