"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

    1. Facer que algo ou alguén pase a un estado peor do que xa tiña.

    2. Poñerse algo ou alguén peor do que xa estaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das empetráceas.

    2. Planta da familia das empetráceas.

    3. Familia de arbustos, da orde das ericais, de follas lineais, persistentes e con flores co perianto dímero ou trímero que dan lugar a froitos en baga globosa. Está integrada polos xéneros Empetrum e Corema, propios de zonas temperadas ou frías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Ceo.

    2. Aplícase ao ceo en que, segundo os antigos, se movían os astros. No pensamento cristián medieval e renacentista, pasou a representar a esfera celestial máis elevada, morada de deuses, anxos e benaventurados. OBS: Como substantivo escríbese normalmente en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Activo en Atenas, esculpiu unha Atenea sedente na Acrópole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo que vive no solo a unha certa profundidade, entre 1 e 2 m, como é o caso de gran número de bacterias e fungos e de animais, como algúns coleópteros e anélidos. Estes últimos aliméntanse da materia orgánica arrastrada polo lavado das chuvias, teñen taxas de reprodución moito máis baixas ca outras miñocas, non desenvolven pigmentos protectores e, en vez de curtos túneles verticais, fan galerías horizontais que superan o centenar de   metros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é de cobre ou de bronce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase da Prehistoria que comprende o período situado entre o Neolítico e a Idade de Bronce e que se corresponde co primeiro momento do uso do metal. Tamén recibe o nome de Calcolítico. Caracterízase pola continuidade no traballo da pedra e pola introdución de ferramentas feitas en cobre utilizando as técnicas da industria lítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Eneolítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, violinista e pianista romanés. Estudiou en Viena (1888-1894) e en París (1895-1899) con A. Gédalge, J. Massenet e G. Fauré. Escribiu cinco sinfonías, música de cámara, as dúas Rhapsodies roumains e a ópera Oedipe (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Formado con J. Reynolds, realizou copias en miniatura das obras do seu mestre e retratos. Foi pintor de cámara de Xurxo III. O seu sobriño, John Cox Dillman Engleheart (1784-1862), tamén foi miniaturista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asunto ou situación difícil de resolver.

    2. Cousa coa que se ata ou liga outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Saxonia (1142-1178) e de Baviera (1156-1181), fillo de Enrique XI o Soberbio de Saxonia. Perdeu o dereito á herdanza do seu pai, pero o Emperador Conrado III concedeulle o ducado de Saxonia, que gobernou como un Estado independente, á vez que o estendeu cara ao L sobre os territorios dos eslavos. Enfrontouse cos duques Alberte I de Brandenburgo o Oso e Adolfo de Holstein. Fundou, entre outras cidades, Brunswick, e impulsou o crecemento de Hamburgo. Coa cesión do ducado de Baviera polo Emperador Federico I Barbarrubia ampliou os seus territorios e fundou Múnic (1158). Casou con Matilde, filla do Rei Enrique II de Inglaterra (1168). Negoulle a súa axuda na campaña de Italia ao emperador (1176), quen o proscribiu e lle quitou os seus territorios (1180). Malia que houbo unha reconciliación posterior en Erfurt (1181), refuxiouse na corte do seu sogro. Trala marcha do emperador á cruzada, sublevouse para recuperar os seus territorios (1189) e posteriormente...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo ás enterobacteriáceas.

    2. Bacteria da familia das enterobacteriáceas.

    3. Familia de bacterias Gram-negativas, en forma de bacilos, anaerobias facultativas, fermentadoras de glícidos e non formadoras de esporas. Forman parte da microbiota normal de moitos animais, incluído o ser humano, e tamén se localizan no chan e en medios acuáticos. Inclúe xéneros patóxenos oportunistas como Escherichia, Salmonella ou Klebsiella, e xéneros patóxenos obrigados como Shigella, todos eles causantes de enfermidades intestinais como a disentería bacilar, as febres tifoides e paratifoides e a colite. Comprende outros xéneros característicos como Yersinia, Proteus e Enterobacter.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo ás entolomatáceas.

    2. Fungo da familia das entolomatáceas.

    3. Familia de fungos, da orde das plutais, á que pertencen aos xéneros Clitopilus, Rhdocybe e Entoloma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo aos entomostráceos.

    2. Crustáceo da división dos entomostráceos.

    3. Antiga división dos crustáceos, proposta en 1806 por Pierre André Latreille, que agrupaba os branquiópodos e branquiúros, cefalocáridos, copépodos, cirrípedes, ostrácodos e mistacocáridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oír algo a medias ou sen acabar de entendelo ben de todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente cantábrica. Ten dúas cabeceiras (ambas as dúas no concello de Baleira), que baixan pola vertente oriental da serra do Mirador: unha na parroquia de Fonteo, ao pé do Pradairo (1.029 m de altitude), e outra na Fontaneira (930 m). Os dous brazos conflúen na parroquia de Cubilledo. O seu curso adopta unha dirección S-N, que mantén basicamente en todo o seu percorrido. Continúa pola parroquia de Martín e penetra no concello de Ribeira de Piquín por Santalla, onde recibe o Rodil, para seguir por Navallos e San Xurxo de Piquín, ao L da serra de Meira. Despois sérvelles de límite ás parroquias de Santiago de Acevo (Ribeira de Piquín) e Seixosmil (Meira), e ás de Galegos (Meira) e Vilarmide (A Pontenova). Tras drenar o concello da Pontenova (parroquias de Vilaboa, Vilameá, Vilaoudriz, A Pontenova, Conforto e Vilaouruz) e recibir as augas do Cabreira, pasa a facer fronteira entre o municipio de San Tirso de Abres, no Principado de Asturias, e a parroquia de Vilaformán, no concello...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Ribadeo a partir do 4 de xuño de 1879. Cesou a súa edición o 28 de decembro de 1880 (nº 167). Subtitulouse “Periódico bisemanal. De intereses generales, noticias y anuncios”. Fundado por Antonio Fernández Caro, na súa dirección traballaron Andrés de la Cavallería, José María Páez Cancio e o propio fundador. Tiña unha tiraxe de 300 exemplares. Os seus contidos reflectían nun principio certa influencia masónica, logo pasou a ser republicano e, finalmente, incluíu sobre todo noticias locais. No seu último número anuncia que cambia a súa cabeceira pola de Las Riberas del Eo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ría de Ribadeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘aurora’ ou ‘principio’, sobre todo en léxico científico relacionado co primeiro ou primeiros períodos dunha división xeolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO