"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Que ou quen adquire algo xunto con outra persoa

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adquirir algo en común con alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adquisición dalgunha cousa en común con alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aviadora norteamericana. Obtivo a licenza de piloto no ano 1932 e foi a primeira muller que superou a velocidade de Mach 2. Foi presidenta da Federación Aeronáutica Internacional e, posteriormente, consultora da NASA para o entrenamento de astronautas. Publicou a autobiografía The Stars at Noon (As estrelas ao mediodía, 1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e xeógrafo. Ingresou na Academia militar de Guadalajara, onde obtivo o grao de tenente de enxeñeiros en 1839. Serviu ás ordes do xeneral Espartero na guerra contra os carlistas; ao seu remate recibiu a cruz da orde de San Fernando e o ascenso a capitán. En 1844 destinárono como agregado ao exército francés que desenvolvía a campaña de conquista de Alxeria. En 1846 incorporouse á dirección xeral de Enxeñeiros, dende a que comezou os traballos do Atlas de España a escala 1:200.000 (46 follas publicadas a partir de 1847). En 1866, un ano despois de acadar o ascenso a coronel, pediu o retiro do exército para dedicarse á investigación. Entre as súas obras destaca Reseña Geográfica de España y de sus provincias de Ultramar (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mercador francés. Mestre das moedas (1435), ministro de Finanzas (1440) e conselleiro (1442) de Carlos VII. En 1432 iniciou o comercio con Oriente desde Montpellier e Marseille. Dispuxo dunha flota e alternou o valioso intercambio con Oriente, sobre todo de especias, con outras actividades comerciais. Acredor do rei e dos cortesáns, e envexado polas súas riquezas, foi acusado de diversos delitos que levaron á súa detención en 1451. En 1453 foi condenado ao pagamento dunha gran cantidade de diñeiro e confiscáronlle os seus bens; por esta razón, fuxiu de Francia e refuxiouse preto do papa, que lle confiou o mando dunha escuadra contra os turcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Cuscatlán, El Salvador (43.564 h [1992]). Foi capital da república entre 1854 e 1858, e está situado sobre a ladeira do volcán homónimo. É un importante centro comercial, principalmente de produtos agrícolas. As industrias máis importantes son as transformadoras de tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Santiago de Compostela entre xaneiro e abril de 1813, primeiro na imprenta de Los Dos Amigos e, despois, na de Manuel María de Vila. Defendeu firmemente as doutrinas absolutistas. Foi moi polémico, xa que acollía escritos de carácter político que despois criticaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona segregada pola mucosa da parte alta do intestino delgado. Estimula a contracción da vesícula biliar, a secreción hepática da bile e a secreción de enzimas pancreáticos. Tamén inhibe a secreción ácida do estómago provocada pola gastrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín Informativo que saíu en decembro de 1976 en Vigo. Editouse co gallo da celebración do I Congreso Nacional deste sector, polo que todos os artigos estaban relacionados co acto. Colaboraron nela, entre outros, Carlos García Castro, Miguel Font, Antonio Velloso e Mario Gaviria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido vexetal de sostemento, de orixe primaria, constituído por células vivas de membrana desigualmente engrosada con celulosa e pectinas. É propio dos órganos en desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propio do colénquima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución colexial creada en 1973 pola segregación do antigo Colegio de Arquitectos de León, Asturias y Galicia. A asemblea constituínte celebrouse en Santiago de Compostela en outubro de 1973. Ao abeiro do colexio, naceu a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (1975). Estrutúrase en dous niveis: un órgano xeral ou central situado na Casa da Conga, en Santiago de Compostela, e as delegacións da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. A dirección do colexio corresponde á Xunta de Goberno, formada polo decano presidente, o tesoureiro contador, o secretario, catro vocais e os presidentes das distintas delegacións. Pola súa banda, as delegacións contan cunha xunta directiva integrada por un presidente, un tesoureiro e un secretario. O colexio ten como funcións atender os aspectos profesionais dos colexiados, así como a problemática social, cultural, económica e urbanística galega. Para velar pola deontoloxía profesional e para impoñer as correccións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao coloquio.

