"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
-
Acción e efecto de marear ou marearse.
-
Malestar xeral indeterminado, acompañado a miúdo de náuseas, palidez e sudación fría, ou mesmo vómitos, dor de cabeza, vertixe e ansiedade que é consecuencia dunha superestimulación do aparato vestibular do oído interno.
-
Cansazo mental que se produce polo exceso de ruído ou traballo, ou polas dificultades para resolver un asunto.
-
Embriaguez lixeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que rexistra as variacións do nivel do mar nas distintas horas do día, especialmente as que se deben ás mareas. Está formado por un flotador acoplado á pluma dun rexistrador que debuxa sobre un gráfico as variacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica da elevación e do descenso do nivel do mar que provoca as mareas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que mide a altura do nivel das mareas.
-
-
Relativo ou pertencente á enerxía mareomotriz.
-
Tipo de enerxía renovable que se basea na oscilación do nivel do mar en forma aproximadamente sinusoidal a causa das mareas. Aprovéitase a diferenza de niveis que ocasiona a marea para facer pasar auga de encoramento ao mar a través das canles de alimentación do grupo de turbinas da central mareomotriz.
-
-
GALICIA
Escultor. Mestre na Escola de Artes e Oficios de Vigo, traballou o marfil e o barro, en obras de pequeno formato. Destacan os conxuntos Mordomas e Entroido. Ten obra no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e noutras coleccións galegas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, erudito e pedagogo. Formado nos obradoiros de Eusebi Arnau, viaxou por Roma, Florencia, París e Bruxelas ata que estableceu o seu taller en Barcelona. Foi considerado un dos principais especialistas españois en estatuaria monumental (Vitòria 1932-1940). Foi presidente da Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi. Participou na Exposición Internacional de 1929 e en diversas actuacións en Montjuïc e a Plaça de Catalunya. En 1946 fundou en Barcelona, con fondos da súa colección particular, o museo que leva o seu nome, declarado Ben de Interese Cultural en 1962. Publicou El mundo fascinante del coleccionismo y de las antigüedades (1977) e Informes sobre monumentos catalanes (1984). Recibiu a medalla de ouro da Generalitat (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
marusía.
-
-
Movemento das ondas do mar ao empezar ou rematar unha tormenta.
-
Auga superficial do mar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á enerxía solar almacenada en forma de calor nas capas superficiais dos mares, en especial nas zonas ecuatoriais e tropicais.
-
PERSOEIRO
Fisiólogo francés. Destacou polos seus descubrimentos de aparatos que se destinan a rexistrar graficamente a acción vital de determinados órganos, como o esfigmógrafo ou o pneumógrafo, e de diferentes métodos de cardiografía intracardíaca. Xunto con Élie de Cyon estableceu a lei da constancia do traballo do corazón, que leva o seu nome. Das súas obras destaca La Méthode graphique dans les sciences expérimentales... (1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Margarida I de Acaia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio teatral de periodicidade anual que creou en 1997 a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena, en colaboración co concello da Coruña e a asociación Artistas Intérpretes Sociedad de Gestión, co que se recoñece o labor desenvolvido pola profesión teatral galega en cada un dos apartados en que se divide unha produción (interpretación, dirección, maquillaxe, escenografía e vestiario).
-
PERSOEIRO
Raíña de Francia, filla de Filipe IV. Casou con Luís XIV de Francia, segundo o estipulado na Paz dos Pireneos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Princesa de Beira. Segunda muller (1838-1855) de Carlos María Isidro de Borbón, promoveu o carlismo intransixente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou María Tareixa de Habsburgo (Viena 1717 - 1780) Arquiduquesa de Austria, raíña de Hungría e de Bohemia (1740-1780) e emperatriz romano-xermánica, filla do Emperador Carlos VI. O seu pai, pola Pragmática de 1713, aseguroulle os dominios patrimoniais de Austria, pero cando morreu este en 1740, Federico II de Prusia invadiu Silesia (1740-1741) e o elector de Baviera foi proclamado emperador, co nome de Carlos VII (1742). Coa axuda de Inglaterra e Hungría, fixo coroar emperador en 1745, co nome de Francisco I, ao duque Francisco III de Lorena, co que casara en 1736. Pola Paz de Aquisgrán foi recoñecida a devandita coroación e a cesión de Silesia a Prusia, o ducado de Milán a Savoia e os ducados de Parma, Piacenza e Guastalla a España. Seguindo as directrices do seu ministro Kaunitz-Rietberg, iniciou reformas fiscais e administrativas, e reorganizou o exército.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués, irmán do trobador Garcia Soarez. Desenvolveu a súa obra na corte castelá de Fernando III, onde coñeceu a Pero da Ponte, Afons’ Eanes do Coton e ao xograr Lopo. Activo entre 1230 e 1270, a súa obra é fundamentalmente amorosa, con 22 cantigas de amor, e satírica, con cinco escarnios literarios (catro dirixidos a Lopo e un a Pai Soarez de Taveirós), nove escarnios persoais (un a Afons’ Eanes do Coton), un escarnio moral e un escarnio social. Entre as súas composicións destacan “Ay Paay Soarez, venho-vos rogar”, “Joan Fernandes, que mal vos talharon”, “Lopo jograr, és garganton” e “Pero Rodríguiz, da vossa molher”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Regatista. En 1989 incorporouse ao equipo de vela do Real Club Náutico de Vigo, onde en 1996 pasou á clase Vaurien. Obtivo o título de campión ibérico de Vaurien (2001, 2002 e 2003) e subcampión do mundo de Vaurien (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, VII marqués de Valladares. Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821) e pola provincia de Ourense (1834-1836), cargo desde onde defendeu a capitalidade de Vigo. Senador pola provincia de Lugo (1840-1841) e por designación real (1846-1847), foi gobernador e presidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1836) e alcalde de Vigo (1843-1844).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Exerceu como notario ata que ingresou no mosteiro de Santa Luaría de Oseira, onde se ordenou sacerdote en 1955. Escribiu Vida de San Bernardo (1964).
VER O DETALLE DO TERMO