"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

      1. Que ou quen profesa a arte de navegación ou que traballa no mar.

      2. gremio de mareantes

        Confraría de xentes do mar, que existiu desde a Idade Media ata o s XIX, que se encarga de rexer a vida mariñeira en diversos portos galegos.

    1. Que causa mareo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar mareo.

    2. Molestar ou cansar a alguén obrigándoo a seguir moitos pasos para conseguir algo ou facendo que teña que atender moitas cousas a un mesmo tempo.

    3. Ir tumbando a vela dunha nave, segundo os cambios que fai o vento.

    4. Gobernar un navío.

    5. Sufrir un mareo.

    6. Cansarse alguén por seguir moitos pasos para conseguir algo ou por atender moitas cousas á vez.

    7. Perder lixeiramente o sentido por efecto da inxestión de alcohol.

    8. Estropearse as mercadorías no mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de televisión de produción galega (1998-2002), dirixida por Antón Reixa, Beatriz del Monte, Emilio Mc Gregor e Matías de la Rubia, que se ambientaba na ficticia vila mariñeira de Portozás, na Costa da Morte. Ao longo dos seus episodios mesturábanse numerosas historias de amor, situacións cómicas e temas sociais. Foi unha das series con maior audiencia da TVG, e recibiu o Premio AGAPI 2000 á mellor serie de ficción e ao mellor actor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo neotomista belga. Xesuíta (1895), dedicouse aos problemas gnoseolóxicos e metafísicos e tratou de conciliar o tomismo e o neokantismo. Escribiu Le point de départ de la métaphysique (1923-1926), Études sur la psychologie des mystiques (1924-1931) e Précis d’histoire de la philosophie moderne (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi membro do movemento ultraísta e ocupou diversos cargos gobernamentais co presidente Perón. A súa poesía evolucionou desde o ultramodernismo de fondo romántico de Los aguiluchos (1922) e Días como flechas (1926), ata o ton depurado e persoal de Laberinto de amor (1936), Cinco poemas australes (1937), Sonetos a Sofía y otros poemas (1940) e El viaje de la primavera (1945). Dos seus libros de ensaio destaca Cuadernos de navegación (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Influído pola escola de paisaxistas de Múnic e por A. Böcklin, trala súa estadía en Italia (1864) representou unha abstracción da natureza limitada ás cousas máis esenciais, cunha técnica que se achega á do fresco. Das súas obras destacan O baño de Diana (1863), os frescos da biblioteca do Instituto Zoolóxico de Nápoles (1873-1874), en colaboración co escultor A. von Hildebrand, e As Hespérides (1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. marusía.

    2. Marea que se dá cando o mar baixa ou sobe máis ca nas mareas habituais. Ten lugar no novilunio e no plenilunio, cando as atraccións, lunar e solar, actúan nunha mesma dirección e os seus efectos se suman. OBS: Tamén se denomina mareas vivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mar.

    2. Que é favorable para a navegación.

    3. ento que procede do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Patoloxía vírica causada por un herpes que se localiza no folículo das plumas e que provoca o adelgazamento e morte das aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘pataca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ⇒ amarelecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. amarelo.

    2. Aplícase ao gando vacún que ten a pelaxe desta cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Toscana, Italia, que está constituída por unha extensa chaira aluvial costeira, entre os ríos Arno e Ombrone. Na Antigüidade foi sede dos núcleos de poboación etrusca máis importantes, pero gradualmente declinou e foise convertendo nunha zona infecta de paludismo. Os grandes duques de Toscana iniciaron a obra de recuperación do territorio, que foi gañado para a agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axitación violenta que se produce nas augas do mar debido a oscilacións sísmicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • gris marengo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla librada o 14 de xuño de 1800 na chaira de Marengo, preto de Alexandría (Piemonte) entre as tropas francesas, dirixidas por Napoleón I Bonaparte, e as austríacas, apostadas na rexión piemontesa-ligur. Bonaparte dirixiu a ofensiva contra os austríacos que, aínda que nun primeiro momento afundiron as liñas francesas, foron derrotados por aquelas no contraataque, coa chegada de novas tropas de apoio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Negueira de Muñiz baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, un castelo de goles, sostido de ondas de azul e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Residiu na Corte dos Medici, en Florencia, onde estivo en contacto coa Camerata Fiorentina. É autor de madrigais vinculados á escola veneciana.

    VER O DETALLE DO TERMO