"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • GALICIA

    Actriz e escritora. Traballou con diferentes compañías españolas e co Centro Dramático Galego. Creou unha compañía propia coa que presentou os espectáculos da súa autoría Ofelia sen a virtude do pudor, Un lunar vermello (con pintiñas azuis) e Contrátenos por favor. Traballou nas obras Así é (se vos parece) (1991), Saxo Tenor (1993) e na serie de televisión Rías Baixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Doutor en Dereito e licenciado en Filosofía e Letras. Poeta do Rexurdimento, estivo vinculado ao labor cultural do segundo provincialismo e do rexionalismo, momento en que publicou a maioría dos seus textos. Membro da Asociación de Folklore Gallego creada por Emilia Pardo Bazán, foi un dos 40 numerarios fundadores (1905-1918) da Real Academia Galega, onde desempeñou o cargo de tesoureiro (1905-1914). Colaborou en Galicia, El Heraldo Gallego e Revista de Galicia, onde incluíu cantares populares e algunhas paráfrases de textos bíblicos. Na súa obra, caracterizada pola riqueza dos termos léxicos e o amor pola natureza, destacan Versos en dialecto gallego y correspondencia castellana de sus principales voces (1878), en que recolle poemas intimistas, sociais e de circunstancias; Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de La Coruña (1885-1886), que o recoñeceu internacionalmente como folclorista; e Foguetes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Doutor en Químicas, ingresou no PSOE en 1974. Deputado no Congreso desde 1993, foi ministro de Educación (1992-1993) e da Presidencia (1993-1996), e desde 2004 voceiro do grupo parlamentario socialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor alemán. Traballou con Weissenkorcher o Vello en Salzburgo e con Kracker en Viena, aínda que a súa formación foi primordialmente italiana (1675-1689) e influída pola arte de Pietro da Cortona. Nomeado escultor da corte de Dresden (1689), traballou no Zwinger co arquitecto M. Pöpelmann (1711-1718) e fixo a Apotheose des Prinzen Eugen (1718-1721).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto italiano. Formouse e traballou en Siena con Il Pinturichio, e en Roma con Raffaello Sanzio (1516-1517). Construíu e decorou dúas salas da Villa Farnesina en Roma (1508-1511), dirixiu as obras de San Pedro do Vaticano a partir de 1520 e, en 1535, comezou o Palazzo Massimo alle Colonne, un dos primeiros exemplos do manierismo arquitectónico romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica mediante a que se calcula matematicamente o alcance e o comportamento dos proxectís das armas de fogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde se crían e viven as pombas. É unha das construcións adxectivas propias dos pazos e tamén das casas reitorais. A maioría deles teñen planta circular pero tamén existen con planta cadrada, rectangular ou octogonal. En ocasións adoitan a forma de hórreo-pombal ou torre-pombal. Os tellados son cónicos e realizados en tella, lousa ou xisto. Os buracos para as pombas están protexidos do vento e son cadrados, rectangulares ou circulares. No interior aniñan as pombas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e músico. Como membro do Teatro Artello participou nos espectáculos Viaxe ao país de Ningures (1977), de M. Lourenzo, e A cantante calva (1981), de E. Ionesco; mentres que co Centro Dramático Galego participou en Woyzeck (1984), de G. Büchner, e Os vellos non deben de namorarse (1985), de Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sebãstiao José de Carvalho e Melo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Tourón (Ponte Caldelas). Presenta planta rectangular cun patio interior. Os remates dos muros, en ameas, confírenlle certo carácter de fortaleza. Ten unha solaina, á altura do piso alto, e varias fiestras, distribuídas polas fachadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. En 1975 ingresou na Federació Socialista Balear do PSOE. Foi deputado no Congreso (1977-1982 e 1986-1996) e ministro de Administración Territorial (1985-1986). Presidiu o Congreso dos Deputados (1986-1995) e a Federación Socialista Balear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. O centro da súa obra é a narrativa e dela cómpre subliñar Solnegre (1961), La lluna i el “Cala Llamp” (1963), Els escorpins (1965) e Els Argonautes (1968), en que presenta o universo mítico de Andratx, sobre o que construíu gran parte da narrativa posterior (Difunts sota els ametllers en flor, 1970; Les primaveres i les tardors, 1986). Co volume de contos Reivindicació de la vídua Txing (1977), a súa obra faise máis cosmopolita e dinámica. Como dramaturgo asume tanto as experiencias do teatro do absurdo coma as posibilidades dun novo teatro satírico e crítico. Interesado polas historias e as viaxes, en castelán escribiu El conflito árabe-israelí (1969) e Viajes expectantes. De Marrakech a Pekín (1994). Con L’emperador o l’ull del vent...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en teoloxía, das súas obras destacan Libro de la limpia concepción de la Virgen María (1620), Vida y hechos del cardenal Albornoz (1623) e os manuscritos Historia episcopal e real de España, Elogios de los cardenales de España, Tratado de la venida de Santiago a España e Nobiliario del Reino de Galicia e Santos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club Balonmano Porriño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi arcipreste da catedral de Plasencia e provisor e vigairo xeral nesta diocese. En 1907 foi arcipreste capitular na diocese de Lugo, da que tamén foi vigairo xeral. Publicou Historia eclesiástica acomodada para servir de texto en los seminarios (1894-1895), Manual de gobierno de las monjas y religiosas en España (1907), Crónica de la octava peregrinación española, primera hispanoamericana a Tierra Santa y Roma (1911), Vida y pontificado del Ilmo. Sr. doctor don Pedro Casas y Souto, obispo de Plasencia (1911) e El Coro de la Catedral de Lugo (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Soutochao (Vilardevós). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Arnego (Rodeiro). O seu cumio acada os 754 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Balón ovado, sostido por cordas elásticas, que empregan os boxeadores nos adestramentos.

    VER O DETALLE DO TERMO