Revolución de Agosto

Revolución de Agosto

Movemento revolucionario que tivo lugar na antiga URSS entre o 17 e o 24 de Agosto de 1991. Comezou como unha manifestación popular nas rúas de Moscova e Leningrado contra o risco de retroceso que podía vivir o país. O sector máis conservador do PCUS xunto co exército e a KGB protagonizaron un golpe de estado contra M. Gorbačov, formando un novo goberno ao que se opuxo Boris Jelcin, presidente da República de Rusia. As manifestacións populares contra o golpe e a negativa dos soldados a reprimilas levou á caída dos golpistas. M. Gorbačov asinou a disolución e ilegalización do PCUS (24 agosto) ao mesmo tempo que perdía o seu prestixio político ante B. Jelcin, que se converteu no líder da nova Federación Rusa e da CEI.