"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PERSOEIRO

    Escultor, ourive e pintor. Coñecido como il Verrochio, comezou a súa formación escultórica no obradoiro do ourive E. Verrochi. Converteuse nun dos mestres renovadores da escultura do Catrocentos italiano. Entre os seus bronces máis relevantes destacan o David (1475) e o Monumento a Bartolomeo Colleoni (Venecia, 1479-1488), onde retomou o tema do retrato ecuestre no que contrasta o efecto dinámico do cabalo co contraposto do xinete. Realizou o sepulcro de Giovanni i Piero de Medici (1469-1472) e distintos bustos, como o de Lourenzo o Magnífico ou A dama do ramallete (1480), que revelan o dominio no tratamento dos panos e o detallismo de mans e rostros. En pintura destacou pola súa produción ornamental e pola formación dalgúns artistas significativos, como Perugino, Lorenzo di Credi ou Leonardo da Vinci que colaborou na realización das paisaxes de fondo do Bautismo de Cristo (1470?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas perennes da familia das onagráceas ao que pertence a herba dos encantos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral dependente do Centro Cultural Recreativo e Deportivo da mesma vila, no concello de Fene. Fundouse en 1976 e foi dirixido por Celestino Ledo. Puxo en escena espectáculos baseados en contos de Castelao, pezas de E. Blanco Amor, Manuel Lourenzo, Bertolt Brecht e do propio director do grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á provincia circumboreal.

    2. Provincia bioxeográfica da rexión boreoalpina, no N das rexións eurosiberiana, norteamericana occidental e norteamericana oriental, entre a provincia ártica, no N, e o límite meridional da taiga, no S. O clima xeral é o bosque de aciculifolios ou taiga. Algúns autores tamén inclúen os pisos subalpinos de coníferas das montañas medioeuropeas e norteamericanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro borgoñón, onde naceu a orde do Císter, situado preto de Dijon, na diocese de Chalon-sur-Saône. Creouno Roberto, abade de Molesme, como reacción contra a riqueza, o luxo social e a complicación da vida e da liturxia de Cluny. Xuridicamente, fundouse o 21 de marzo de 1098; pero, despois de edificada a primeira igrexa en 1099, os monxes comezaron a colonizar os bosques e os ermos, que foran unha doazón de Rainald de Beaune. O mosteiro efectuou vinte e oito fundacións directas, tres delas na Península Ibérica. As catro primeiras ocuparon un lugar privilexiado: La Ferté (1113), Pontigny (1114), Clairvaux (1115) e Morimond (1115). Realizada a poxa da abadía en 1791 e morto o derradeiro abade, F. Trouvé (1797), restaurárona a finais do s XIX os cistercienses da estreita observancia ou trapenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, situada nunha chaira drenada polo río Guadiana e polo seu afluente, o Jabalón (59.392 h [1996]). É unha zona moi fértil, onde destacan os cultivos de secaño, principalmente cereais, oliveiras e viña. Esta riqueza agrícola converte a cidade nun importante centro comercial agrario. A industria máis importante é a relacionada coa agricultura (fábricas de fariña, azucre e aceite), á parte da construción que adquiriu grande importancia. A cidade, de forma circular, presenta unha estrutura radial, de superficie moi extensa, con rúas rectilíneas e edificios baixos. Foi fundada en 1225 por Afonso X o Sabio co nome de Villa Real, no lugar que antes ocupara a vila de Pozuelo Seco de Don Gil. A súa finalidade foi asegurar a defensa entre Toledo e as vilas xa reconquistadas en Andalucía. A súa situación xeográfica, no centro do señorío da orde militar de Calatrava, foi motivo de loita permanente pola posesión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha (19.749 km2; 478.672 h [1996]). A capital é Ciudad Real. Está situada nunha chaira rodeada polos montes de Toledo e Sierra Morena, e atravesada de L a O pola conca do río Guadiana. O clima é bastante extremado, con invernos longos e fríos (mínimas inferiores a -5 C°). A economía é principalmente agrícola e destaca o cultivo da viña sobre as demais actividades. Existen pequenas explotacións mineiras, sobre todo de mercurio e hulla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar claridade a algo ou tornalo menos escuro.

