"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proclama pronunciada polo príncipe Afonso de Borbón (futuro Afonso XII) desde a academia militar de Sandhurst o 1 de decembro de 1874. Redactada por A. Cánovas del Castillo na súa campaña por restaurar a monarquía, incluía a promesa do príncipe de instaurar un modelo de monarquía constitucional.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sandiás. Construída polo mestre Bertomeu de Nosendo no s XVI, en estilo gótico tardío, anuncia as formas renacentistas. Ten unha soa nave e capela maior de planta cadrada, cuberta cunha bóveda de cruzaría. Conserva un retablo manierista de Francisco de Moure. No exterior destaca a portada de estilo manuelino, formada por dúas arcadas, a interior de arco rebaixado e quebrado, e a exterior de arco rebaixado liso. A torre é de planta cadrada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político nicaraguano. Dirixiu desde 1927 as guerrillas nacionalistas contra o goberno de Chamorro, dirixido por EE UU, que interveu para detelo. Ao acceder á presidencia Juan Bautista Sacasa, pactou co goberno e depuxo as armas (1933), pero o xefe da garda nacional, Anastasio Somoza, fíxoo asasinar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cristóbal Gómez de Sandoval Rojas y de la Cerda.
-
-
Acción e efecto de sanear.
-
Control das condicións ambientais durante a produción, transformación, envasado, acondicionamento e consumo dos alimentos, para evitar contaminacións biolóxicas ou impurezas químicas.
-
Obrigación legal de carácter dispositivo que ten o vendedor de garantir ao comprador a posesión pacífica da cousa alienada (saneamento por evición) e a inexistencia de gravames ou defectos ocultos na cousa aínda que os ignore (saneamento por gravames ou vicios ocultos).
-
Conxunto de medidas técnicas, organizativas e financeiras para reconstruír as bases eficientes dunha empresa que se atopa nunha situación crítica, coa intención de mantela e salvar os postos de traballo.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto. De nome Antonio Giamberti, foi axudante do seu irmán Giuliano da Sangallo. Arquitecto militar, restaurou Castel Sant’Angelo (desde 1493) e construíu a Rocca de Civitacastellana (1494-1499), Poggio Imperiale de Poggiobonsi (1495-1513) e Nepi (1499-1503). En 1515 proxectou e iniciou a fortaleza vella de Liorna. Desde 1518 centrou a súa actividade en Montepulciano, onde construíu ao gusto do s XVI, os palacios Tarugui, Contuci, Cervini e Del Pecora, e a igrexa de San Biagio de Montepulciano (1518-1529).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, sobriño de Antonio e Giuiliano da Sangallo. De nome Antonio Cordiani, especializouse en fortificacións. Traballou en Roma desde 1503 con D. Bramante. Construíu Santa Maria di Loreto (1507) e, unha vez morto R. Sanzio, dirixiu as obras de San Pedro do Vaticano. Para a familia Farnese construíu a Rocca Oaolina en Perusa, a capela Paolina e sala rexia no Vaticano, parte de vila Farnese en Caprarola e o Palazzo Farnese en Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método usado para a análise de aminoácidos que consiste en facelos reaccionar con 1-fluoro-2,4-dinitrobenceno, co que se obtén un derivado dinitrofenilato do grupo amina.
-
GALICIA
Xornalista. Director da primeira publicación dixital diaria en Galicia Xornal.com. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e Máster en Medios de Comunicación do Grupo Voz e da Universidade da Coruña, foi redactor xefe de Deporte Campeón e director de Meta Sport. Cofundador de Xornal Galinet (1999), editor de prensa dixital e impresa, fíxose cargo da dirección de todas as publicacións do grupo, ademais de exercer como correspondente en Galicia de El Periódico de Catalunya.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que derrama sangue.
-
Que ten moito sangue.
-
Que implica moita violencia e crueldade.
-
-
-
Que está tinxido ou manchado de sangue.
-
sanguinario.
-
-
GALICIA
Industrial. Formouse no taller artesanal de fundición e reloxaría do seu pai e, con 17 anos, emigrou a La Habana, onde rexentou un taller de caldeiraría. Posteriormente, instalouse en Vigo e creou La Industriosa, un taller de fundición onde se fixo a primeira máquina e caldeira de vapor de Galicia, e onde tamén desenvolveu a construción naval. Durante a guerra contra EE UU creou a boia submarina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Traballou na catedral de Lugo, onde realizou a representación da gloria con anxos e serafíns para o altar maior, e desde 1812 en Santiago de Compostela. Realizou diversas obras para Santa María do Camiño e San Bieito do Campo e as imaxes dos catro evanxelistas para a capela do Hospital Real.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao sánscrito.
-
Forma ‘elaborada’ (ṣa
-
Literatura escrita en sánscrito que está constituída polos catro vedas, escritos en sánscrito védico, que conforman a literatura védica. Á parte desta, a literatura sánscrita está representada polos textos dos śruti e pola inmensa literatura épica do Mahābhārata e do Rāmāyana. No xénero narrativo destaca Panchatantra, unha colección de fábulas didácticas. Por outra banda, unha sección importante da literatura doutrinal é coñecida como Sūtra, Śastra, Tāntra, āgama e Purāna, ademais dos comentarios e divagacións dos representantes das diferentes escolas filosóficas. En sánscrito tamén pode localizarse a literatura primitiva búdica, ademais da literatura conformada por obras representativas do dereito, da medicina, da álxebra, das matemáticas, da astroloxía e do erotismo, onde destaca o Kama-Sutra.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio situado no sector noroccidental da illa de Eivissa, Illes Balears (15.081 h [2001]). A expansión das actividades turísticas fixo diminuír as agrarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (3.829 h [2001]). Ten cultivos de secaño, cereais, forraxe ou patacas, e industria téxtil, de xoguetes, da construción e talleres mecánicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (5.936 h [2001]). A gandaría complementa a agricultura de secaño e a industria está moi diversificada. É un centro de veraneo e de segunda residencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (9.336 h [2001]). Ten cultivos de secaño, millo e tubérculos, e actividade industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (2.414 h [2001]). É un centro de veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no sector esquerdo do Anoia (1.758 [2001]). Ten agricultura de secaño, gandaría e pequenas industrias dedicadas á elaboración de viño e cava.
VER O DETALLE DO TERMO