"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Sociedade fundada en 1843 por Jean-Baptiste Muard e Pierre Boyer en Pontigny (Francia), co fin de remediar a situación de abandono e destrución que vivía a Igrexa gala tralo estoupido da Revolución Francesa e formar un grupo de misioneiros que suplise as necesidades das parroquias da diocese. Desde a expulsión das ordes relixiosas o superior comezou a residir en Hitchin, Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director coral e compositor. Na Coruña dirixiu o Orfeón La Aurora e a Coral Polifónica El Eco. O 7 de xullo de 1923 debutou á fronte do Coro Toxos e Froles no Salón Círculo Recreativo de Redes coa estrea da súa obra Orballeiras, colectivo que dirixiu ata a súa morte; e o día 15 do mesmo mes actuaron nunha homenaxe a emigrantes galegos que chegaron dende La Habana. Así mesmo, dirixiu a agrupación en numerosas actuacións en Ferrol, Betanzos, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Noia, etc. O 17 de abril de 1925 estreou o pasodobre Toxos e Froles, para seis voces mixtas, e o 15 de outubro e o 22 de decembro de 1926 Gaitiña mía, para piano e canto, e A neve, todas elas da súa autoría. Da súa produción destacan, ademais, numerosas obras para piano, guitarra e orquestra, e tamén un arranxo de Negra sombra e as pezas A volta da feira de Portomarín, A festa dos mariñeiros, A volta do emigrante, Pastoriza e Na festa do Patrón,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario creado por iniciativa do concello de Redondela en 1981. Está promovido e financiado por un conxunto de concellos que cada ano se van sumando á convocatoria e que achegan unha parte proporcional do premio en metálico que se lle entrega ao gañador. Cada ano organízao un dos concellos, que se encarga así mesmo da entrega do premio e de difundir ese ano a obra de Eduardo Blanco Amor nunha semana dedicada ao autor. A primeira edición celebrouse en Redondela. As obras presentadas deben ser inéditas e o galardón entrégase no mes de decembro, nun acto que, ademais, acolle o sorteo do concello que organizará a edición seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Wessex (975-978), fillo e sucesor de Edgar I de Wessex. Coñecido como san Duarte ou Eduardo o Mártir, foi asasinado na súa infancia pola súa madrasta. A súa festividade celébrase o 18 de marzo e o 13 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Islip, Oxford 1003 - Westminster 5.1.1066) Rei de Wessex (1042-1066), fillo de Etelredo II. Coñecido como san Duarte ou Eduardo o Confesor, foi o derradeiro rei anglosaxón de Inglaterra. Trala invasión dos dinamarqueses, con dez anos de idade, refuxiouse en Normandie. Trinta anos despois, logo da morte de Canuto I e coa axuda do seu sogro Godwin de Wessex, accedeu ao trono (3.4.1043). Durante o seu reinado favoreceu a nobreza normanda, feito que orixinou enfrontamentos cos anglosaxóns e dinamarqueses (1050-1052). Reduciu os impostos sobre o campesiñado e permitiu a mellora na agricultura. Construíu a abadía de Westminster onde foron sepultados dende aquela os reis de Inglaterra. Sucedeuno Guillerme o Conquistador, duque de Normandie. Foi canonizado no 1161. Na iconografía leva barba longa e vestiduras reais e, como atributos, a coroa e cetro reais e un anel. A súa festividade celébrase o 13 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se educa ou recibe educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Northumbria (616-633), fillo do rei de Deira. No comezo do seu reinado atacou o N de Gales, onde tomou Elmet e Anglesey. Converteuse ao cristianismo (627) e morreu nun ataque dos reis Catwallon de Gales e Penda de Mercia (632). Foi venerado como santo na Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que edulcora.

