"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Que ou quen forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á forma.

    2. Aplícase o que foi sometido ao formalismo ou á formalización.

    3. Que está feito ou formulado tendo en conta os requisitos ou normas esixidos.

    4. Que se fai con seriedade.

    5. Que se comporta de maneira seria e educada e cumpre cos seus compromisos.

    6. Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que designa o aparello para darlle forma á tella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro termo da serie homóloga dos aldehídos alifáticos, descuberto en 1868 por A. W. Hofman. É un gas soluble en auga, sufocante e inflamable, que se polimeriza e produce unha serie de glicois polioximetilénicos. Reacciona co fenol, a urea e a melanina, e dá derivados hidroximetilénicos (-CH2 OH) que por policondensación producen resinas fenólicas, ureicas e melanínicas. Emprégase na fabricación de resinas sintéticas, na industria téxtil e do papel, en curtume, en tintorería e como desinfectante e insecticida. Tamén recibe o nome de aldehido fórmico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Armazón que sostén provisionalmente un arco, unha bóveda ou unha construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de formal.

      1. Requisito regulamentario ou legal que hai que cumprir para a execución de algo.

      2. Trámite necesario para a realización de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disolución acuosa (do 30% ao 40%) do formaldehído. É volátil, incolora e emprégase como desinfectante, xermicida e funxicida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coidado excesivo da forma, das normas e das convencións sociais.

      1. Sistema filosófico que se caracteriza pola importancia que se lle dá ás estruturas xerais dun obxecto, dunha ciencia ou dunha disciplina.

      2. formalismo kantiano

        Sistema metafísico que explica a intelixibilidade da natureza pola forma ou leis do pensamento.

    2. Corrente lingüística herdeira do estruturalismo, que concibe a lingua como unha forma pura. O seu máximo representante é Louis Hjelmslev, do Círculo Lingüístico de Copenhaguen, quen propón un enfoque formal para o estudo da linguaxe coñecido como glosemática. L. Hjelmslev leva o estruturalismo ás súas últimas consecuencias, ao delimitar o obxecto de estudo da lingüística ás formas como unidades abstractas, preconizando unha separación radical con respecto á súa base material, os sons no plano da expresión, e a realidade extralingüística no plano do contido. Tanto os sons como a realidade extralingüística formarían parte do que el denomina substancia, que quedaría fóra do campo de interese da lingüística. Segundo esta teoría, o único método de investigación válido é a introspección, é dicir, ao lingüista chégalle co seu propio coñecemento intuitivo e individual da lingua que estudia. En efecto, dado que non interesa o uso real da lingua, desprézase calquera intento de elaboración...

    3. Tendencia literaria desenvolvida pola escola de formalistas rusos, que propugna que os contidos das imaxes poéticas se basean nos principios sintácticos, morfolóxicos, rítmicos e métricos que configuran a totalidade do texto poético.

    4. Tendencia creativa teatral na que os significantes se sitúan nun primeiro plano, mentres os significados, ou a mensaxe, perden importancia e interese. Debedora dos principios da arte pola arte, esta corrente comezou a coller forza no mundo teatral a partir das primeiras iniciativas do teatro total que formulara Richard Wagner, e das posteriores propostas simbolistas, nas que aspectos como a luz, a música ou o deseño do espazo escénico cobraban especial relevancia, e das indagacións das vangardas históricas. Non obstante , foi nos anos sesenta e setenta cando a investigación formal desenvolveu todas as súas posibilidades cos traballos de creadores como Jerzy Grotowski, Richard Foreman, Robert Wilson ou Jan Fabre.

    5. Doutrina introducida polo matemático alemán David Hilbert que propugna que a ciencia matemática só é un xogo formal con símbolos e regras. A construción dun sistema formal resulta de obter, a partir duns axiomas iniciais, dos que pode non existir ningunha realización concreta, un conxunto consistente de teoremas. Esta doutrina oponse ao loxicismo de Russel e Whitehead, e ao intuicionismo de Brouwer. Tamén se coñece co nome de axiomatismo ou axiomática formal, xa que, a partir duns axiomas iniciais obtéñense un conxunto de teoremas.

    6. Predominio dos contidos técnicos ou formais sobre os contidos expresivos ou poéticos nunha obra de arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao formalismo.

    2. Que ou quen actúa con formalismo.

      1. Seguidor do formalismo.

      2. escola de formalistas

        Escola literaria rusa que se formou na primeira metade do s XX e que se dedicou á investigación e á práctica poética dentro do formalismo. Foi precursora de novas correntes literarias e lingüísticas. Entre os seus compoñentes destacaron V. Šklovskij, B. Eichenbaum e J. Tynianov.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de formalizar.