    2. Aplícase ao nivel de relación habitual ou corrente.

      1. Aplícase á linguaxe propia da conversa a diferencia da escrita ou literaria.

      2. Aplícase ás voces, xiros, expresións ou frases propias da conversa cotiá. O falante non coida a pronuncia, o vocabulario ou a estrutura oracional. Os falantes educados nunha lingua, xeralmente utilizan a fala coloquial en situacións informais. Por exemplo, en galego, na fala coloquial, pódese dicir Veña, anímate, e vén tomar un café con nós en lugar da opción máis formal Estariamos encantados de que nos acompañases a tomar un café.

      3. estilo coloquial

        Aplícase ao xeito de escribir tal como se fala a cotío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra ou expresión que se emprega máis comunmente na fala e na escrita informal. Por exemplo, en galego, habería uns catro guichos no coche é un coloquialismo por habería unhas catro persoas no coche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba deitada, de talos volubles provistos de gabiáns e follas dúas veces pinnatilobuladas. Os seus froitos en pepónide, teñen a forma e as dimensións dunha laranxa e presentan o epicarpio fortemente endurecido e de cor amarela. A polpa deste froito emprégase en medicina como purgante. É propia do norte de África, aínda que se cultivou amplamente na Península Ibérica durante a época musulmana, polo que se dá de forma semiespontánea nas veigas baixas do litoral meridional mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conversa, especialmente dunha certa importancia, entre dúas ou máis persoas. Ex: Xa iniciaran o coloquio cando chegamos nós.

      2. Disertación pública sobre un tema entre persoas especializadas na materia que se trata sen que haxa necesariamente acordo entre elas.

    1. Intercambio de opinións ao remate dunha conferencia, unha sesión de cine ou doutro acto semellante, entre o conferenciante ou o presentador e o público que asistiu ao devandito acto. Ex: Gústame escoitar o coloquio que hai despois da proxección da película.

    2. Obra literaria dialogada, en prosa ou verso, na que personaxes reais ou imaxinarios expoñen distintas opinións de carácter social, filosófico ou moral dende unha perspectiva crítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entremés escrito polo Padre Sarmiento ao regreso dunha viaxe polo Reino de Galicia no ano 1745, co obxectivo de contextualizar nunha estrutura literaria o material lingüístico que recollera na mencionada viaxe. Aínda que é un texto inacabado que non publicou en vida, constitúe a única obra de creación na que Sarmiento emprega a lingua galega. O manuscrito do que parten os editores é unha copia de 1789, conservada na Biblioteca Nacional de Madrid, titulada Colección de voces y frases gallegas en coplas y un glosario de dichas voces. Composta por 1.201 coplas, a carta que a precede permite fixar a súa elaboración entre 1745 e 1751. Existe outro manuscrito no Museo de Pontevedra con 107 coplas máis, se ben os estudiosos cuestionaron a atribución das mesmas a Sarmiento ao basearse en argumentos lingüísticos. O tema da peza xurdiu do pasamento de Filipe V, primeiro rei borbón español, e da coroación do seu fillo Fernando VI; o autor elaborou un cadro de costumes no que labregos de Pontevedra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de literatura que edita trimestralmente a Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa dende o ano 1959. Foi dirixida por Hernâni Cidade, Jacinto do Prado Coelho, David Mourão-Ferreira e Joana Varela. Comprende as seccións “Ensaio”, “Documentos”, “Ficção”, “Poesía”, “Notas e Comentários”, “Cartas”, “Crítica de livros”, “Informação literária” e “Revista de revistas”. Centrada na literatura de Portugal, Brasil ou África, tamén presta atención á produción galega. Nos números 137 e 138 acolle diversos traballos sobre literatura galega, a súa historia, o xornalismo e o labor editorial. No número 139 publicou recencións sobre dez autores galegos, entre eles, Pondal, Rosalía, Curros, Cabanillas, Castelao e Pedrayo, xunto cunha antoloxía poética e traballos de ficción firmados polos mesmos autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra que data do ano 1553, firmada por Torquemada e que foi a última que se editou na imprenta de Agustín de Paz en Mondoñedo.

    VER O DETALLE DO TERMO