    2. Tornarse claro algo.

    3. Aparecer a luz do sol pola mañá.

    4. Quedar o ceo limpo de nubes.

    5. Poñer ao clareo. Ex: Co pouco sol que vai a roupa non clarea nada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo estoico grego. Discípulo do fundador da escola estoica, Zenón de Citio, sucedeuno na dirección e achegou algunhas modificacións á doutrina. Foi mestre de Crisipo e das moitas obras que se lle atribúen só se conservan algúns fragmentos do Himno a Zeus, Deuses e fisioloxía, Tempo e Dialéctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coeficiente de depuración plasmática que indica a capacidade dun órgano para eliminar unha substancia determinada dun fluído orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral espartano. Xefe da guarnición de Bizancio no 409 a C, organizou a defensa despois da sublevación contra Atenas. Volveu ao seu posto no 403 ata que foi destituído polo seu goberno tiránico. Dirixiu o exército de mercenarios na campaña de Ciro o Novo contra Artaxerxes II. Venceu na Batalla de Cunaxa pero tivo que retirarse despois da morte de Ciro. Capturado polo sátrapa Tisafernes, foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de pagamento internacional baseado nun procedemento de compensación que elimina a necesidade do uso de divisas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Deputado por París (1876-1893), militou cos republicanos radicais e fíxolle perder a maioría ao goberno moderado de Ferrey (1885) ao denunciar a súa política colonial. O caso Dreyfus outorgoulle popularidade, logo de publicar no diario L’Aurore, que el mesmo dirixía, o artigo de Émile Zola “J’accuse” (1898). Foi senador (1902) e ministro do Interior (1906). Destacou polo seu labor a prol da separación entre a Igrexa e o Estado. En 1910 separouse do partido radical e en novembro de 1917 foi designado cabeza de goberno por Raymond Poincaré. No Tratado de Versailles (1919) fixo incluír as cláusulas de ocupación do Rin e de indemnizacións de guerra. Retirouse da política logo de ser derrotado nas eleccións á presidencia de 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña seléucida, filla de Cleopatra II. Casou co usurpador do trono de Siria Alexandre Balas, con Demetrio II e con Antíoco VII. Asociou ao trono o seu fillo Antíoco VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e debuxante. Estudiou e debuxou con Robert Adams (1758) as ruínas do palacio de Spalato (actual Split). Foi arquitecto de Catarina II de Rusia (1783) e colaborou con Thomas Jefferson nos EE UU. Contribuíu á valoración da arquitectura da Antigüidade. Foi autor, entre outras obras, do Château Borely (1766), en Marsella, e do palacio do gobernador de Metz (1776-1781).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio feudal francés, situado arredor da vila de Clermont. Xa se constituíu como condado en 1023. Formou parte en 1269 do dote de Roberto de Francia, ascendente dos duques de Borbón; máis tarde doouse á rama dos Borbón-Condé. O título condal correspóndelle ao fillo do gran conde de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación teatral creada en Madrid arredor de 1933 por Pura Ucelay e María Martínez Sierra, integrantes da Asociación Feminina de Cultura Cívica. O club naceu co obxectivo de promover a posta en escena de La zapatera prodigiosa de Federico García Lorca, pero ao pouco tempo o colectivo decidiu iniciar unha andaina en solitario e desenvolver un interesante programa orientado á renovación da escena madrileña, con Lorca como director de escena. Entre os espectáculos máis celebrados figura Peribáñez, a partir da obra de Lope de Vega, Peribáñez y el Comendador de Ocaña, e tamén hai que destacar os traballos preparatorios do espectáculo Así que pasen cinco años, sobre un texto do propio García Lorca, proposta que non se estreou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos clupeidos ao que pertencen os arenques.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cobrear.

    2. Que ten a cor do cobre.

    3. Acción e efecto de cobrear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recubrir unha superficie, xeralmente metálica, cunha capa de cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO