"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • Produto alimentario estabilizado por un tempo limitado mediante un tratamento adecuado e envasado en recipientes impermeables á auga a unha presión normal. O condicionamento inadecuado, ás veces por ser confundidas con conservas verdadeiras, pode ser causa de intoxicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Articulación intermedia entre fricativa e vogal que se produce durante a emisión do primeiro membro pechado dun ditongo. Compórtase como unha rápida transición entre un estado de máxima pechazón e outro de máxima abertura, que se corresponde coa vogal que forma o núcleo do ditongo silábico; por exemplo, [j] en piano [‘pjano].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á semiconsoante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Decisión senatorial en resposta á moción ou á consulta dun maxistrado na antiga Roma. O texto transcribíase no diario oficial e depositábase no aerarium Saturni. Comezou como un simple ditame ou parecer ao que podían non facer ningún caso os maxistrados, e só tivo forza executiva, de lei, no Imperio. Un maxistrado competente, sempre un tribuno, podía facer uso, durante a República, do seu dereito de intercesión ou de veto contra un senadoconsulto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vigo? -?) Avogado e xornalista. En Madrid foi redactor de Diario Universal e La Nación. Foi deputado polo distrito de Ordes (1916-1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Da súa filmografía destaca Great Expectations (1946), Hamlet (1948), Guys and Dolls (1956), The Big Country (1958), Spartacus (1960) e The Happy Ending (1969), algúns deles dirixidos polo seu marido Richard Brooks. Recibiu un Emmy pola seu papel na miniserie The Thorn Birds (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento sintético para a preparación de aneis ciclopropánicos, que foi introducido no ano 1959 por H.E. Simmons e R.D. Smith e que consiste no tratamento dunha olefina disolta en éter con diiodometano en presenza do par metálico cinc-cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de debuxos animados, creada por Matt Groening en 1993, e dirixida ao público adulto. Baséase no humor e na ironía e narra as aventuras dunha familia de clase media estadounidense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato de base, democrático, progresista e independente. Inclúe, entre os seus principios de actuación, a defensa dos intereses sociais, económicos, profesionais e culturais dos labregos galegos; a democracia, como mecanismo de funcionamento interno; a independencia e soberanía propia na toma de decisións; e a autoorganización endóxena dos labregos a todos os niveis. As súas orixes atópanse nos Comités de Axuda á Loita Labrega organizados desde 1970 pola UPG e Cristiáns polo Socialismo, e Comisións Labregas (CC LL) que constituíron o primeiro núcleo en Ribadeo (1973) e reivindicaban a recuperación dos montes veciñais en mancomún e a abolición da cota empresarial da Seguridade Social Agraria. En 1976, despois da súa reorganización, CC LL publicaron un programa en que destacaban medidas coma o fomento do asociacionismo agrario e das cooperativas de produción e a dotación de estradas, auga e electricidade ás parroquias rurais. En 1977 CC LL reorientaron a súa estratexia e produciuse a refundación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación formada en 1920 que unía diversas sociedades de resistencia do ramo da construción. Pola súa ilegalización durante a Ditadura de Primo de Rivera, volveron funcionar as sociedades de oficio por separado, ata que na Segunda República se refundou o sindicato (1933). Foi considerado o máis numeroso da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada na rexión de Eslavonia, Croacia (60.860 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ucraíno. Educado en Palestina, fundou os xornais Ha-Ares, Kĕtubim e Amudaim, e editou o diario Al-ha-mišmar e a colección popular Sifriyat po’alim. Foi o introdutor do modernismo na poesía hebrea e traduciu a diversos clásicos, como Molière ou Shakespeare. Recibiu o Premio Černikhovskih de Poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Director do Diario de Córdoba. Licenciado en Dereito e Ciencias da Información, fundou e dirixiu a axencia de noticias Radial Press (1964) e foi membro fundador de Ciudadano (1973) e Posible (1974). Traballou en Sábado Gráfico, El Periódico, Interviu ou Leer e foi director de Relacións Internacionais do Grupo Zeta. Director da axencia EFE (1986-1996), foi vicepresidente da Asociación da Prensa de Madrid (1981-1985), editor de Onda Mezquita e presidente do Consello Social da Universidade de Córdoba (2001). Publicou ensaios e novelas como Agotando la esperanza (Premio Café Gijón 1961), Las linotipias del miedo (1973), Una larga sed (1983) ou Te amaré después de siempre (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa constituída en 1908 dedicada á construción naval. Coñecida como La Naval, as súas orixes están nunha normativa para a reconstrución e modernización da armada española do 7 de xaneiro de 1908 pola que o goberno lle adxudicou o concurso para realizar o Plan de Escuadra Ferrándiz. A sociedade estaba formada maioritariamente por capital español, pero cunha importante presenza británica que representaba o 40% do capital. En xuño de 1909 produciuse o arrendo dos arsenais e estaleiros de Ferrol e Cartagena á empresa construtora. Durante o primeiro terzo do s XX monopolizou a construción naval en España, inspirada en buques da Royal Navy. Despois dun período de expansión e prosperidade, a Primeira Guerra Mundial supuxo un colapso na construción naval, que se recuperou na década de 1920 ata a crise de 1929. Na Segunda República atravesou dificultades económicas. Despois da Guerra Civil, en 1947 creouse, a partir dela, a Empresa Nacional Bazán de Construciones Navales Militares SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional que se acordou crear na conferencia de paz de París o 28 de abril de 1919. A súa finalidade foi o mantemento da paz mediante a solución pacífica dos conflitos e o desenvolvemento das relacións internacionais. Os seus órganos básicos eran a asemblea, o consello e o secretariado. Estaban asociados outros organismos, como a OIT e o Tribunal Internacional de Xustiza. Non foi capaz de resolver os graves problemas internacionais nos anos que precederon á Segunda Guerra Mundial. Tamén se mostrou inoperante ante as guerras italo-etíope e española e o imperialismo de Hitler. A derradeira asemblea en abril de 1945 acordou a disolución e a transmisión de funcións á ONU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta perenne, de ata 60 cm de altura, con rizoma groso do que xorden talos angulosos. Ten follas ovais, sésiles e de cor verde clara, as flores tubulares e cor branca verdosa dispostas sobre pedúnculos finos nas axilas das follas e froito en baga negra azulada cando madura. Florece entre maio e xuño en lugares sombrizos. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades diuréticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrado. Foi avogado, procurador xeral e rexedor da Coruña. Foi deputado pola Coruña na Xunta do Reino celebrada en 1800, un dos fundadores da Academia de Agricultura e un dos membros da Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia (1808). Analizou o atraso económico de Galicia. Escribiu Estorbos y remedios de la riqueza de Galicia (1775).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa discográfica fundada en 1988 por Eloi Caldeiro como un proxecto cultural para a dinamización, edición e difusión da cultura galega a través da música. O primeiro disco que editou foi Lembranza da Auga, do grupo Brath. Creou o certame anual Galiza Sonsfolk, para dar a coñecer o traballo dos novos artistas galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao N dos Montes de Toledo (10.018 h [2001]). Ten industria alimentaria e manufacturas de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO