"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Lugar da terra onde nace a agua facendo gurgullas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emitir sons articulados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo francés de orixe rusa. Profesor da Sorbonne, foi o adaíl da socioloxía estrutural. Das súas obras destacan Déclaration des droits sociaux (1944) e Dialectique et sociologie (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficie do interior da terra, situada a uns 2.900 km de profundidade, que separa o manto da codia terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Johann Gensfleisch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Militante do PCE (1966-1991), foi elixido secretario xeral de CC OO no IV congreso confederal (1987), cargo no que permaneceu ata o ano 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Representante da tendencia neorrealista-satírica e didáctico-descritiva do s XVIII, foi reitor da Universidade de Lund e presidente da Academia Sueca. Autor de traxedias, obras líricas, didácticas e fábulas, publicou Mitt lefverne (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político palestino. En 1952 fundou o Movemento Nacional Árabe, do que en 1967 xurdiu a Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP), de ideoloxía marxista-leninista. Integrado na OLP, non admite ningún tipo de recoñecemento do estado de Israel. En 2000 dimitiu como xefe da FPLP.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e sociólogo alemán. Profesor nas universidades de Heidelberg e Frankfurt, foi xunto con T. Adorno o máximo representante da escola sociolóxica de Frankfurt. Influenciado por G. W. F. Hegel e K. Marx, a súa filosofía busca a emancipación do home a través dun movemento dialéctico. Entre as súas obras destacan Theorie und Praxis (Teoría e praxis, 1963), Zur Logik der Sozialwissenschaften (A lóxica das ciencias sociais, 1967), Erkenntnis und Interesse (Coñecemento e interese, 1968) e Nachmetaphysiches Denken (Pensamento posmetafísico, 1988). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía de orixe xermánica orixinaria do Alto Rin que ocupou o trono austríaco (1279-1918), o do Sacro Imperio Romano-Xermánico (1273-1291, 1298-1308 e 1438-1806) e o hispánico (1516-1700).
    Orixe da dinastía
    Fundada por Werner (s X), bispo de Estrasburgo e construtor do castelo de Habsburgo (Suíza) que dá nome á liñaxe, o primeiro conde foi Werner I de Habsburgo (s XI), quen substituíu a forma Altenburgo pola de Habsburgo. O seu tataraneto, Rodolfo I de Habsburgo o Antigo (?-1232), adquiriu os territorios suízos de Laufenburg, Schwyz, Uri, Unterwalden e Lucerna, que trala súa morte se dividiron entre os seus fillos: Alberte IV de Habsburgo o Sabio (?-1240?) recibiu, ademais do primitivo castelo dos Habsburgo, as terras de Argovia, Zúric, Sundgau e Brisgovia e o dominio sobre os conventos de Muri, Seckingen, Bremgartem, Maienberg e Brugg, e fundou a rama albertina dos Habsburgo; e Rodolfo II de Habsburgo o Taciturno (?-1249), señor de Suabia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo estadounidense. Organizou e dirixiu o observatorio de Kenwood, en Chicago, e os de Mount Wilson e Mount Palomar. Foi dos primeiros científicos en traballar a astronomía solar moderna, entre outros descubrimentos, destacou a explicación sobre as manchas solares. En 1891, ideou con H. Deslandres o espectroheliógrafo. A partir de 1905 e sendo director do observatorio de Monte Wilson, fixo construír un telescopio que foi o maior do mundo durante 30 anos, de 2,54 m de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Foi profesor da Escola Politécnica. Investigou sobre todo a xeometría das curvas e as superficies alxébricas, e as funcións dos lípticos e as súas aplicacións. Foi o descubridor das invariantes diferenciais cos seus traballos sobre ecuacións diferenciais. Recóllese a maior parte do seu traballo nun compendio de tres volumes titulado Traité des fonctions elliptiques que foi publicado entre 1886 e 1991. Foi membro da Academia das Ciencias

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor alemán. Precusor do romanticismo, destacou pola súa teoría da revolución divina oposta ao coñecemento racional de Deus propugnado polos filósofos do seu tempo. Das súas obras destacan Tagebuch eines Christen (Diario dun cristián, 1758) e a súa obra póstuma contra I. Kant, Metakritik über den Purismus der reinen Vernunft (Metacrítica sobre o purismo da razón pura, 1800).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Borato de berilio, de fórmula Be2 (OH)(BO3). Cristaliza no sistema rómbico e preséntase en cristais prismáticos, é incoloro, gris, branco ou amarelo. Ten dureza 7,5 e o seu peso específico é 2,36.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escolla de artigos sobre teatro realizada por G. E. Lessing entre 1767 e 1769. Lessing defende a preceptiva aristotélica, critica a Corneille e a Racine, e presenta como modelo os dramas de Shakespeare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do land de Hamburgo, Alemaña, no fondo do esteiro de Elba (1.704.735 h [estim 2000]). Centro comercial e administrativo, o seu porto é un foco de comercio intercontinental, sobre todo con Europa Occidental, que o converteu no terceiro núcleo industrial de Alemaña, con industria moi diversificada: petroquímica, refinería de gas, metalurxia de estaño e de cobre, construcións navais, produtos químicos, fibras artificiais, caucho, industria alimentaria e elaboración de tabaco. Os sectores industriais sitúanse cerca do Elba, en Altona, Othmarscher, Blankenese, Hamburgo e Wandsbeck. Xurdiu en 808 ao redor da fortaleza carolinxia de Alster, que foi devastada por daneses e eslavos entre os ss IX e XI e dominada polos duques de Holstein desde finais do 1189. Consolidada como porto exportador da Hansa, recibiu un gran pulo comercial trala independencia de EE UU, cando se creou unha liña de navegación directa con este país. En 1815 ingresou como cidade libre na Confederación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña (755 km2; 1.715.000 h [estim 2001]). É unha cidade estado que conserva parte dos seus privilexios medievais. A maior parte do territorio sitúase á beira dereita do Elba, que a atravesa de L a O. No fondo do esteiro sitúase Hamburgo, nunha illa formada polos brazos N e S do río, Wilhelmsburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Hamburgo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Hamburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa de carne de vaca ou de tenreira picada, de forma plana e redondeada, a miúdo condimentada con manteiga, allo, perexil, cebola e ovo. A hamburguesa foi levada aos EE UU polos emigrantes alemáns en 1850, e ao cabo duns anos converteuse no arquetipo de comida americana. Adoitase comer como bocadillo, a miúdo acompañada de condimentos (cogombro, cebola, leituga, tomate, queixo, etc) ou salsas (ketchup, maionesa ou outras).

    VER O DETALLE DO TERMO