    2. Proceso utilizado para especificar, a través dunha metalinguaxe, a estrutura dunha linguaxe. Este proceso atópase en calquera das linguaxes coñecidas, desde a ordinaria, en calquera dos seus aspectos (deportivo, social, etc), ata a científica, filosófica ou matemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar carácter legal ou regulamentario a algo a través dos requisitos ou formalidades necesarias.

    2. Fixar algo con exactitude e precisión.

    3. Dar carácter serio ou formal a algo.

    4. Someter a formalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amida primaria do ácido fórmico, que se obtén por reacción do monóxido de carbono con amoníaco, a presión e temperatura altas. Emprégase na obtención de ésteres fórmicos e como disolvente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador checo. Estudiou na escola de cine de Praga, mentres escribía guións e traballaba como axudante de dirección. Na década de 1960 creou un estilo de comedia baseado na vida cotiá, a naturalidade dos actores e o desenvolvemento de escenas longas en películas como Cerny Petr (O as de picas, 1963), Lásky jedné plavovlásky (Os amores dunha loura, 1965) ou Hori, ma panenko! (Ó lume bombeiros!, 1967). Coa invasión soviética en 1968 emigrou a EE UU, onde rodou diversas películas con bastante éxito como One Flew Over the Cukoo’s Nest (Alguén voou sobre o niño do cuco, 1975), coa que gañou varios Oscar, Amadeus (1984), coa que consegue tamén moitos Oscar, Valmont (1989), The People vs. Larry Flynt (1996), ou Man on the Moon (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que forma.

    2. Cada unha das diferentes realizacións dun morfema, segundo a glosemática. Por exemplo, -s e -es son formantes dun mesmo morfema de plural (alpendre/alpendres, útil/útiles).

    3. Conxunto de sons harmónicos que, en fonética acústica, determina unha concentración de enerxía como característica de emisións vocais nunha frecuencia específica. A definición do timbre ou a localización das vocais extráese do exame dos dous primeiros formantes, o bucal e o farínxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer ou dar forma a algo utilizando un ou varios elementos.

      1. Xuntar persoas ou cousas para crear unha colectividade ou un todo.

      2. Ser algo ou alguén parte ou elemento principal dun todo.

      1. Dar unha formación intelectual, moral ou profesional a alguén.

      2. Desenvolver as facultades físicas, morais ou intelectuais dunha persoa.

      3. Desenvolver alguén certa idea, sentimento ou gusto.

    2. Dispoñer as tropas en formación segundo as regras tácticas.

    3. Adquirir alguén un certo grao de seriedade ou de responsabilidade.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Darlle formato a un disco para que poida executar operacións informáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que forma ou serve para formar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Medida dun libro, revista ou xornal que depende das dimensións das follas de papel enteiro ou pregado que compoñen os cadernos. Estes formatos varían entre os 30 cm ou máis para o folio, 25 cm para a cuartilla, 20 cm para o oitavo e 15 cm para o dezaseisavo.

      2. Estrutura interna que se lle dá á información documental, dependendo do código de catalogación que se empregue.

    1. Medidas dun cadro ou fotografía.

    2. Descrición que especifica o tipo, lonxitude e disposición de cada elemento pertencente a unha secuencia de datos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nervio na intersección dunha bóveda coa parede.

    2. formaleta.

    3. arco formeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa das Balears, a máis meridional das que forman o arquipélago (77 km2) que, xunto coas illas Espardell, Espalmador e outros illotes máis pequenos forma o municipio homónimo (5.353 h [1996]). Morfoloxicamente é unha plataforma estrutural terciaria disposta en dúas unidades de relevo: no L, as terras altas de La Mola e no O a península do cabo de Barbaria. As salinas de Eivissa e Formentera son Reserva Natural. Forma unha unidade administrativa suprainsular cos municipios da illa de Eivissa (Eivissa e Formentera). A comunicación con Eivissa é diaria. O turismo é unhas das fontes de ingresos máis importantes; e dende 1959 desenvolveuse nela o movemento hippy. Habitada desde a prehistoria, nela constátase a presenza púnica e romana. Ocupada polos musulmáns entre os ss X e XIII, foi conquistada por Xaime I de Aragón. Deshabitada entre os ss XV e XVIII, iniciouse a súa repoboación trala fundación en 1726 do primeiro núcleo estable en Sant Francesc. Do seu patrimonio cultural...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, na Comunitat Valenciana (2.112 h [1996]). Fundada en 1731 ao amparo do privilexio real concedido a N. Pérez de Sarrió, señor de Formentera, foi reconstruída tralo terremoto de 1829.

    VER O DETALLE DO TERMO