Revolución Cultural ou Revolución Cultural Proletaria
Revolución Cultural ou Revolución Cultural Proletaria
Campaña de rectificación (zhengfeng) iniciada por Mao Zedong coa axuda de Lin Biao, en setembro de 1965, para provocar “un gran salto cara a adiante na perspectiva mental das masas” e achegarse máis ao ideal comunista. A ideoloxía pasou a primeiro termo na sociedade chinesa, perdendo peso o sector máis pragmático do partido, normalmente asociado á liña soviética. Foi expulsado todo o aparato de propaganda, chegando a purga a altos cargos como Deng Xiaoping, secretario xeral do comité central. Tras once anos de duración, o movemento pechouse coa morte de Mao Zedong en 1976, iniciándose entón unha violenta campaña contra os seus dirixentes principais, a Banda dos Catro, que foron acusados de ultraesquerdismo.