"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • GALICIA

    Pintor, debuxante, ilustrador e escritor. Desde moi novo distinguiuse polos seus dotes de debuxante e aos doce anos abandonou os estudios para pasar por sucesivos obradoiros de pintura. Entrou en contacto con intelectuais e artistas locais aos que vai retratando e en 1922 comezou a colaborar co diario Galicia, facendo ilustracións, e na revista Alfar ata 1923, ano en que ilustrou Kindergarten, libro de poemas de Paco Luis Bernárdez. En 1924 comezou a colaborar como ilustrador e articulista en El Pueblo Gallego e en 1925 como linoelista no diario La Zarpa de Basilio Álvarez. Ese mesmo ano obtivo unha bolsa da Deputación de Ourense para estudar en París, onde asistiu ao parladoiro de Miguel de Unamuno e frecuentaba personaxes da vangarda francesa. Neste tempo, a súa produción reduciuse a varios debuxos de nus e diversos bosquexos de animais, ademais do óleo Fiestra ao campo. No ano 1927 volveu a Francia de novo como bolseiro da Deputación e achegouse aos surrealistas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo e escritor. Perito industrial mecánico, mestre de ensino primario e licenciado en Ciencias da Educación, exerceu a docencia e formou parte de numerosos proxectos de normalización lingüística no ensino e de didáctica da lingua. Ligado aos movementos de renovación pedagóxica dos anos setenta, foi membro fundador dos colectivos Nova Escola Galega e Avantar. Entre 1988 e 1990 foi membro do Gabinete de Estudios para a Reforma Educativa da consellería de Educación e Ordenación Universitaria e formou parte do equipo de lingua que preparou os deseños curriculares para as etapas de primaria e secundaria. De 1990 a 1995, traballou como coordinador docente de galego. Colaborador en distintas publicacións de ensino, publicou as series didácticas O noso galego, Labia e Canles (Premio Nacional Emilia Pardo Bazán), e os textos teóricos Os libros infantís galegos (1989), Para lermos cómics (1989), 28 libros da literatura infantil e xuvenil galega...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e locutor. Diplomado en maxisterio e licenciado en Xeografía e Historia, foi xefe de informativos da Radio Galega, coordinador do Servicio Radio Exterior, coordinador de Teletexto e Internet da CRTVG e do arquivo sonoro da Radio Galega. Ademais, edita e dirixe a revista Código Cero e o portal codigocero.com.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Organizou o PCE na súa vila natal a comezos da Segunda República. Rematada a guerra, foi internado en Auschwitz pola Gestapo. En 1948 instalouse en Venezuela e, descontento coa política do PCE contraria á loita armada, foi un dos creadores do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL), composto por exiliados españois e portugueses. En 1961 liderou, xunto co capitán Galvão o secuestro durante dez días do transatlántico portugués Santa María, en augas do Caribe, baixo o alcume de Comandante Sotomayor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre, político e xornalista. Foi director xeral do corpo de Carabineiros co goberno de Negrín, durante a Guerra Civil. Exiliado en México, dirixiu a revista Saudade e foi membro fundador da Alianza Nazonal Galega, en 1943.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Coñecida como Elena Gago, iniciou a súa formación na Coruña da man de Dolores Díaz Baliño e despois asistiu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e ao Círculo de Bellas Artes. Ampliou estudios en París, onde traballou en diversos talleres e, a finais da década de 1960, regresou a Galicia. A súa obra, de carácter realista, amosa espacios interiores como paredes, fiestras, mobles, escaleiras e estancias cheas de obxectos cotiás, matizados polas sombras e cortados pola luz que entra dende o exterior; a estrutura das obras é xeométrica. En ocasións incluíu a figura dunha muller. Dende 1972 o tema foi ocupando un lugar secundario para acadar maior relevancia e interese os valores pitóricos e espaciais. Tamén fixo paisaxes monocromáticas. Realizou as ilustracións de Claridade en que a tentas me persigo (1977), de Miguel González Garcés. Realizou exposicións, entre outras, en Múnic, Bruxelas, Xenebra, Toquio e en diversas cidades españolas. Participou, entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director xeral de Octo Europa Estudios SL. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid. Traballou en Faro de Vigo, La Gaceta del Norte e El Correo Español-El Pueblo Vasco, neste último foi redactor xefe, e como director-adxunto de La Voz de Galicia. Profesor titular de Tecnoloxía da Información na Universidad del País Vasco. Dirixiu as coleccións editoriais “Reportaje-Documento” e “Ahora”. Recibiu, entre outros galardóns, a medalla do Mérito Militar e a insignia de ouro da Sociedad Filatélica da Coruña. Publicou Estudio postal sobre el ejército y las guerras de España e La batalla de Elviña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela e León (1295-1312), fillo de Sancho IV e María de Molina. Trala morte do seu pai (1295), herdou o trono, aínda que non reinou ata 1301, cando foi declarado maior de idade. Durante o goberno da súa nai, a nobreza galega, asturiana e leonesa organizaron varias conspiracións fallidas nas que chegaron a coroar o infante Xoán de Tarifa como rei de Galicia, Asturias e León (1296) e que supuxeron a perda para Galicia das súas cortes e da súa representación nas cortes castelás. Asinou a sentenza arbitral de Torrellas, na que se fixaron os límites co Reino de Aragón, e o Tratado de Alcalá de Henares (1309), polo que os reinos de Portugal, Aragón e Castela estableceron un plan conxunto para acabar co Reino de Granada, que culminou coa toma de Xibraltar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Cristovo de Corneira (A Baña). A súa planta adopta a forma rectangular cun corpo redondeado que se engadiu nun lateral. Conserva un patín na fachada principal. Na porta destaca un lintel do s XVI e sobre a xamba da porta consérvase un relevo cunha inscrición. Os escudos eluden aos Romero e Moscoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse na Escuela de Artes e Oficios. Foi catedrático nas escolas de Artes e Oficios da Coruña, onde colaborou na revista Alfar, en Barcelona e Madrid, cidades nas que se relacionou cos grupos vangardistas. Formou parte da Academia Breve de Crítica de Arte de E. d’Ors e da escola de Altamira. A súa obra evolucionou dende o realismo ata a abstracción, experimentou cos novos materiais e realizou assemblages e esculturas articuladas. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Escultura pola obra La escolar (1926) e o Gran Premio da Bienal Hispanoamericana (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Xulián de Eiré (Pantón). Ten planta en forma de U cun patio axardinado rectangular no medio, pechado por un muro onde se abre o portal; este está flanqueado por dúas pilastras que con outras dúas situadas nos extremos do muro sosteñen unha moldura corrida sobre a que descansa un voado en forma de trabe co escudo coas armas dos Aguiar, Valcárcel, Deza e Mosquera. Na parte posterior destaca a solaina e na principal unha balaustrada corredor de tipo claustral á que se accede por unha escaleira. O edificio está cuberto con tella acanalada a dúas augas. Conserva unha capela, reedificada en 1927 no Campo dos Carballos, un hórreo, unha palleira, unha pía para a auga, un pombal e un muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Tomé de Xaviña (Coristanco). Ten planta alongada en forma de L e dúas alturas na fachada. A cuberta é a dúas augas. Na súa construción empregouse a cantería coa cachotería de granito. Na parte posterior está amurallado. Conserva construcións adxacentes como o pombal, as palleiras e o lavadoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada no centro histórico de Ourense, foi coñecida como a Cruz dos Ferreiros e nela existiu un mercado de ferro. De forma triangular, a ela conflúen seis rúas. Está formada por soportais e casas nobres, entre outras, a casa oxival dos Yáñez Novoa, coñecida como a casa da Misa de Alba e a casa dos Fernández Boán (s XVII). No centro consérvase unha fonte renacentista do s XVI que pertenceu ao mosteiro de Oseira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Pedro de Folladela (Melide). Ten unha planta que se achega á forma de L. En 1777 engadíuselle un corpo ao edificio primitivo e a capela. Conserva brasóns coas armas dos Ulloa, Varela, Cordido, Seixas e Aguiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Paio de Figueiroa (Arzúa). De planta en forma de L, a fachada principal atópase no patio que mira ao portón. Conserva unha capela fóra da muralla. Pertence á orde Hospitalaria de San Xoán de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada no centro histórico de Cambados. Coñecido tamén como pazo de Fefiñáns, edificouno Xoán Sarmiento Valladares no s XVI e pertenceu aos Fefiñáns e aos marqueses de Figueroa. Gonzalo Valladares e Sarmiento, vizconde de Fefiñáns, reformouno en 1647. Encadra a praza de Fefiñáns, onde se sitúa tamén a igrexa de San Bieito. Ten planta en forma de L e dúas alturas, a baixa dedicada a adega e a superior a vivenda. Nun dos seus extremos ten unha torre con ameas con dous balcóns circulares na esquina. A máis longa ten unha arcada que enlaza coa leira. No exterior destacan os medallóns e os frontóns triangulares que se sitúan sobre as ventás do piso superior. Na fachada principal consérvase o escudo de armas dos Valladares, Sarmiento, Ozores, Sotomayor, Puga e Fajardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Donramiro (Silleda). Ten planta rectangular, con gardapós e vans rectangulares en tres das súas fachadas, e dous pisos. Conserva unha galería con escaleira frontal no centro. Na fachada principal destaca a porta de arco de medio punto con escudos dos Suárez de Deza e Salgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pan grande, redondo e plano, feito de centeo ou trigo que pesa máis dun quilo. Na tradición oral recóllense ditos como: “A fogaza non estorba nin embaraza. A quen coce e amasa, non lle furtes a fogaza. O morto á mortalla e o vivo á fogaza. Xa que non hai fogazas, veñan as pandeiradas”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de sinople, cinco fogazas de pan, de ouro, postas en aspa; bordo de ouro. Outra variante leva, en campo de ouro, unha cruz floreteada, de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Da súa produción destacan Miranda (1847), Valsolda (1876), Malombra (1881), Daniele Cortis (1885), Fedele ed altri racconti (1887), Picolo mondo antico (1895), Il santo (1905) e Leila (1911), estas dúas últimas foron prohibidas pola Igrexa que o condenou por difundir o movemento modernista.

    VER O DETALLE DO TERMO