    2. Substancia que serve para dar ou aumentar o sabor doce do produto alimentario ao que se lle engade. Segundo a súa orixe poden ser: naturais (a sacarosa, a frutosa, a glicosa, o sorbitol, o manitol e o xilitol); ou artificiais (a sacarina, o aspartamo e o ciclamato). Os edulcorantes naturais teñen poder enerxético, aproximadamente de 4 kcal/g, mentres que os edulcorantes artificiais, obtidos por síntese química, caracterízanse por ter un poder adozante superior aos naturais e carecer de poder enerxético, polo que se empregan en dietas en que non se aconsella o consumo de azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Polonia (1384-1399), filla de Luís de Hungría. Foi entronizada pola nobreza polaca e polos representantes das cidades, quen decidiron casala con Jagellon, soberano do Gran Ducado de Lituania, mediante o Tratado de Krewa (1385). Ao ano seguinte e despois do seu bautismo, Jagellon adoptou o nome de Ladislau e a nobreza polaca elixiuno rei de Polonia. Deste xeito uníronse Polonia e Lituania fronte á ameaza da Orde Teutónica. Foi canonizada no 1997 e a súa festividade celébrase o 16 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla do duque de Carintia e esposa do duque Enrique I o Barbudo de Silesia e Polonia. Xunto con seu marido fundou varios conventos de monxas e a abadía cisterciense de Trebnitz, preto de Breslau, no que entrou como relixiosa ao quedar viúva (1238). Na iconografía viste, ou ben ricas roupas e coroa ducal na cabeza, ou ben hábito cisterciense ou toucas negras de viúva; como atributos persoais leva unha zapatilla na man, unha maqueta de igrexa ou mosteiro ou unha imaxe da Virxe. Foi canonizada en 1267 e a súa festividade celébrase o 16 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo calvinista. Foi un dos vangardistas da fenomenoloxía da relixión. A súa obra máis importante é Inquiry into the Freedom of the Will (Preguntas sobre a liberdade do salvaxe, 1754).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor galés. Catedrático na Universidade de Oxford, codirixiu a revista do partido nacionalista galés e fundou a revista infantil Gales dos nenos, e tamén O home de Letras. Escribiu narracións de viaxes e editou clásicos galeses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor estadounidense. Coñecido como Jango Edwards, formouse en Londres. Destaca pola recuperación de moi diversas tradicións no campo do teatro cómico, burlesco e satírico, utilizando técnicas propias do circo e da barraca de feira. Entre as súas achegas hai que destacar a recuperación das festas dos tolos medievais, unha proposta que desenvolveu en Amsterdam a finais dos anos setenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Rembrandt, as súas obras mostran a influencia do mestre. Cultivou a pintura relixiosa, as escenas de xénero e o retrato. Da súa produción destacan A derradeira cea (1664), A lección de música (1655) e Catro oficiais do gremio de toneleiros e trasegadores do viño de Amsterdam (1657).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio do Cuaternario, correspondente ao derradeiro período interglacial Riss-Würm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Eemiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Urbanista e arquitecto neerlandés. Estudiou arquitectura na Academie van Beeldende Kunsten de Rotterdam (1915-1917) e ampliou estudios na Academie van Bouwkunst de Amsterdam (1919-1922). Polo deseño do edificio da academia neerlandesa de ciencias, que non construíu, recibiu o Prix de Rome en 1922. Colaborador de Theo van Doesburg, foi un dos delegados encargados de preparar o IV Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (CIAM, 1932) e do plenario do Grupo de Artistas y Técnicos Españoles para el Progreso de la Arquitectura Contemporánea (GATEPAC) en Barcelona. Fixo a planificación urbanística de Amsterdam e presidiu o CIAM.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • François Lejeune.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ivan Antonovič Jefremov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Nísibis, Mesopotamia 306 - Edessa 373) Escritor sirio e doutor da Igrexa. Dirixiu a escola de canto de Nísibis (350-363), e foi diácono do bispo de Nisibina. Cando a cidade pasou ao poder dos persas marchou a Edessa (363). Escritor prolífico, as súas obras pódense dividir en homilías ou prosa métrica relixiosa (memra) e en himnos ou madraše, cun refrán (‘onitā) repetido despois de cada estrofa. Na iconografía viste túnica cinguida e manto abotoado no peito, e como atributos leva unha pluma e un libro e, ás veces, tamén unha trompeta. A súa festividade celébrase o 9 de xuño en Occidente (antes da reforma litúrxica o 18 de xuño) e o 28 de xaneiro en Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO