"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1031-1060), fillo de Roberto II. Sucedeu o seu pai no trono malia a oposición da súa nai e dos nobres. Cedeulle o ducado de Borgoña ao seu irmán Roberto (1032). Protexeu e axudou o seu sobriño Guillerme o Conquistador (futuro rei de Inglaterra) contra os baróns de Normandie, non obstante máis tarde puxéronse a mal e derrotouno en Montemer (1054) e Varaville (1058).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1547-1559), fillo de Francisco I. Antes do seu ascenso ao trono foi refén de Carlos V entre 1526 e 1530, segundo o cumprimento do Tratado de Madrid. Aliouse co Imperio Turco e cos príncipes protestantes alemáns para romper coa hexemonía dos Habsburgo en Europa. Polo Tratado de Chambord, recuperou para Francia Metz, Toul e Verdun (1552), pero a súa derrota en Renty, fronte aos exércitos imperiais, levouno a asinar a Tregua de Vaucelles (1556). Os seus intereses en Italia levárono a romper esta tregua e recuperar Calais no 1558. Derrotado na Batalla de Saint-Quentin (1557), asinou a Paz de Cateau-Cambrésis en 1559 con Filipe II. Nos editos de Châteaubriant (1551) e Ecouen (1559) favoreceu os católicos e perseguiu os hugonotes. Impulsou en Francia o renacemento artístico e literario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1574-1589), derradeiro monarca da dinastía Valois, fillo de Enrique II e de Catarina de Medici. Elixido rei de Polonia en 1573, regresou a Francia trala morte do seu irmán Carlos IX (1574), a quen sucedeu. No Edito de Beaulieu (1576) concedeulles aos hugonotes a liberdade de culto, mais o nomeamento de Enrique III de Navarra como herdeiro ao trono francés en 1584 significou o retorno ao enfrontamento e o desencadeamento da Guerra dos Tres Enriques (1585-1589), ao non recoñecer os   católicos o herdeiro e buscar Enrique de Guise, o seu dirixente, o apoio de Filipe II. Durante o enfrontamento, mandou asasinar a Enrique de Guise (1588) e aliouse con Enrique III de Navarra para asediar París, defendida polos católicos e españois, pero morreu asasinado. Introduciu unha nova moeda (1577) e unha serie de ordenanzas que regularon a administración (1579).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1589-1610), primeiro da dinastía Borbón, e de Navarra (1572-1610), príncipe de Bearn, conde de Foix, de Bigorre e de Armagnac, duque de Vendôme e de Albret, fillo de Xoana III de Navarra e de Antonio de Borbón. Xefe do partido hugonote desde 1569, foi proclamado herdeiro ao trono francés en 1584. Durante a Guerra dos Tres Enriques (1585-1589), enfrontouse aos partidarios de Enrique de Guise e da Liga Católica, aos que finalmente derrotou en Ivry (1590). Aliouse cos príncipes protestantes alemáns, con Isabel I de Inglaterra e con Enrique III de Francia, co que asediou París. En 1593 converteuse ao catolicismo e foi recoñecido como rei. En 1598 asinou a Paz de Vervins coa Coroa de España e, polo Edito de Nantes, declarou o catolicismo como relixión oficial de Francia, aínda que lles asegurou a liberdade de culto aos protestantes. Unha vez instaurada a paz, reorganizou o Estado, consolidou o poder rexio e fomentou o comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Bordeos e conde de Chambord. Á morte do seu avó Carlos X (1836), proclamárano pretendente ao trono francés. Reclamou a coroa trala caída de Napoleón III (1870) e solicitou o seu recoñecemento por parte da Asemblea; sen embargo, a súa negativa a aceptar as condicións impediu a restauración da monarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra, filla de Enrique IV de Francia e María de Medici. En 1625 casou con Carlos I de Inglaterra. Acusárona de enfrontar o rei contra os anglicanos e de ser en certo modo a responsable da guerra civil. Fuxiu a Francia trala execución do seu marido (1649) e retornou a Londres despois da restauración do seu fillo Carlos II (1660).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór sucio.

    2. Facer algo que prexudique a honra ou reputación dunha persoa.

    3. Evacuar o ventre.

    4. Pórse sucio.

    5. Resultar alguén danado na súa honra ou reputación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de enunciar.

    2. Produción lingüística realizada nun acto concreto e individual e, polo tanto, nun espazo e tempo determinados. O concepto de enunciación adquire especial relevancia nas disciplinas que estudian a lingua desde o punto de vista do seu uso, como son a sociolingüística e a pragmática, en especial nesta última, que se centra no feito lingüístico concibido como un xeito de acción e, en consecuencia, pretende ir máis alá do significado proposicional. En efecto, co fin de acceder ao significado pragmático dun enunciado ou acto de fala, resulta imprescindible coñecer as condicións da súa enunciación, isto é, o contexto de uso. A enunciación inclúe, por unha parte, a intención comunicativa do emisor ou forza ilocutiva, de xeito que, segundo as condicións de enunciación, unha expresión como Teño frío pode utilizarse para informar sobre un estado corporal ou ben para pedir ou ordenar a alguén que peche a ventá. Por outra parte, a enunciación inclúe, así mesmo, o contexto físico en que se produce o...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de enunciar.

      1. Efecto de enunciar.

      2. Fórmula coa que se enuncia un problema ou un teorema.

      1. Segmento finito da cadea falada, comprendido entre dúas interrupcións -de silencio ou de cambio de falante-.

      2. Expresión, segundo a escola de Praga, dunha reacción de quen fala ou escribe fronte a unha realidade concreta ou abstracta. Actualiza as posibilidades gramaticais da lingua na súa forma, e, dende o punto de vista de quen fala ou escribe, é completo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresar algo de forma clara e precisa.

    2. Expoñer os datos que compoñen un problema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á enunciación.

    2. Aplícase á oración que expresa un xuízo de carácter afirmativo ou negativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén adquira algo, como un costume ou un vicio.

    2. Adquirir alguén un vicio ou un mal costume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cabos e aparellos dunha embarcación. OBS: Úsase habitualmente en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poñer as enxarcias nunha embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Igualdade de dúas razóns por diferencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de equidistante.

    2. Diferencia de altitude entre dúas curvas de nivel dun mapa topográfico, que depende da escala do mapa e do tipo de relevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dúas caras de aspecto ou estrutura igual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao equinoccio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición electoral de forzas demócrata cristiáns galegas que se presentaron ás eleccións xerais de 1977, formada por Alianza Galega Social Demócrata (AGSD), nome que adoptou o Partido Social Demócrata Galego ao ser legalizado; o partido de Lasuén, representado en Galicia por Pérez Barxa; o Partido Galego Social Demócrata (PGSD) e o Partido Popular Galego (PPG). O seu ideario electoral estivo constituído polos puntos en común dos catro grupos asentados nunha base humanista e comunitaria, no federalismo non independentista e no proxecto demócrata cristián de contido galeguista. A coalición, que soamente se presentou nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, obtivo unicamente 23.075 votos en conxunto, feito que significou a súa disolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de equipolente.

    2. Relación de igualdade lóxica entre dous conceptos ou dúas proposicións de igual extensión.

    3. Relación de equivalencia entre vectores fixos do espazo euclidiano. Dous vectores son equipolentes se existe unha translación que transforma un no outro; isto significa que teñen o mesmo módulo, a mesma dirección e o mesmo sentido. As clases de vectores equipolentes chámanse vectores libres.

    VER O DETALLE DO TERMO