"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Oza dos Ríos. De estilo románico, construíuse a finais do s XI ou comezos do s XII. Da primitiva construción só se conserva a ábsida e a fachada. Ten planta rectangular cunha soa nave e ábsida tamén rectangular, á que se accede por un arco triunfal lixeiramente apuntado. Ten un coro alto aos pés da nave. A portada principal está formada por arquivoltas tóricas, decoradas cun billete, apoiadas en columnas acobadeladas. No tímpano atópase inscrita unha cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo priorado cisterciense, dependente do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, que está situado en Rodeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que serve para medir a altura do salto nas competicións deportivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que salta moito.

    2. Que sobresae ou que é moi prominente.

      1. Insecto da orde dos ortópteros incluídos en diferentes xéneros de familias moi diversas. Ten o corpo macizo de cores terrosas, as antenas curtas, o órgano estriduloso formado polos élitros e os fémures, o órgano timpánico no abdome e o oviscapto moi curto. Son fitófagos e de costumes gregarios. Algunhas especies son alimento humano para certas poboacións dos desertos africanos. O saltón marroquí (Dociostaurus marocanus) habita no N e no centro de África, no O de Asia, na Península Ibérica, en Italia, no S de Francia, en Hungría e nos Balcáns, onde é sedentario e provoca pragas non periódicas nos mesmos lugares que habita. O saltón migratorio (Locusta migratoria) habita en Europa central e meridional, onde é sedentario e non gregario, e no O de Asia, onde é gregario, emigrante e provoca estragos considerables. O saltón peregrino (Schistocerca gregaria) habita en África e no O de África. É dos máis nefastos para...

      2. saltón verde [Tettigonia viridissima, Fam dos tetigónidos]

        Insecto da orde dos ortópteros que acada ata 7 cm de lonxitude. É de cor verde intensa e ten unhas antenas longuísimas e filamentosas, máis longas ca o corpo, e o oviscapto longo, en forma de sabre. Habita entre as herbas e plantas cultivadas.

    3. marolo.

    4. Molusco bivalvo de menos de 8 cm de lonxitude que habita en zonas próximas á costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. Despois dunha viaxe por diversos países do Mediterráneo, e influída por Costa i Llobera, comezou a escribir unha poesía marcada pola relixiosidade, que reflectiu en Poesies (1910), Espigues en flor (1926), El retorn (1934), Llepolies i joguines (1946) e Lluneta del pagès (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de salvar ou salvarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade constituída en 1923, sucesora das actividades de artes gráficas e editoriais iniciadas por Manuel Salvat i Xivixell en 1869 coa empresa Espasa Hermanos y Salvat. Especializouse na publicación de obras de carácter médico, dicionarios, enciclopedias e outras obras de referencia, ademais de obras de divulgación cultural, dos que destaca o Dicionario Salvat Enciclopédico Popular Ilustrado. Ten varias filiais nos países de Hispanoamérica e en 1988 incorporouse ao grupo editorial francés Hachette.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador e adestrador de baloncesto. Coñecido como Quino Salvo, xogou na Liga ACB nove tempadas, nos clubes CAI de Zaragoza, Forum Filatélico de Valladolid e Caja San Fernando. Tamén foi adestrador na ACB do Cantabria de Torrelavega (1997-2000) e na Liga LEB co C. B. Los Barrios de Cádiz (desde 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Documento entregado por unha autoridade, civil ou militar, autorizando ao portador a circular por un territorio ou atravesar unha fronteira en tempos de guerra a causa da excepcionalidade das circunstancias. Considérase como o precedente do pasaporte.

    2. Liberdade de acción sen medo a un castigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro da Resistencia grega durante a ocupación nazi, ao ser descuberto foi condenado a morte. Considerado un dos máis destacados escritores gregos da súa xeración, denunciou en moitas das súas obras a represión como en O erro (1965), de carácter policial e político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente deportivo e diplomático. Seleccionador nacional de hockey a patíns, foi presidente da federación española deste deporte e do Comité Olímpico Español (1967-1970). Membro do Comité Olímpico Internacional desde 1966, foi o seu vicepresidente (1974-1978) e presidente (1980-2001), durante cuxo mandato Barcelona foi elixida (1986) para organizar os Xogos Olímpicos de 1992. Presidiu a Deputación de Barcelona (1973-1977) e foi embaixador na Unión Soviética (1977-1980). Foi presidente da Caixa de Pensions (1987-1999), que baixo o seu mandato pasou a ser a Caixa d’Estalvis i Pensions de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Especie de capote ou hábito rústico, semellante a un saco, e previamente bendicido, que se lle poñía aos acusados cando eran levados ante o tibunal da Inquisición.

      2. Escapulario que se lles poñía aos penitentes reconciliados polo tribunal da Inquisición.

    1. Descrédito, xeralmente infundado, que se fai recaer sobre alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Aliñación montañosa situada na parroquia de Queixa (Chandrexa de Queixa). Os seus cumios acadan os 1.420 m de altitude media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder africano. Da tribo mandinga, entre 1874 e 1882 creou un reino no Alto Níxer, pero chocou coa expansión francesa en Sudán. En 1887 aceptou o protectorado de Francia. Retomadas as hostilidades en 1891, foi capturado en 1898.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Pertenceu á ala esquerda do liberalismo e foi moi combativo nos seus escritos, que publicou desde 1840 no xornal Revolução de Setembro, entre outros. Desde 1851 dedicouse á política como deputado, ministro do Reino (1871-1877) e primeiro ministro (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Musicólogo e historiador. Realizou estudos eclesiásticos en Tui, Ourense e Santiago de Compostela, onde tamén estudou dereito. Iniciouse na música tocando o órgano na igrexa parroquial de San Lourenzo de Trasouto (Santiago de Compostela). Impulsou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra (1898), onde participou activamente con numerosas investigacións históricas e arqueolóxicas sobre o patrimonio pontevedrés, das que destacan Pontevedra antigua (1915-1916) e Vías romanas de Pontevedra (1920). En 1884 colaborou na creación da Sociedad de Folklore Gallego, grazas á que iniciou o seu traballo de campo para a realización do Cancionero Musical de Galicia. Para esta obra contou coa axuda doutros folcloristas como Tafall, Arana, Said Armesto, Valladares, Martínez Posse, U. Montes ou F. Santalices. En 1909 presentou a súa colección, que foi premiada pola Real Academia de San Fernando como a mellor recompilación de música popular das máis de doce presentadas. Contén muiñeiras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título pontificio concedido polo Papa Benedito XV en 1917 a Segunda Pais Gutiérrez (1876-1957), casada con Xosé Varela de Limia e Menéndez. Trae por armas, en campo de ouro, cinco varas de sinople (Varela), ao timbre, coroa vizcondal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Perdecanai, capital do concello de Barro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Texas, EE UU, situada na beira do río homónimo, a 240 km da fronteira con México (1.144.646 h [2000]). Cidade de función militar, comercial e industrial, ten fundicións, construcións mecánicas e industria editorial, da confección e alimentaria. Boa parte da poboación é bilingüe inglés-castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (3.042 h [2001]). Situado en Camp del Turia a 12 km de València, na súa economía destaca o sector terciario.

    VER O DETALLE DO TERMO