"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • PERSOEIRO

    Místico e prosista francés. Estudiou nas universidades de París (1582) e Padua (1589). Bispo d’Annecy-Xenebra (1602), implantou a reforma en todos os campos, cunha especial atención á predicación. Fundou a orde da Visitación con Jeanne F. Fémyot de Chantal (1610) e foi canonizado (1665). A súa espiritualidade reflíctese especialmente en Introdution à la vie dévote (1608) e Traité de l’Amour de Dieu (1616). Na iconografía represéntase barbado e medio calvo, e leva vestido unha muceta episcopal morada, ás veces coa estola por riba; como atributos xerais, leva un libro, pluma de ave e, como atributo persoal, un orbe flamexante ou un corazón, tamén en chamas e coroado de espiños. A súa festividade celébrase o 24 de xaneiro (antes da reforma do calendario litúrxico o 29 de xaneiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oficial da Mariña Mercante e experto en redes comerciais. Colaborou en El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, onde levou, baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego, as súas páxinas culturais. Durante quince anos fixo programas radiofónicos e foi membro do grupo do Círculo Ourensán-Vigués, creador dos Premios da Crítica Galicia. Foi o piloto do Breogán, o barco de coiro, reprodución das naves galegas prerromanas, co que tentou demostrar a teoría do catedrático Fernando Alonso Romero sobre as relacións atlánticas celtas. Foi xerente de Edicións Xerais de Galicia e Publicações Dom Quixote en Portugal. Autor de numerosos artigos, fundamentalmente sobre o mar, publicou os primeiros álbum-cómics en galego con debuxos de Pedro Bofill, volume titulado As aventuras dun neno galego (1985) que incluía Os homes do fin do mundo, Os fillos de Breogán e A grande viaxe polo río. Así mesmo, publicou Blues para un asasino “First we take Manhattan”...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construciones Navales Paulino Freire SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña, fundou, xunto con Iago Seara, Obradoiro de Arquitectura. Entre as súas obras destacan a restauración do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, a sede da Cruz Vermella da Gudiña (1990) e o centro de saúde do barrio da Ponte en Ourense (1993). Xunto con Iago Seara construíu tres vivendas unifamiliares en Derrasa (Ourense, 1979-1983) e con María Xesús Blanco e Fernando Blanco rehabilitou a antiga residencia de profesores das escolas de Carballiño para casa da cultura (1980-1983). Colaborou en Cadernos de psicoloxía, Obradoiro, On diseño e no Boletín académico da ETSA da Coruña e no catálogo Retratos Eduardo Núñes: dez anos da vida cultural en Ourense (1999). Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio no concurso de vivendas sociais da provincia de Ourense (1980), o primeiro premio provincial e o encargo do proxecto Basilio no concurso nacional Interprovincial de anteproxectos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que designa o bordo da tella na parte frontal máis ancha e curva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización frontista de esquerda nacionalista. Fundouse en 1987 como resultado da confluencia do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN), Galicia Ceibe e outros grupos de carácter marxista-leninista e independentista. A súa presentación pública tivo lugar o 10 de marzo de 1988, e no seu documento fundacional declara o seu carácter de organización independentista e fai un chamamento á amnistía para todos os demócratas que se enfrontan co Estado español. Entre os colectivos integrantes xurdiron tres elementos de discusión: a cuestión da normativa linguística, a división no campo anti-represivo e as alternativas militancia política-militancia armada. Na Asemblea Nacional Extraordinaria convocada polo sector oposto ao PCLN en xuño de 1989, tivo lugar a escisión que creou o grupo APU (Assembleia do Povo Unido). O portavoz da organización foi Mariano Abalo. Malia o seu escaso teito electoral, con electores localizados en comarcas concretas, foi quen de aglutinar arredor de si a unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Licenciado en Filosofía e Letras, escavou o palacio inca de Chinchero (1970) e exerceu como profesor de arqueoloxía americana na Universidad Complutense de Madrid (1973-1978). En 1978 trasladouse a Ecuador para traballar como arqueólogo do goberno no xacemento de Ingapirca. Participou en numerosos congresos de Historia de América nos que publicou, entre outros artigos, “Etnohistoria del Ecuador” (1975) e “Consideraciones etnohistóricas acerca de una tumba de pozo y cámara de Ingapirca” (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Zacatecas, México (176.885 h [estim 1995]). Principal centro urbano e comercial do estado, nos contrafortes da Sierra Madre Oriental. Centraliza a produción mineira do Cerro de Proaño e ten industria metalúrxica. Fundada en 1554 co nome de Ojo del Fresnillo, foi un importante centro comercial e mineiro, grazas aos numerosos xacementos arxénteos das proximidades. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de El Tránsito, o teatro González Echeverría e o santuario de Plateros, onde se venera a imaxe do santo Niño de Atocha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido nacionalista alxeriano nacido en 1954 da fusión de diversos movementos políticos que iniciaron unha guerra de independencia fronte ao dominio colonial francés. Trala independencia (1962), a Constitución de 1963 converteuno en partido único. Derrotado polo FIS nas eleccións lexislativas de 1991, perdeu definitivamente o poder tralo golpe de estado militar de 1992. O seu candidato, Abdelaziz Buteflika, resultou vencedor nas eleccións presidenciais de 1999, cun programa de reconciliación nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos resultantes da reacción de condensación do anhídrido ftálico con fenois. A substancia nai do grupo é a fenolftaleína, que se obtén ao condensar o anhídrido ftálico con fenol en presenza de deshidratantes; é incolora, pero en presenza de álcalis vólvese rosada. As ftaleínas empréganse como colorantes e medidores de pH.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista visual. Participou, entre outras exposicións, en Primeiro Centenario do cómic (Bruxas, 1996), Unha de patos (Pontevedra, 1998), Kalkomanias (Pontevedra, 1998) e Novos Valores (Pontevedra, 1999). No eido das mostras individuais destaca No te importe… (Vigo, 2000). En 1999 recibiu a bolsa de axuda á investigación artística Caixa Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Pontevedra a partir de abril de 1993. Exerceu como voceiro informativo da devandita entidade e contaba co apoio da Consellería de Cultura. No seu consello editorial figuraban Guillermo Campos, Xosé Mª García, Ramón Latas e Xosé Castro, quen se encargaba da coordinación e deseño. Ademais de datos culturais, centraba os seus artigos en aspectos biográficos do político ourensán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [FOESGA] Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 23 de abril de 1997. Entre os seus obxectivos inclúense a organización de actividades docentes de caracter universitario, profesionais, sociais ou culturais, relacionadas con aspectos estratéxicos do desenvolvemento de Galicia, para a organización de todo tipo de prácticas docentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmonauta e coronel de aviación soviético. Formouse inicialmente como fundidor. Ingresou na escola militar de aviación de Čkalov e acadou o grao de tenente. Chegou a piloto de probas e entrou no equipo de cosmonautas en entrenamento. Tripulou o vehículo Vostok I e foi o primeiro home en facer un voo orbital, o 12 de abril de 1961. Foi deputado do Soviet Supremo en 1962 e seis anos máis tarde morreu de accidente de aviación. Un cráter da cara oculta da Lúa leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Casco acolchado que empregaban os soldados romanos. Dispuña de dúas aletas laterais e unha posterior unidas por unha correa que se ataba debaixo do queixo para aseguralo.

    2. Lóbulo externo das maxilas dos insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta que constitúe o extremo meridional da illa Onza, na parroquia da Illa de Ons, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á flor que ten algunha estrutura en forma de helmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eduardo Hughes Galeano.

    VER O DETALLE DO TERMO