"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Suspensión das hostilidades establecida entre Filipe III e as Provincias Unidas (1609-1621) no transcurso da guerra de Flandres. O acordo foi asinado en Anveres o 9 de abril de 1609 polos arquiduques Alberte e Isabel Clara Uxia, como representantes da monarquía española, que esixía o libre exercicio da relixión católica nos seus estados e a abstención do comercio coas Indias. Non obstante , as Provincias Unidas conseguiron a independencia de facto, diversas vantaxes comerciais e conservaron as conquistas feitas durante a guerra. A tregua finalizou o 9 de abril de 1621, coa chegada ao poder dos partidarios da non renovación da tregua nos Países Baixos, e o estalido da guerra dos Trinta Anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partidario da Constitución de Cádiz (1812). Coñécese tamén con esta denominación os liberais moderados encabezados por Martínez de la Rosa e o conde de Toreno, que pretendían unha revisión da Constitución de 1812 co fin de instaurar un réxime bicameral. Tiveron unha actuación destacada e dominaron as Cortes no primeiro período do Trienio Constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Astrónomo. Estudiou matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, universidade na que tamén realizou o doutoramento en Astronomía. Profesor de astronomía e matemáticas na Universidad de Zaragoza (1973-1981) e, dende 1981, na universidade compostelá, centrou o seu labor investigador no estudo dos sistemas estelares múltiples. Director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (1983), é o impulsor da construción do Observatorio Astronómico de Monte Faro. Participou en numerosos congresos de astronomía e astrofísica e é autor de máis de 50 artigos científicos, difundidos en publicacións de ámbito nacional e internacional, e coautor, xunto con A. Elipe, do libro Astronomía: 280 problemas resueltos (1983). Dende novembro de 1985 é membro da Unión Astronómica Internacional (UAI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Locución que indica, nun sentido amplo, o coñecemento necesariamente limitado que se pode chegar a posuír de Deus. Ten orixe na obra de Nicolau de Cusa, De Docta Ignorantia (1440).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de Grecia, situado ao S do mar Exeo, que constitúe o nomós do Dodecaneso (2.714 km2; 163.476 h [1991]). A capital é Rodas. Está formada polas illas de Astypálaia, Leros, Kálymnos, Telos, Chalke, Rodas, Patmos, Lipsós, Kôs e Nísyros. Estivo poboado dende o Neolítico. No 700 a C, a illa de Rodas formou parte da Hexápole doria, xunto con Knido, Halicarnaso e Kôs, feito que influíu no resto das illas do Dodecaneso. Dende o s III a C, perdeu prototagonismo no espazo do Exeo. Ocupárono os romanos e os bizantinos. Durante a Idade Media, sufriu os ataques dos piratas sarracenos, mentres os xenoveses e os venecianos estableceron bases nas illas. No 1309, os cabaleiros de San Xoán conquistaron a illa de Rodas e construíron a cidade medieval. Estiveron baixo dominio turco entre 1522 e 1912, cando foron ocupadas polos italianos. A dominación italiana durou ata 1943 e a Conferencia de París de 1946 outorgoullas a Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido láurico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao dodrante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida de lonxitude romana equivalente a 3/4 dun pé.

      1. Conxunto de nove partes ou onzas das doce das que constaba o ás romano.

      2. Moeda romana que valía 3/4 do ás e que tiña como símbolo un S.

    2. Nome dado polos romanos ao conxunto formado polas tres cuartas partes dunha herdanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Dodro. A primitiva igrexa ampliouna Simón Rodríguez, quen por orde do arcebispo Luís de Salcedo Azcona realizou as trazas en 1719, pero as obras non comezaron ata 1738. A reforma da capela maior sufragouna o convento mercedario de Santa María de Conxo. No interior destaca o retablo maior, obra de Manuel Leis, e estruturado en dous corpos. No exterior conserva un estilo moi austero, con grandes contrafortes e unha torre campanario de planta cadrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político liberiano. Membro da tribo dos krahn, integrouse no exército e ascendeu ata o posto de sarxento maior. Dirixiu un golpe de estado contra o presidente William Tolbert (1980), asumiu o liderado de Liberia e puxo fin ao dominio político da minoría de orixe afroamericana. En 1981 nomeouse xeneral e permaneceu á fronte dun goberno militar ata que o disolveu en 1985. Foi elixido presidente dun goberno democrático nunhas eleccións marcadas pola fraude. Durante a súa presidencia, na que mantivo unha dura represión cos grupos opositores, o seu anticomunismo foi recompensado cunha importante axuda económica dos EE UU. En 1989 produciuse unha sublevación dos grupos mande e gio na rexión de Nimba, que reprimiu co exército tribal krahn. Como resposta, produciuse unha sublevación xeral, mentres a Fronte Nacional Patriótica de Liberia, unha guerrilla dirixida por Charles Taylor e integrada polos mande e os gio, invadiu o país. Os afroamericanos, os krahn e os mandinga,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Christian-Emil-Maries Küpper.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Dogger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • dogmatizador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista húngaro. Foi discípulo de Hans Koessler na Academia de Budapest e exerceu a docencia na Hochschule de Berlín. En 1944 trasladouse aos EE UU. Artista de visión europea e de sólidos coñecementos profesionais, é autor dunha obra extensa que comprende sinfonías, pezas de cámara, concertos para piano e cuartetos de corda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo alemán. Estudiou zooloxía nas universidades de Königsberg, Bonn, Jena e Berlín. Da man de Ernst Haeckel coñeceu as novas teorías de Charles Darwin, ás que dedicou gran parte da súa vida recollendo datos que axudasen á súa defensa. Doutorouse en 1865 en Breslau cun estudo sobre a anatomía das percebellas. En 1868 foi profesor da Universidade de Jena, onde traballou sobre a embrioloxía de insectos e crustáceos, intentando crear unha secuencia de aparición sobre a Terra dos distintos grupos. En 1875 publicou a súa obra máis importante, Ursprung der Wirbeltiere und das Prinzip des Funktionswechsels, que serve de compendio para a maioría das súas investigacións e na que expón unha liña evolutiva dende os anélidos ata os vertebrados; nela trata de explicar a aparición dos órganos complexos pola transformación doutros máis sinxelos e antigos. Foi o promotor, xunto a Nicolai Micloucho-Maclay, da creación dunha rede de estacións de investigación zoolóxica por todo o mundo. A primeira delas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ştefan Popa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Fillo dun fotogravador, dende moi novo sentiu un enorme interese pola pintura, a escultura, a música e a fotografía. A partir de 1954 incorporouse á Real Sociedad Fotográfica de Madrid. Neses anos contactou con diversos movementos artísticos e coñeceu a Canogar, Millares, Saura e Antonio López, entre outros, dos que realizou diversos retratos. Tamén percorreu numerosas vilas e aldeas de España nas que obtiña imaxes de paisaxes, costumes e xentes. Foi fundador da Escuela de Madrid, xunto con Gerardo Vielba, Fernando Gordillo, Paco Gómez e Gabriel Cualladó. En 1975 celebrouse unha exposición no Museo Español de Arte Contemporáneo de Madrid titulada Fotógrafos de la Escuela de Madrid. Obra 1950/1975. Difundiu a súa obra por España, Alemaña, EE UU e Arxentina. En 1997 editouse un libro titulado Juan Dolcet, no que se recolle gran parte do seu traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e sociólogo italiano. En 1952 estableceuse en Sicilia, onde fundou o Borgo di Dio para orfos, en Trappeto. Entre as súas obras destaca Banditi a Partinico (Bandidos en Partinico, 1955); Inchiesta a Palermo (Enquisa a Palermo, 1957), Premio Viareggio en 1958; Una politica per la piena ocupazione (Unha política para a completa ocupación, 1958); Spreco: documenti e inchieste su alcuni aspetti dello spreco nella Sicilia occidentale (Malgasto: documentos e enquisas sobre o malgasto na Sicilia occidental, 1960); Verso un mondo nuovo (Cara a un mundo novo, 1964); La comunicazione di massa non esiste (A comunicación de masas non existe, 1987) e La struttura maieutica e l’evolverci (A estrutura maiéutica e a súa evolución, 1996). En 1958 recibiu o Premio Lenin da Paz polas súas actividades sociais e pacifistas de base católica pero afastadas de todo proselitismo relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid e licenciado en Informática pola Universidad Politécnica de Madrid. Traballou na empresa IBM, e como docente foi profesor na Escola Profesional de Comercio da Coruña e catedrático de Economía Financeira da Empresa na Universidade da Coruña, na que dirixiu o departamento de Economía Financeira e Contabilidade. O seu campo de traballo centrouse nos sistemas de información, a teoría da decisión, a análise multicriterio, a xestión da incertidume e a valoración de instrumentos financeiros. Entre as súas publicacións cómpre salientar Introdución a la economía de la Empresa (1990), Economía Financiera de la Empresa (1994) e Fundamentos de las decisiones financieras empresariales (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas que lles proporcionan zume aos insectos polinizadores, especialmente dípteros, polo que se benefician do transporte do pole que realizan os insectos que buscan, infrutuosamente, alimento nelas. Un exemplo desta estratexia é o xénero Parnassia, presente en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO