"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PERSOEIRO

    Pintor venezolano. Formouse en París, con Jean-Paul Laurens e na Académie Julian. Realizou obras convencionais pero de raíz naturista como La miseria (1886) ou La taberna (1887), e outras influídas polo impresionismo e de temática intimista como Novia vistiéndose ou El balcón. Volveu a Caracas en 1890, onde pintou El Purgatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, político, xornalista e escritor. Alcanzou o grao de coronel de cabalaría. Comezou militando no Partido Republicano Federal, pero vinculouse ao anarquismo. Fundou o xornal La Caridad e dirixiu La Ilustración Popular. Escribiu Religión de la Ciencia (1877), La neurosis anárquica (1900), Reflexiones a Pablo (1902), La Trinidad (1906) e Redención económica (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoaquín Gutiérrez de Rubalcava Casal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor, bibliotecario e investigador. Director da Biblioteca de Catalunya, creada en 1914, en 1925 ocupou a cátedra de Literatura Catalá dos Estudis Universitaris Catalans. Organizou a Biblioteca de Catalunya e a rede de Bibliotecas Populares, e entre 1936 e 1939 contribuíu á salvación do tesouro bibliográfico de Catalunya. Profesor de biblioloxía e literatura catalá na Universitat Autónoma de Barcelona, en 1942 ingresou no Institut d’Estudis Catalans como membro da sección histórico-arqueolóxica, que presidiu en 1956; na mesma altura encargouse da cátedra de Literatura Catalá nos Estudis Universitaris Catalans. En 1948 foi nomeado xefe da sección catalá do Consejo Superior de Investigaciones Científicas e chegou a presidir o Institut (1968-1970). Na súa obra prestou especial atención aos aspectos culturais da literatura. Elaborou a parte de literatura catalá da Historia general de las literaturas hispánicas, de Díaz Plaja (1948-1958), e publicou os Documentos para la historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe galega que trae por armas escudo cuartelado: 1 e 4, de goles, cunha cruz de ouro; 2 e 3, de prata, cun león de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora e escritora, irmá de Xosé Ruibal Argibay. De nova marchou a Bos Aires onde coñeceu a Laxeiro que a iniciou na pintura e que deixou unha fonda pegada na súa obra. De volta en España, trasladouse a Madrid onde se interesou polas pinturas negras de Goya e deseguido comezou a realizar exposicións. Xunto co seu home, Agostiño Pérez Bellas, militou en organizacións de esquerdas e viaxou por Europa. A súa obra caracterizouse pola enerxía do trazo, a brillantez da cor e a temática relacionada co mundo románico popular, de raíz expresionista. Nas súas primeiras obras aproximouse ao surrealismo coa representación, por medio dun debuxo conciso, de seres fantásticos. Posteriormente reflectiu un mundo irónico e tras a morte do seu home a súa produción volveuse onírica, para nas últimas obras decantarse por un minucioso grafismo. Empregou a arte como denuncia e reflectiu as inxustizas das guerras de Vietnam e de Bosnia. Publicou Confesiones de una volatinera con bragas de repuesto al dorso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, irmán de Mercedes Ruibal Argibay. Nado no seo dunha familia republicana, en 1951 marchou a Arxentina e Uruguay, onde entrou en contacto co mundo teatral. Compaxinou o seu labor creador co xornalismo e aproveitou a boa acollida dalgunhas das súas obras para difundir a súa produción en EE UU e Europa. Na súa obra emprega unha linguaxe áxil e constantes xogos expresivos, desmarcándose do teatro realista e á marxe da arte oficialista que se estaba facendo en España na posguerra. Ademais, nos temas tratados tenta expoñer a conflitividade da sociedade contemporánea e a opresión política á que se viu sometido na súa vida. Membro de honra do Actor’s Studio de Nova York, realizou diversas adaptacións das obras de Calderón de la Barca e é autor de La ciencia de birlibirloque (1956), baseada nunha lenda galega; Los mendigos (1957), en que utiliza personaxes zoomórficos; El bacalao (1960), onde analiza o mundo da burocracia; El asno (1962, Premio Modern...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Principiou os estudos de arquitectura en Madrid, que tivo que abandonar ao iniciarse a Guerra Civil Española. Posteriormente traballou en diversos xornais galegos, ata que decidiu viaxar a Barcelona, onde foi director da revista Destino e columnista de La Vanguardia, baixo o pseudónimo Ero. Publicou El tiempo retenido (1974), Los pueblos y las sombras (1979) e León (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse en Madrid, onde coñeceu aos primeiros grupos informalistas, e en París, onde estudou a obra de fauvistas e expresionistas. Evolucionou desde a figuración expresionista cara a unha sintetización da imaxe. Deste xeito, conectou co informalismo, resaltando os trazos máis expresivos, e chegando a mesturar o real e o irreal, expresado a través do signo e empregando pouca materia pictórica que sitúa sobre fondos neutros. Co tempo a súa obra foise simplificando. Destaca Muller de verde, Paisaxe e Árbores na tarde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cerralleiro e reloxeiro. De orixe francesa, traballou nas catedrais de Santiago de Compostela (1559) e Lugo (1570), e no mosteiro de Santa María de Sobrado (1572).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e mineraloxista. Foi o primeiro director da Escola das Minas (1783). Publicou numerosos traballos de química, xeoloxía e mineraloxía e difundiu a obra de Romé de l’Isle. Rexeitou as novas teorías de Lavoisier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Orissā, India, situada ao longo do río Mahānadī (130.766 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Táchira, Venezuela (250.307 h [2001]), situada á beira do río Torbes. Ten destilarías e industrias alimentarias e de tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de República Dominicana (1.266 km2; 532.880 h [2002]). A súa capital é San Cristóbal (220.767 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, situado na confluencia dos ríos Cea e Esla, que regan o termo (1.645 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado ao NL da capital provincial (1.766 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Licenciado en Dereito Canónico pola Universidad de Comillas de Madrid, foi director da Misión Española en Valenze (Francia) e do Museo Rodera-Robles de Segovia. Cóengo e director do Museo Catedralicio e Diocesano Santos San Cristóbal de Mondoñedo, das súas obras destacan La catedral de Mondoñedo (1975), El monasterio de la Concepción de Mondoñedo (1978), e Museo Santos San Cristóbal (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado por Carlos III en 1765 a Antonio Pardo e Sánchez de Taibo , señor de San Xoán de Carballo, que se dedicou ao comercio coas Indias desde a súa residencia en Cádiz. Os seus sucesores foron Celestina Pardo Quindós , II marquesa de San Juan de Carballo, Manuel María Pardo Liaño , III marqués de San Juan de Carballo, Antonia Pardo Liaño e Tirado , IV marquesa de San Juan de Carballo, José López Liaño , V marqués de San Juan de Carballo, e á súa morte o título estivo vacante ata que se rehabilitou en 1968 con Estevo Carballo de Cora e González (Lugo 1905-Madrid 1982), VI marqués de San Juan de Carballo. En 1983 outorgouse Real Carta de Sucesión a favor do seu fillo Esteban Carballo de Cora Romero e en 2002 esta sucesión cancelouse e expediuse Real Carta de Sucesión a favor de María de los Ángeles Esquivias García del Cid . Trae por armas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paderne de Allariz baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO