"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
-
Parte móbil dun aparato, dunha máquina ou dun dispositivo xiratorio, que vira nun mecanismo, en contraposición ao estator.
-
Árbore das turbinas de gas, que vira impulsada pola enerxía que lle ceden os gases que, procedentes da cámara de combustión, atravesan en sentido radial a serie de coroas de penlas tanxenciais das que vai provisto.
-
-
Conxunto formado polos planos de sustentación rotatorios ou paletas, a súa árbore de rotación e os dispositivos reguladores do ángulo de ataque das aspas e da inclinación do plano de rotación, que asegura a sustentación nos xiroavións.
-
Mecanismo naútico formado por un cilindro oco que rota arredor dun mastro que lle serve de eixo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro que consiste na ictericia crónica, de carácter familiar, ocasionado por un trastorno de excreción de bilirrubina conxugada polos hepatocitos.
-
MONTES
Monte situado na parroquia das Maus (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como Karolina Svĕtlà, da súa obra destaca Vesnický roman (Novela labrega, 1867), Křiž u potoku (A cruz do regato, 1868) e Nemodlenec (O que non prega, 1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico. Formouse no Seminario de Mondoñedo (1946-1954) e licenciouse en Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca (1958). Ordenado sacerdote en 1959, doutorouse en Dereito Canónico pola Universidade de Múnic (1964). Foi profesor no Seminario de Mondoñedo (1964-1966), no Instituto de Dereito Canónico da Universidade de Múnic (1969-1969) e na Universidad Pontificia de Salamanca (1971-1976), da que foi vicerreitor (1972-1976). Bispo auxiliar de Santiago de Compostela (1974) e titular de Gergi (1974), foi arcebispo de Santiago de Compostela (1984-1994) e desde 1994 arcebispo de Madrid. En 1998 converteuse en cardeal coa titularidade de San Lorenzo in Damaso. Presidiu a Conferencia Episcopal Española (1999-2005). Colaborador en diversas publicacións sobre temas relativos á fundamentación teolóxica do dereito canónico e as relacións da Igrexa co Estado, publicou Saat und Kirche im Spanien des XVI (Estado e Igrexa na España do s XVI, 1965), Sacramento e diritto: antinomia...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Roupar (Xermade). Realizada en granito, conserva a capela ao lado da casa, que está dedicada a san Roque. Foi declarada BIC en 1994.
-
PERSOEIRO
Médico estadounidense. Estudou nas universidades Johns Hopkins de Baltimore e na de Michigan. Foi membro do Rockefeller Institute desde 1909 e descubriu o sarcoma de Rous (1911). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1966), xunto a Charles B. Huggins, polas súas investigacións sobre a etioloxía vírica do cancro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento que realizou H. A. Rowland para probar a relación que existe entre o magnetismo e a electricidade. Dispuxo un disco electrizado que xiraba a gran velocidade e demostrou mediante unhas agullas magnéticas que se producía un campo magnético por efecto do campo eléctrico creado polo disco.
-
-
Acción de rozar unha cousa con outra.
-
Trato que teñen dúas ou máis persoas.
-
Enfrontamento leve entre persoas.
-
-
GALICIA
Profesor. Foi un dos fundadores de Escola Aberta e de Nova Escola Galega. Pertenceu á comisión de Lingua do Consello da Cultura Galega e dirixiu a revista Galicia, Cultura y Ocio. Ademais de diversos libros de texto de carácter didáctico e pedagóxico, é autor de Os residuos sólidos urbanos (1990), O patrimonio arqueolóxico e artístico (1992) e Xograres do mar e do amor (1998). Coordinou os volumes Galicia en mapas (1980) e Arqueoloxía de Galicia (1982). Recibiu o Premio da Crítica Galicia (1980) e o Premio Otero Pedrayo (1984), en representación de Escola Aberta e do audiovisual Galicia en imaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que pertence ao Parque Natural do Invernadeiro, situado no concello de Vilariño de Conso. O seu cumio acada os 1.604 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Rúa. Construída na primeira metade do s XVII e reformada no s XVIII, a súa orixe remóntase ata o s XII. Consta de tres naves divididas en pequenas capelas. A nave central cóbrese con bóveda de canón de madeira, apoiada en arcos faixóns tamén de madeira, e decórase con casetóns con motivos vexetais. A cúpula do cruceiro eríxese sobre pendentes e conta cunha lanterna que ten un pequeno balcón interior de madeira policromada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tempo que non se segue rigorosamente para que poida ser reducido ou alongado, cando se estende máis alá do permitido matematicamente.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Calvos de Randín baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Calvos de Randín. De orixe románica, reformouse no s XVIII. Só se conserva da primitiva construción a capela maior, cuberta cunha bóveda de maior. Destacan as pinturas murais, que puideron realizarse no s XVI e que poden representar o Xuízo Final.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Director de La Voz de Galicia desde o 5 de xuño de 2000. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, iniciou a súa andaina profesional no mundo da prensa, a radio e a televisión hai máis de vinte e cinco anos. Traballou nas redaccións dos periódicos Informaciones, Ferrol Diario, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia e foi director de Antena 3 Radio Coruña (1983) e director xeral desta emisora (1989-1992). Dirixiu Radio Voz (1993-1995) e fundou Deporte Campión (1995) -o primeiro xornal deportivo diario-, ademais da revista Camino. Director territorial de Antena 3TV Galicia (1995-1999) -desde o que puxo en marcha o primeiro informativo diario desta cadea en Galicia-, creou, dirixiu e presentou diversos programas de televisión na TVG e Antena 3TV, como Fronte a fronte, De Viva Voz e Galicia a Fondo. Colaborador do programa La hora cero, de José Luis Balbín,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista ruso. Recibiu consellos de F. Liszt e F. Chopin en París, onde actuou como intérprete. Posteriormente coñeceu a G. Meyerbeer en Berlín. En 1848 estableceuse en Peterburgo e dedicouse desde entón a compoñer. Fundou e dirixiu o conservatorio de Peterburgo (1862-1867 e 1887-1890). Compuxo seis sinfonías, catro aberturas para orquestra, dúas cantatas, sonatas para piano, óperas (Demon, 1875), oratorios (Christus, 1888) e outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Órgano imperfectamente desenvolvido, que ten unha función escasa ou nula, pero que tivera un período filoxenético anterior.
-
Órgano nos inicios do seu desenvolvemento.
-
-
Nocións moi primarias ou elementais.
-
primordio seminal.
-
-
PERSOEIRO
Relixioso. Ingresou na orde franciscana en 1773 e secularizouse en 1808. Manifestou certo liberalismo e foi deputado nas Cortes de Cádiz representando a Canarias e o Reino de Galicia (1820-1822). Pediu a redución do décimo á metade, interveu contra a Inquisición, o voto de Santiago e os xesuítas e solicitou cambios radicais na Igrexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Especializada en literatura infantil, da súa obra destacan A lenda do capitán Miñoca (1999, Premio O Barco de Vapor) e Historia invisible do bico Simón (2004). Escribiu tamén a novela Dentro da illa (2005, XXIII Premio de Novela Blanco Amor 2004), que destaca pola habilidade da autora para crear un mundo literario que se move entre o fantástico e o real, dotada de imaxes moi orixinais, e rica en recursos de estilo.
VER O DETALLE DO TERMO