"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • PERSOEIRO

    Narrador, crítico e dramaturgo. Profesor de literatura en Roma e en Catania, foi un destacado representante do teatro siciliano e, influído por Zola, un dos creadores do verismo. Amais foi crítico literario no Corriere della Sera e noutros xornais italianos. A súa narrativa presenta, cunha intención documental e científica, casos xeralmente patolóxicos dentro dun clima tráxico. Publicou Giacinta (1879), Il Profumo (O perfume, 1890), Il marchese di Roccaverdina (O marqués de Roccaverdina, 1901) e Teatro dialettale siciliano (Teatro dialectal siciliano, 1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de escultores de orixe xenovesa establecida na Comunitat Valenciana a mediados do s XVII. Os iniciadores da dinastía foron Giulio Capuç o Vello e o seu fillo Giulio Capuç (Ontinyent? 1630 - ?). Os fillos deste último cultivaron a imaxinería relixiosa: Leonardo Giulio Capuç Calbet (Ontinyent? 1660 - 1731), Giulio Capuç Calbet (València 1665 - 1727) e Ramon Capuç Calbet (València 1666 - 1743), escultor de Filipe V e Luís I. A tradición familiar dos Capuç dos ss XVII e XVIII foi continuada por Antoni Capuz i Gil (Godella 1846 - ?) e os seus fillos. Josep Capuz i Mamano (València 1884 - Madrid 1964) aprendeu a técnica no taller de imaxinería relixiosa do seu pai e perfeccionou a súa técnica en Madrid en 1904 e en Roma en 1909, onde asistiu á Academia Española de Bellas Artes, antes de viaxar a París. Coa realización do grupo Paolo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie de gorro unido a unha peza de vestir, xeralmente de forma cónica e ampla co que se cobre a cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herbácea rastreira ou rubideira de ata 65 cm de longo, de follas alternas, redondas, duns 15 cm de diámetro e pecíolo central, flores zigomorfas de 6 cm de diámetro con cinco sépalos, un deles con esporón cilíndrico, e cinco pétalos amarelos ou vermellos. Orixinaria de Sudamérica, en Galicia cultívase como ornamental e pode aparecer naturalizada.

    2. Cada un dos topes que nas minervas se empregaban para guiar o papel. Orixinariamente estaban feitos cunha tira de papel dobrada cunha forma semellante a unha capucha.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos capuchinos ou á súa orde.

      2. Membro dunha das diversas ordes inspiradas na regra dos franciscanos, que foi reformada por Matteo di Bassi ou da Bascio (1495-1552), freire menor observante.

      3. Orde inspirada na regra dos franciscanos que propugnaba o retorno ao primitivo espírito franciscano de pobreza integral e liberdade de prédica. Foi aprobada por Clemente VII en 1528, aínda que estivo baixo a xurisdición dos freires menores observantes ata 1619. A orde recibe o nome oficial de Ordo Fratum Minorum S. Francisci Cappucinorum e ten 16.000 relixiosos, repartidos en 60 provincias. O seu nome provén da indumentaria que adoptaron, un saial de cor parda, semellante ao dos franciscanos, aínda que rematado nunha capucha máis bicuda ca a deles.

    1. Mamífero primate das dimensións dun gato, co pelame de cor castaña e cos bordos da cara e do pescozo brancos. Viven en grupos nos bosques de América do Sur, desde Nicaragua ata o norte de Arxentina.

    2. Xogada de billar na que a bóla, ao tocar a dúas bandas en puntos moi próximos ao seu lugar de encontro, pasa polo centro da mesa.

    3. café.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie de gorro de forma cónica, meirande ca a capucha, unido a unha peza de vestir para cubrir a cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia da facción güelfa de Cremona, do s XIII, oposta aos Barbarasi. Da interpretación errónea duns versos de Dante, Luigi da Porto creou a familia veronesa dos Ca-puleto, adversaria dos Montescos (Montecchi), e inspirou a Shakespeare na súa obra Romeo e Xulieta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Capuletos.

    2. Membro da familia dos Capuletos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos capúlidos.

    2. Molusco da familia dos capúlidos.

    3. Familia de moluscos gasterópodos da subclase dos prosobranquios, pertencente ao xénero Capulus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore de follas alternas, lanceoladas e con glándulas vermellas na súa superficie, con flores brancas de cinco pétalos e con froitos en drupa. É unha especie orixinaria de México.

    2. Froita comestible, semellante a unha cereixa, de cor amarela, que produce o capulín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos gasterópodos prosobranquios da familia dos capúlidos, que se caracterizan por ter a cuncha con forma de bonete coa punta virada cara a atrás. Distribuídos por todos os mares, viven en augas profundas, arredor dos 100 m, fixados á cuncha doutros moluscos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ser humano ou abstracción que se fai de todo o dereito na lexislación romana.

      2. Conxunto de dereitos que conformaban a personalidade xurídica do cidadán romano.

      3. Unidade fiscal do dereito romano baseada na repartición de contribucións e tributos, ou ben no imposto pagado por unha persoa, á marxe dos seus capitais ou ingresos.

    1. Tumefacción da rexión cranial do neonato que corresponde a unha inflamación ou a unha hemorraxia producida pola presión da cabeza fetal contra o colo uterino durante o proceso de parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de gorro de forma cónica que vai unido a outra peza de vestir para cubrir a cabeza.

    2. couselo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pel que recobre algúns froitos como a pataca ou a pera.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pel delgada que recobre a castaña por debaixo da casca.

      2. Pel externa, máis ou menos delgada, de certos froitos como a pataca ou a laranxa.

    1. Capa que se forma sobre o leite ao arrefriar.

    2. Casca exterior dalgunhas árbores como o bidueiro ou o eucalipto.

    3. Agrupación de feixes de liño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de São Paulo, Brasil, ao NO da cidade de São Paulo (315.199 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos carápidos.

    2. Peixe da familia dos carápidos.

    3. Familia de peixes da suborde dos ofidioideos, de corpo angüiforme, comprimido ou cilíndrico, que vai estreitando ata unha cola delgada. Teñen a aleta anal máis longa ca a dorsal, normalmente presentan aleta peitoral e carecen de aletas pelvianas. O corpo non presenta de escamas; ten un bico curto, cun orificio nasal posterior aberto en media lúa, preto do ollo; a boca dispón de dentes delgados nas mandíbulas e padal, ás veces con dentes grandes similares a caninos. O ano localízase debaixo, por detrás ou inmediatamente diante da base da aleta peitoral. As especies dos xéneros Echiodon, Pyramodon e Snyderidia son peixes que non viven en cardumes e habitan tanto en augas superficiais como profundas (ata polo menos os 500 m); os adultos dos restantes xéneros, entre eles Carapus, viven en augas máis superficiais, incluso litorais, xa que son hóspedes das cavidades corporais de equinodermos (holoturias e estrelas) e de grandes moluscos bivalvos. Algunhas especies mostran...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas escudo tronzado por unha banda de ouro: primeira partición, en campo de ouro, cunha estrela de ouro; segunda partición, en campo de sinople, cunha ave ao natural picada e membrada de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO