"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Premio convocado en 1997 pola Asociación Galega de Editores e pola Asociación Portuguesa de Editores e Libreiros e patrocinado pola asociación Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Os orixinais poden presentarse tanto en lingua galega como portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Pobra de Brollón. Ten unha soa nave con cuberta de madeira a dúas augas. No interior destacan os retablos do s XVIII e no exterior a fornela coa imaxe de san Xurxo e unha torre de planta cadrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e oceanógrafo. Profesor na Universidade de Lund (1910-1939), centrou os seus estudios na dinámica das correntes oceánicas. A súa obra permitiu ofrecer unha explicación cualitativa da distribución das correntes oceánicas e tivo unha gran repercusión na meteoroloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor de literatura infantil e ensaio, en moitas das súas obras describe a moderna cidade africana e a disolución dos vínculos e códigos rurais tradicionais dos seus habitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do mu ḥ āfaa de Daqahlîya, Exipto, situada no delta do río Nilo (369.409 h [1996]). É un importante centro comercial e industrial, principalmente nos sectores téxtil e alimentario. Fundada polo sultán Al-Kamil entre 1218 e 1221, do seu patrimonio cultural destaca a casa medieval onde sufriu prisión o Rei Luís IX o Santo de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Toledo. Durante a súa mocidade ocupou cargos gobernamentais na corte do seu parente, o rei visigodo Leovixildo. Entrou despois no mosteiro de Agalia e, posteriormente, na sé arcebispal de Toledo. Na iconografía leva vestiduras de pontífice e palio arcebispal. A súa festividade celébrase o 18 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos accipítridos, ao que pertencen algúns dos peneireiros cinsentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que corre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos elasmobranquios.

    2. Peixe da clase dos elasmobranquios.

    3. Clase de peixes de esqueleto cartilaxinoso que engloba as ordes dos escualiformes, os galeiformes, os hexanquiformes, os quimeriformes, os raiformes e os torpediniformes. Tamén reciben o nome de condritios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnitude igual á inversa da capacidade. A súa unidade de medida é o farad-1(F-1).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia semellante ao ácido tánico que se extrae da semente do dividivi e da raíz da milgrandeira. É un po amarelo que se emprega no curtido da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do rrethi homónimo, Albania, na marxe dereita do río Shkumbin (83.300 h [1990]). Importante centro industrial, nel destacan os sectores siderúrxico e alimentario. Tamén ten unha refinería de petróleo. Fundada no s I co nome de Skampa, foi un núcleo comercial na ruta entre as penínsulas Itálica e Balcánica. No s IV construíronse as murallas da cidade e o emperador bizantino Xustiniano estableceu nela a sede do bispado. A fortaleza foi reconstruída en 1466 polo sultán Mohamed II tralo ataque turco e a cidade recibiu o nome de Elbasan, ‘fortaleza’ en turco. Nos s XVI e XVII converteuse nun importante centro de comercio e manufacturas de coiro, seda, madeira e prata. En 1832, o levantamento contra o poder turco levou á destrución da fortaleza do s XV. Do seu patrimonio cultural destacan as tumbas de varios guerreiros ilirios, os baños turcos, o Museo da Guerra de Liberación Nacional e o Museo da Educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania, na rexión de Tirana-Durrës (1.481 km2; 215.240 h [estim 1993]). A capital é Elbasan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Participou na campaña dirixida polo cardeal Cisneros contra Alxer en 1509. Establecido en Sevilla, alistouse na expedición de Magalhães que partiu do porto hispalense o 22 de setembro de 1519 para buscar un paso ás illas Molucas por Occidente. Elcano, contramestre da nao Concepción, tomou parte nun motín dalgúns oficiais en abril de 1520 cando a flota estaba fondeada nun porto da Patagonia. Sufocada a rebelión, Elcano continuou preso a travesía. Despois da morte de Magalhães nun enfrontamento cos indíxenas das Filipinas, o 27 de abril de 1521, Elcano foi liberado e posto ao mando da Victoria, unha das dúas naves ás que quedara reducida a flota trala desfeita. Chegaron ás illas Molucas a finais do ano 1521, e alí mercaron un gran cargamento de especias. Para evitar os portugueses (ós que segundo o Tratado de Tordesillas lles correspondía o comercio con aquela parte do mundo), a nao Trinidad e a nao Victoria separáronse: Elcano puxo rumbo ao O e chegou a Timor. En maio de 1522...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, marqués de Elduayen, fillo de José Elduayen Gorriti. Membro da Armada, acadou o grao de tenente de navío en 1891 e de capitán de fragata en 1913. Membro do Partido Conservador, foi deputado por Vigo en 1891 e representou a Lalín ata 1903, data na que pasou a representar a Pontevedra no Senado. Ata 1920 formou parte, entre outras, das comisións que estudiaron a anexión do concello de Bouzas ao concello de Vigo e a declaración do porto de Moaña de interese xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que electriza ou serve para electrizar.

    2. Que causa excitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos métodos eléctricos de análise química. Baséanse na medida do valor dalgunha ou dalgunhas magnitudes eléctricas que están relacionadas coa concentración da substancia problema. As magnitudes eléctricas que se miden son, basicamente, a diferenza de potencial entre os electrodos, a resistividade ou a súa inversa, que é a condutividade, e a intensidade, que corresponden á potenciometría, á condutimetría e á amperimetría, respectivamente. Noutros métodos, como a polarografía ou a voltamperometría, establécese a curva intensidade-voltaxe, e noutros, como a cronoamperimetría ou a cronopotenciometría, as características das curvas intensidade-tempo ou voltaxe-tempo, respectivamente. Un método analítico diferente é a coulombimetría, co que se mide a cantidade total de electricidade que se fai circular pola célula de electrólise. Na electrogravimetría non se mide ningunha magnitude eléctrica senón que se pesa a substancia sólida que se depositou por redución ou oxidación electroquímica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao electrogalvanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio dos fenómenos eléctricos producidos polas pilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo que produce unha forza de atracción mediante un campo magnético creado por unha corrente eléctrica. Consiste, esencialmente, nunha armadura ou núcleo de ferro ou de aceiro envolto por unha ou máis bobinas. Cando se fai pasar unha corrente eléctrica pola bobina créase un campo magnético na armadura.

    VER O DETALLE DO TERMO