"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado ao pé da serra de Cabra, entre os municipios de Cabra e Baena (5.007 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura (viña e cereais) e as industrias alimentarias, principalmente de elaboración de viños e produtos cárnicos. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de La Consolación (1419), o castelo fortaleza e o Museo Histórico-Arqueológico.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario satírico editado en Betanzos a partir de outubro de 1901. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos dos Sucesores de Castañeira. Entre os seus colaboradores figuraban Francisco Cabaleiro, Antonio Moretón e Enrique Díaz. Foi o substituto doutra publicación satírica titulada La Mariposa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Doncos (As Nogais). Pertenceu ao ducado de Alba. De estilo neoclásico, edificouse no s XIX. Ten planta rectangular con dúas alturas e soto. Conserva unha capela exenta neoclásica na que destaca a cúpula do presbiterio e un pombal.
-
GALICIA
Artista visual. Licenciouse en Deseño e Audiovisuais na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. O seu traballo desenvolveuse no mundo audiovisual. Participou, entre outras mostras colectivas, na exposición Eidos 96, 97 e 98 en Ferrol, Artxove (Pontedeume, 1997-2001), no Premio de Pintura Bello Piñeiro (Mugardos 1998 e 1999), no Premio de Gravado Máximo Ramos (Ferrol, 1999) e na mostra Funxibles e inventariables (Madrid, 2001). Acadou un accésit no I Premio Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, 2001) polo vídeo Narciso, 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. En 1970 ingresou na Universidade de Santiago de Compostela para estudar filosofía e letras e en 1999 na Universidade da Coruña na facultade de Ciencias da Educación. Empezou a colaborar en 1994 na Revista Educativa Padres y Maestros e publicou Cuentos para educar (1997), Soños de Carme (2000) e Voa cascuda! (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Congreso dos estados alemáns celebrado en Dresden entre o 23 de decembro de 1850 e o 15 de maio de 1851. Convocárono Austria e Prusia co fin de reorganizar a Confederación Xermánica despois da Revolución de 1848. Significou o fracaso da política do príncipe austríaco Schwarzenberg, ao negarse Prusia á entrada de Austria no Zollverein, e supuxo o retorno ao estatuto de 1815.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dependencia ou adicción ás drogas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra inacabada de Jean-Jacques Rousseau publicada en 1762 e dividida en catro libros. No primeiro ocupouse da formación das sociedades e do contrato social; no segundo, da soberanía, entendida como a vontade xeral, e os seus dereitos; no terceiro enunciou as principais formas de goberno (democracia, aristocracia e monarquía) e o seu exercicio; no cuarto analizou algunhas institucións sociais, como as maxistraturas gregas e romanas, e a relixión, e propuña que o Estado debería establecer unha relixión civil depositaria do código moral. O autor fundamentou a necesidade de formas sociais e do Estado, xa que a liberdade natural do home está alienada, e presentou o contrato social como un pacto do individuo coa comunidade, entendida como suxeito de dereito político, coa finalidade de unir as vontades para acadar e conservar un ben maior. Nese convenio o home perde a súa liberdade pero vese recompensado coa defensa que recibe do establecemento de leis protectoras. A soberanía, que se fundamenta...
-
GALICIA
Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1985), ampliou estudios en Florencia, Boloña e París, e doutourouse en 1990 coa tese Estrutura y comportamientos familiares en la Galicia de fines del Antiguo Régimen. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela ata 1993 e profesor titular de historia moderna da Universidad de Oviedo ata 1995, data en que se reincorporou á Universidade de Santiago de Compostela. As súas investigacións centráronse no eido da demografía histórica, da historia da familia e da análise historiográfica. Colaborou, entre outras publicacións, en Annales de Démographie Historique, Continuity and Change, Boletín de la Asociación de Demografía Histórica Española e Grial. Tamén colaborou en distintas obras, como El Reino de Galicia en la Monarquía de Felipe II (1998) e El reino de Galicia en la época del Emperador Carlos V (2000). Cómpre destacar as súas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome étnico procedente do xentilicio de Dubris, cidade de Inglaterra. Celébrase o 14 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia que tivo lugar entre agosto e outubro de 1944 co fin de organizar a seguridade internacional ao rematar a Segunda Guerra Mundial. Presidida polo secretario de Estado dos EE UU, Stettinius, contou coa participación de delegados británicos, norteamericanos, soviéticos e chineses. Estableceu a necesidade dun Consello de Seguridade, un Consello Económico e Social e un Tribunal Internacional de Xustiza. O proxecto debateuse na Conferencia de San Francisco e serviu de base para a Carta das Nacións Unidas.
-
PERSOEIRO
Pintor e ilustrador. Fillo de Martín Echegaray Olañeta, foi propietario da illa de Toralla e impulsor da Compañía de Tranvías e das viaxes rápidas entre EE UU e Vigo. Comezou a súa formación na Academia Minerva con Perfecto Mediero. Participou, entre outras, na Exposición de Arte Gallego de Santiago de Compostela en 1926, en Madrid na mostra organizada polo Heraldo en 1928 e na que repetiu en diversas ocasións, e na exposición realizada en Bos Aires en 1929. En setembro de 1930 expuxo no Casino de Vigo. Na súa obra advírtese a influencia da pintura postimpresionista e da escola de París. As cores quentes e a contraposición de grandes planos foron unha constante nunha pintura na que primou o efectismo. Entre as súas obras destacan Aldeanos, Retrato de Tomás Sobrino Mirambell, Silueta de Vigo e Crucero de Bayona.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario aparecido en Vilagarcía de Arousa en 1884. Fundado e dirixido por Xosé R. Paratcha, saía todos os sábados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación semanal aparecida en La Habana en 1917 e que cesou a súa edición en 1936. Dirixírona, sucesivamente, Manuel Gondell Linares, Manuel Fernández Doallo e Mercedes Bieito Bouza. Definiuse como “Revista gráfica y de información de la colonia gallega en Cuba”. Dedicou espacios á historia, á situación da muller na sociedade, á economía, e incluíu artigos sobre Galicia e América, xeografía, arte e literatura. Situada politicamente no ámbito das Irmandades da Fala, contou coa colaboración de Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Lois Peña Novo, Manuel Banet Fontenla, Xoán Vicente Viqueira e Basilio Álvarez na súa “Páxina nazonalista”. No eido literario destacan os poemas de Curros Enríquez, Lamas Carvajal, Ramón Cabanillas, Modesto Moure, Gonzalo López Abente e Eladio R. González. Entre os narradores cómpre salientar a Avelino R. Elías, E. Correa Calderón, Roxelio Rivero e Domingo Quiroga. Inseríronse tamén artigos de Concepción Arenal, Xoán Barcia Caballero, Xulio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación en castelán aparecida en Montevideo a partir de 1941. Subtitulouse “Casa de Galicia de Montevideo”. Contou coa colaboración de J. Martínez Garda e contiña información sobre as actividades ou proxectos da sociedade. Incluíu ilustracións, entre elas unha de Rosalía de Castro. Entre xullo de 1925 e maio de 1933 apareceu unha publicación co título de El Eco de Galicia, que pode corresponder á súa primeira etapa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación fundada en Santiago de Compostela por Antonio Neira Mosquera, que apareceu dúas veces por semana desde o 30 de febreiro de 1851 ata o 10 de marzo de 1852. Tiña como principal obxectivo a mellora da industria e do comercio da provincia, para o que presentaba a defensa dun liberalismo moderado e un rexionalismo insurxente. Unha das súas pretensións era defender a capitalidade de Galicia para Santiago de Compostela mediante un debuxo esquemático que aparecía na cabeceira do periódico, no que reflectía a súa localización xeográfica no centro de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación trisemanal fundada en Lugo por Manuel Vázquez de Parga Somoza en 1872. Dirixida por Víctor Castro Somoza, Nicandro García Taboada, Antonio Villamarín, Emilio Tapia Rivas e o seu propio fundador, contou coa colaboración de Lorenzo Gómez Quintero e Ramón Iglesias Camino. Interrompeu a súa publicación en 1875 e reapareceu en 1882. Comezou a súa terceira e definitiva etapa en 1891. Neste periódico, o conde de Pallares levou a cabo unha campaña sobre a “Cuestión Foral” e, xunto con Antonio Medina, outra sobre a “Construción del Ferrocarril, línea general del Noroeste”.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario fundado en La Habana polo xornalista Waldo Álvarez Insua o 8 de marzo de 1878. Dirixido por Eduardo Núñez Sarmiento, en compaña do seu propio fundador, cesou o 5 de outubro de 1901. Contaba con espacios dedicados ás ciencias, ás artes e á literatura, con colaboracións da autoría de Fortunato Cruces, Manuel García Barros, Antonio de la Iglesia, Lamas Carvajal, Galo Salinas, Luís Otero Pimentel, Lugrís Freire, Lisardo R. Barreiro, Eduardo Núñez Sarmiento ou F. Romero Blanco. No eido poético cómpre salientar os poemas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, A. García Ferreiro, Lamas Carvajal e Eduardo Pondal. Tamén se recollen traballos sobre literatura galega, como o de José Criado, titulado “Galicia y su literatura”; o de Salvador Lema sobre Queixumes dos pinos; o de Máximo Leyes Posse sobre “La poesía de la Edad Media”; e o de Emilia Pardo Bazán sobre Eduardo Pondal e Nicomedes Pastor Díaz. Entre 1885 e 1889 publicou como suplemento A gaita gallega, de Xoán M....
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario bilingüe de carácter liberal que apareceu en Montevideo o 13 de agosto de 1882 e que cesou o 2 de setembro de 1883. Defensor dos intereses de Galicia nas repúblicas do Mar del Plata, o seu redactor foi Xenaro Xoaquín Calvo. Incluíu poemas dos máis destacados autores do Rexurdimento galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación decenal fundada por Xosé Mª Cao Luaces o 7 de febreiro de 1892 en Bos Aires. No mesmo ano pasou a ser propiedade de Manuel Castro López, quen a dirixiu ata a súa morte en 1926. Mantivo un talante liberal e de compromiso co Partido Republicano Federalista, o que supuxo unha especial atención á información sobre a actualidade de Galicia e dos emigrantes galegos. Nas súas páxinas reivindicáronse a política e a lingua de Galicia, e defendéronse os intereses dos emigrantes repatriados en América. Incluíronse artigos dedicados a recesións, homenaxes e balances anuais dos libros editados en galego e castelán, con colaboracións de distintos escritores como Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Francisco Añón e Marcial Valladares. Inseríronse ademais relatos e poemas de Filomena Dato Muruais, Avelina Valladares, Benito Losada, Manuel Nóvoa Costolla, Roxelio Lois, Alberto García Ferreiro, Galo Salinas e Heraclio Pérez Placer. Como complemento desta publicación, Castro López...
VER O DETALLE DO TERMO