"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Relativo ou pertencente á reumatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Director de produción de Tele 5. Licenciado en Ciencias da Información, completou a súa formación con estudos de xestión de empresas radiofónicas, xornalismo electrónico e produción de video e televisión. Comezou en Radio Lugo (SER) para logo pasar á CRTVG, onde ocupou diversos cargos, e a RNE, onde foi delegado territorial en Galicia. Subdirector de produción en Tele 5 (1992), traballou sucesivamente en Sogecable e Antena 3 TV (2001) para logo voltar a Tele 5 (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Baltar, no concello homónimo. O seu cumio acada os 1.061 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Cerdedelo e Trez, ambas as dúas no concello de Laza. O seu cumio acada os 850 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reverdecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de revestir ou revestirse.

    2. Conxunto de materiais como táboas, ladrillos ou pezas de mármore ou de pedra, cos que se cobre unha construción ou elemento dunha obra, para adornalo ou darlle máis solidez. Aplicouse sobre todo na arquitectura.

    3. Superficie exterior da estrutura dunha aerodina, que consiste nunha envoltura de tea, madeira ou de chapa de metais lixeiros. O quentamento do revestimento pola fricción co aire presenta graves problemas a velocidades moi superiores á do son.

    4. Película de metal coa que se cobre unha superficie para protexela contra a acción de determinados axentes, mellorar o aspecto ou permitir un uso determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Madrid a partir de 1944. Editada polo CSIC, incluíu investigacións dialectolóxicas, etnográficas e antropolóxicas, atendendo á diversidade lingüística da Península. Incluíu numerosos artigos asinados por expertos sobre literatura popular, folclore e tradicións. O seu primeiro director foi Vicente García de Diego, que foi subtituído por Xulio Caro Baroja a partir de 1988. A partir de 1989 publicou só estudos de antropoloxía e etnografía e, a partir de 1994, trocou a súa periodicidade de trimestral en semestral. En 1996 tomou o relevo na dirección Concha Casado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de 1965 que cesou cun número dobre, de 1992-1993. Creada e patrocinada polo Concello da Coruña, contou co apoio de Caixa Galicia e a Fundación Barrié de la Maza. Dirixida por Antonio Gil Merino, o seu obxectivo era ofrecer información diversa sobre a historia, a realidade e o futuro da cidade, e incluíu estudos históricos e xeográficos, de arqueoloxía e belas artes, referencias a museos, un apartado para tratar ciencias xurídicas e sociais, e unha atención especial ás ciencias económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que implica unha revogación ou anulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de revolver ou revolverse.

    2. Que está desordenado ou confuso.

    3. Que está cheo de excitación e inestabilidade.

    4. Aplícase ao tempo inestable que ameaza con chuvia.

    5. Aplícase ás aguas que corren axitadas e moi sucias, levando terra e diferentes partículas en suspensión.

    6. Aplícase á comida que se fai revolvendo ovo batido, só ou mesturado con outros alimentos, nunha tixola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen remexe e fedella en todo.

    2. Que ou quen participa nunha revolta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento revolucionario que tivo lugar na antiga URSS entre o 17 e o 24 de Agosto de 1991. Comezou como unha manifestación popular nas rúas de Moscova e Leningrado contra o risco de retroceso que podía vivir o país. O sector máis conservador do PCUS xunto co exército e a KGB protagonizaron un golpe de estado contra M. Gorbačov, formando un novo goberno ao que se opuxo Boris Jelcin, presidente da República de Rusia. As manifestacións populares contra o golpe e a negativa dos soldados a reprimilas levou á caída dos golpistas. M. Gorbačov asinou a disolución e ilegalización do PCUS (24 agosto) ao mesmo tempo que perdía o seu prestixio político ante B. Jelcin, que se converteu no líder da nova Federación Rusa e da CEI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla coas marxes enroladas cara ao exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rexeitar.

    2. Resposta inmunolóxica dun organismo contra as células, tecidos ou órganos transplantados (ou o sangue transfundido) que lle son incompatibles. O seu mecanismo inclúe a citólise ou a necrose, a causa da reacción inmunoespecífica de defensa, posta en marcha polos antíxenos de histocompatibilidade determinados xeneticamente.

    3. Propiedade que ten o circuíto diferencial, nun amplificador operacional, para reducir a variación de corrente continua, debida á temperatura, ou de darlle unha saída nula cando hai un sinal común nas dúas entradas. Constitúe un parámetro esencial do amplificador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de rexer ou rexerse.

    2. Órgano dos concellos composto polos rexedores.

    3. Unidade da mesma arma nun exército composta por varios batallóns e comandada por un coronel. De orixe francesa, impúxose no exército español polas ordenanzas de 1703 e de 1707 e conservouse, agás no corpo de paracaidistas e da Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Rexemento da Vitoria

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexemento constituído o 14 de abril de 1809 baixo o mando do coronel Pablo Morillo para defender o territorio do sur de Galicia ante a invasión francesa. Participou na reconquista de Vigo e Tui e tras a Guerra de Independencia (1804-1814) integrouse noutras unidades do exército español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza do muíño que regula a caída do gran da moega para a moa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resumo, máis ou menos breve, anteposto á transcrición dun documento.

    VER O DETALLE DO TERMO