"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
REXIÓNS
Rexión de Europa Setentrional, en Suecia, que abrangue os läner de Norrbotten, Västerbotten e Jämtland, ademais doutras rexións históricas menores. Acolle a un 15% da poboación sueca (243.229 km2).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Irlanda do Norte ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Irlanda do Norte.
-
-
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (5.026 km2; 310.400 h [estim 2001]). A súa capital é Newcastle upon Tyne.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago de Bismarck, que constitúe unha provincia de Papua Nova Guinea (9.600 km2; 118.350 h [2000]). A súa capital é Kavieng (6776 h [1990]). É unha illa montañosa, de orixe volcánica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Young Ireland.
-
GALICIA
Músico e compositor. Comezou a súa formación musical con oito anos. Formou parte do Grupo Didáctico da Universidade Popular de Vigo, co que gravou un disco triplo didáctico, e da Banda de Gaitas Xarabal, ambas formacións dirixidas polo mestre Antón Corral. En 1989 gravou co grupo irlandés The Chieftains a banda sonora do filme A Illa do Tesouro, co que principiou un percorrido de universalización da música galega. Foi profesor de gaita e frauta de pico no Conservatorio Superior de Música de Vigo, obtivo o Premio Extraordinario Fin de Carreira de frauta de pico no Conservatorio Superior de Música de Madrid e gañou varias edicións consecutivas do Premio Macallan para solistas de gaita do Festival Interceltique de Lorient. A comezos da década de 1990 creou, xunto con outros músicos procedentes da súa etapa na Universidade Popular de Vigo, o grupo de música folk Matto Congrio. A partir de 1994 iniciou a súa andaina co seu propio grupo, co que explorou as conexións...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deseñador gráfico. Militante comunista desde 1957, estudou ciencias políticas en Moscova e en 1963 a dirección do PCE encargoulle a organización do partido en Vigo. Cofundador do Partido Comunista de Galicia (PCG), foi membro do comité central do PCE en París e participou en numerosas actividades políticas e sindicais, como a folga xeral de Vigo ou a readmisión dos despedidos das factorías navais, e sufriu varias detencións. Exiliado en Francia, participou en diversas actividades nos campos da paz e do desarme. Coa fin da ditadura, regresou a Vigo, onde fundou a empresa Variografik e foi concelleiro durante dúas lexislaturas. Fundou a Asociación España-URSS. Escribiu e debuxou, entre outras obras, Vigo a través de la Historia, Galicia al pié de la letra, Historia gráfica de Galicia e Tres mil años de escritura. Membro da Fundación Gutenberg, deseñou a letra medieval Gallaecia-Castelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela desde 1998 e membro do Comité directivo de Realiter (Rede Panlatina de Terminoloxía), coordina o Comité Técnico de Linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega. Foi coautor de Vocabulario do medio físico (1988), O galego e a información (1996) e O idioma na Universidade de Santiago de Compostela (1998). Escribiu tamén a obra de teatro O achado do castro (1991) e a novela Mar de fondo (1997). Recibiu o Pemio Xiria de creación teatral (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Fundador da revista Psycho (1920), co crítico literario I. A. Richards publicou The Meaning of the Meaning (1923), onde abordou a teoría da linguaxe desde un punto de vista psicoloxista. Propuxo a creación dun inglés estándar, especialmente apto para a comunicación internacional, na obra Basic English (1930) e na súa continuadora, The System of Basic English (1934). O sistema foi moi ben acollido e o goberno británico estableceu a creación da Basic English Foundation (1947-1955) para promover o seu uso como método de ensino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ucraíno. Crítico co réxime socialista, cultivou con éxito a poesía pero destacou sobre todo coa novela Zavist’ (A envexa, 1924), obra polémica que o autor levou a escena baixo o título de Zagovor custv (A conspiración dos sentimentos, 1929). Despois de deixar de escribir en 1939 polas presións do goberno, desde 1956 traballou en xornalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Influído pola narrativa social brasileira, defendeu a idea do novo humanismo nas súas colaboracións coas revistas Seara Nova e Vértice. Destacan as súas obras Turismo (1942), Casa na duna (1943), Pequenos burgueses (1948), Uma abelha na chuva (1953) e Finisterra (1978, Prémio Cidade de Lisboa, 1979). A súa obra lírica foi recollida en Trabalho poético (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta estadounidense. Modernista de segunda xeración, as súas teorías sobre a poesía, recollidas en Projective verse (1959), tiveron unha grande influencia en EE UU tras a Segunda Guerra Mundial. Escribiu The Distances (1960), The Maximus Poems (1960), O’Ryan (1965), Proprioception (1965) e o volume póstumo The Maximus Poems, Volume Three (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Autor existencial, na súa obra, caracterizada por un realismo descritivo, acompañado dunha visión obxectivista e dun certo fatalismo, abundan os personaxes solitarios de vida turbulenta. Perseguido e encarcerado no seu país por cuestións políticas (1974), houbo de exiliarse en España. Publicou as novelas El pozo (1939), unha obra clave para entender a súa produción posterior; Tierra de nadie (1941), La vida breve (1950), El astillero (1961), Juntacadáveres (1964), Los adioses (1967), Para esta noche (1967), Tiempo de abrazar (1974), Dejemos hablar al viento (1979, Premio de la Crítica española 1980), Cuando entón (1987), Cuando ya no importe (1993), e os contos Cuentos completos (1975) e Presencia y otros relatos (1986). Recibiu o Premio Cervantes de Literatura polo conxunto da súa obra en prosa (1980) e o Premio Nacional de Literatura de Uruguay (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Estudou na academia de música de Múnic, onde se interesou pola música barroca e pola súa influencia no movemento artístico. Posteriormente (1924), formouse con Kaminski. Fundador da Günter Schule, xunto a Dorothee Günther, desenvolveu novos métodos de ensino musical, e creou o método de ensino da música Orff Schulwerk (1930), cunha forte implantación no ensino primario. Influído por Stravinsky, as súas composicións principais están destinadas á escena, e caracterízanse polo uso de ritmos repetitivos, poderosas partes vocais e harmonías sen artificios, afastadas de construcións complexas de tipo harmónico ou contrapuntístico. Da súa obra destacan seis óperas, varias composicións sinfónicas, pezas para televisión, como Christi Resurrectione (1957) e as cantatas escénicas Carmina Burana (1937), Catulli Carmina (1943) e Trionfo di Afrodite (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Adorno trazado que se pon no bordo dun vestido ou dunha peza de roupa.
-
-
Adorno debuxado, gravado, impreso ou bordado nos bordos dun papel, pergamiño, fotografía ou tapiz.
-
Lámina orlada onde están as fotografías con lendas alusivas ás persoas que cursaron uns estudos xuntos ou traballaron nunha obra colectiva.
-
-
Franxa que rodea o escudo e que está separada do seu bordo por unha distancia igual á súa propia anchura.
-
Fío que corre por debaixo das molduras e que adorna un capitel.
-
Parte do lado dunha embarcación que sobresae do plano da cuberta, feito de varanda.
-
Formación vexetal que limita diferentes hábitats como os bosques ou as leiras. Exerce un labor regulador das condicións ecolóxicas e caracterízase por mellorar as condicións de habitabilidade nas zonas máis externas da masa forestal e por mobilizar gran cantidade de nutrientes. Os solos destes biótopos son nitroxenados, profundos e presentan unha maior produción de biomasa. A vexetación predominante son as silveiras, as roseiras, as ortigas, os abruñeiros e os salgueiros.
-
-
CABOS
Cabo da costa atlántica que está situado entre as puntas do Seixo e Longa, na parroquia de Cariño, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de orlar.
-
Conxunto ornamental dunha orla.
-
Adorno que se pon na beira dunha tea ou peza de roupa.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Florida, EE UU (185.951 h [2000]). A súa economía baséase no cultivo de cítricos e experimentou un pulo importante polas actividades terciarias derivadas do turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico de Ludovico Ariosto, publicado en 1516 nunha primeira versión (40 cantos), e cunha definitiva (46 cantos en oitavas), que saíu en 1532. É unha continuación do Orlando innamorato, pero son moi diferentes nalgúns elementos como a defensa dos ideais humanísticos do cabaleiro errante. Con material procedente da épica cabaleiresca, pero cunha linguaxe e un espírito do seu século, reflicte a vida íntima do seu autor. A multiplicidade de personaxes e episodios estrutúranse en tres motivos principais: o épico, o amoroso (núcleo do poema) e o encomiástico, que corresponde á parte menos consistente da obra. Tivo numerosas fontes, das que destaca Tirant lo Blanc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema cabaleiresco de Matteo Maria Boiardo, que comezou a escribir cara a 1476. As dúas primeiras partes foron publicadas na rexión de Emilia (1486) e o resto quedou incompleto pola morte do autor. A obra debería estar dividida en tres partes que agruparían ao redor de cen cantos, pero o texto publicado quedou en 69. Os elementos esenciais da trama proceden do ciclo carolinxio, pero o espírito épico foi substituído por historias de amor e feitos novelescos. O poema foi completado polo Orlando furioso de Ariosto.