"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Enxeñeiro de montes. Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, os seus estudos centráronse en botánica forestal, sistemas silvopastorais, plantas medicinais e micoloxía. Escribiu Trabajo botánico sobre las Islas Cies (1977) e foi coautor de Guía das árbores e bosques de Galicia (1992), Guía de plantas medicinais de Galicia (1996), Ecología y manejo de praderas (1999) e Establecemento de sistemas silvopastorais (2001). Recibiu o Premio de Investigación en Ciencias Forestais da Deputación de Pontevedra (1984). Pertence á Real Academia Galega de Ciencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Activo en Roma, viaxou a Rusia, onde foi nomeado (1756) arquitecto de corte do futuro Pedro III. Das súas obras destacan o palacio de mármore de Peterburgo (1768-1785), o palacio chinés de Oranienbaum (1762-1768) e o palacio de Gacina (1766-1777).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado ao L da capital provincial, na Costa del Sol (25.302 h [2001]). A poboación está diseminada. Destaca na agricultura de regadío e de secaño, e na pesca. O seu recurso económico principal é o turismo, atraído polas praias do sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de La Rioja, situado ao S de Calahorra, na marxe dereita do río Ebro (3.485 h [2001]). No termo predomina a agricultura de regadío, aínda que tamén hai gandaría e certa industria conserveira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escultor e debuxante alemán. Cultivou o retrato (Anna Rorup) e o tema mitolóxico, cunha certa ampulosidade arquitectónica. Foron tamén pintores seus fillos Ludger Tom Ring o Novo (Münster 1522 - Braunschweig 1584), retratista (Mette von Münchhausen) e Hermann Tom Ring (Münster 1512 - 1596), que seguiu a liña de Hans Holbein.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou cargo de ringrave.

    2. Territorio rexido por un ringrave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diérese endonasal practicada para descubrir a parte anterior das fosas nasais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e ceramista. Coñecido como Caxigueiro, formouse no Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos e estudou a cerámica popular de Portugal e do norte de Marrocos. As súas principais preocupacións plásticas xiraron arredor da experimentación sobre arxila refractaria e louza, elevárono a constituír en 1987 o grupo Remol con outros artistas. Mesturou o expresionismo conceptual e a expresión minimalista abstracta coa figuración seriada. Da súa produción destaca a obra Sen título (1980), a montaxe Terra, auga e lume de vela (1989) e a serie escultórica Europa: terapia puntual, de principios da década de 1990. As súas obras están presentes en diversas coleccións galegas como o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa ou a Deputación Provincial de Pontevedra. En 1990 recibiu o Primeiro Premio da Semana Nacional de Cerámica do Museo do Pobo Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Córdoba, Arxentina, situada ao L do extremo meridional da Sierra de Córdoba, á beira do río Cuarto (138.853 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Negueira de Muñiz baixo a advocación de san Brais da Barqueiría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Multinacional británica do sector da minaría. A súa orixe está na constitución en 1873 da Rio Tinto Co. Ld., que comprou ao goberno español a propiedade das minas de Riotinto. En 1954 a banca española adquiriu o control das minas e creouse a Compañía Española de Minas de Río Tinto SA, na que participaban os británicos cun terzo do capital. En 1966 constituíuse Rio Tinto Minera SA, cun 49% do seu capital en mans británicas. Finalmente, a Rio Tinto británica fusionouse coa Consolidated Zinc Corp., co que se constituíu o actual grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Iniciou a construción da capela da Comuñón da catedral de Santiago de Compostela deseñada por Miguel Ferro Caaveiro con quen fixo a capela das Dores en San Miguel dos Agros. Proxectou a reconstrución da igrexa de Santa María do Camiño (1774), seguindo un deseño de M. Ferro Caaveiro, traballou na igrexa de Santa María de Villestro e na de San Xulián de Bastavales (Brión). Tamén traballou na ponte Ulla e na pavimentación da praza da Quintana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela e destacou polo seu interese na historia de Galicia. Foi académico de honra da Real Academia de la Historia (1748). Publicou, entre outras, La barca más prodigiosa: poema historial sagrado de la antiguedad invención, y milagros de el célebre Santuario de N. S. de la Barca (1728), Historia de Galicia ilustrada e Historia eclesiástica y secular de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi cóengo lectoral de Lugo e bispo de Mondoñedo (1753-1761). Promoveu a construción do palacio episcopal e fomentou o estudo de teoloxía moral entre os cóengos da súa diocese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi deputado por Málaga desde 1836. Foi ministro da Gobernación co duque de Rivas e con L. O’Donnell Jorrís (1854-1856), presidiu o Congreso de los Diputados (1863) e as Cortes Constituíntes (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Eo pola esquerda que nace na parroquia de Santa Marta de Meilán, baña as de Riotorto (Riotorto) e Rececende e desemboca na de Vilameá (A Pontenova).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Riotorto, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Meira situado no NL da provincia de Lugo e da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 43° 20’ 52’’ de latitude N e 7° 15’ 06’’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Lourenzá e Mondoñedo (os dous da comarca da Mariña Central), ao S co de Meira (comarca de Meira), ao L co da Pontenova (comarca da Mariña Oriental) e ao O coa Pastoriza (comarca de Terra Chá). Abrangue unha superficie de 66,3 km 2 en que acolle a unha poboación de 1.583 h (2007), distribuída entre as parroquias de Aldurfe, Espasande de Baixo, Ferreiravella, Galegos, A Muxueira, A Órrea, Riotorto e Santa Marta de Meilán. A súa capital é o lugar das Rodrigas, na parroquia de Riotorto, localizada a 55 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Mondoñedo.
    Xeografía física
    Riotorto é un concello situado na área de transición entre a meseta lucense e os vales da Mariña Lucense. A parte situada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista francés, marqués de Mirabeau. Adscrito á escola fisiocrática, foi partidario dun imposto que gravase a propiedade da terra, opoñéndose aos privilexios dos fermiers généraux. Escribiu L’amie des hommes ou traité sur le Population (1756) e Theorie de l’impôt (1760).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antón Martínez-Risco Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO